Ficha biblioteca

Noticia A Xunta abre hoxe o prazo para inscribirse nunha nova convocatoria de exames Celga
Avisar de errores Imprimir ficha
Contenido nuevo Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contenido
Información general
Fecha modificación15/09/2025 FuenteDOG
Taxonomía
TemasAdministración pública, Enseñanza y formación, Lengua gallega Tipo de contenidoEventos, Noticias ColectivosCiudadanos/as, Empleados/as públicos/as OrganizacionesXunta de Galicia, Cultura, Educación e Ordenación Universitaria Ámbitos geográficosGalicia
Descripción Tras a publicación no Diario Oficial de Galicia, as persoas interesadas nas probas que acreditan o coñecemento do galego, nos niveis 2, 3 e 4, poderán apuntarse ata o 3 de outubro
Detalles contenido
A Xunta abre hoxe o prazo para inscribirse nunha nova convocatoria de exames Celga Tras a publicación no Diario Oficial de Galicia, as persoas interesadas nas probas que acreditan o coñecemento do galego, nos niveis 2, 3 e 4, poderán apuntarse ata o 3 de outubro
15/09/2025|DOG
  • A súa realización está prevista para a segunda quincena de novembro en Santiago de Compostela, Ponferrada e Madrid

A Xunta de Galicia abre hoxe o prazo para inscribirse nunha nova convocatoria das probas que permiten obter os certificados oficiais que acreditan o coñecemento da lingua galega. Así, tras a publicación no Diario Oficial de Galicia, as persoas interesadas en realizar os exames Celga poderán anotarse ata o vindeiro 3 de outubro.

Deste xeito, nesta segunda convocatoria do 2025, a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude prevé a realización dos exames correspondentes aos niveis máis solicitados: Celga 2, Celga 3 e Celga 4. Así mesmo, está previsto que as probas se leven a cabo na segunda quincena de novembro, tanto en Santiago de Compostela como en Ponferrada e Madrid. As datas concretas dos exames publicaranse máis adiante no Diario Oficial de Galicia e no Portal da Lingua.

Esta convocatoria forma parte do traballo impulsado pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude para favorecer o coñecemento e emprego da lingua galega de toda a sociedade e, nomeadamente, daqueles non nacidos en Galicia.

Tanto as solicitudes como o xustificante de pagamento das taxas (16,92 €) poderán presentarse por vía electrónica, a través do formulario normalizado da sede electrónica da Xunta, ou de modo presencial en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

 

Temas:Administración pública, Enseñanza y formación, Lengua gallega
Colectivos:Ciudadanos/as, Empleados/as públicos/as
Organizaciones:Xunta de Galicia, Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
Ámbitos geográficos:Galicia
Valorar:
Compartir contenido