Ficha biblioteca

Noticia A Xunta resolve a convocatoria para a creación de 20 novas casas do maior, que sumarán 100 prazas gratuítas de atención diúrna
Avisar de errores Imprimir ficha
Contenido nuevo Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contenido
Información general
Fecha modificación16/09/2025 FuenteXunta de Galicia
Taxonomía
TemasAdministración local Tipo de contenidoNoticias, Ayudas y subvenciones, Concesiones ColectivosCiudadanos/as, Entidades locales OrganizacionesXunta de Galicia, Traballo e Benestar Ámbitos geográficosGalicia
Descripción Nestes momentos Galicia conta xa con 140 recursos destas características situados en diferentes concellos das catro provincias
Detalles contenido
A Xunta resolve a convocatoria para a creación de 20 novas casas do maior, que sumarán 100 prazas gratuítas de atención diúrna Nestes momentos Galicia conta xa con 140 recursos destas características situados en diferentes concellos das catro provincias
16/09/2025|Xunta de Galicia

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica a resolución da convocatoria para a creación de 20 novas casas do maior en diferentes concellos de Galicia,  que suporán a creación de 100 prazas máis totalmente gratuítas destinadas á atención diúrna dos maiores. 

Esta nova convocatoria conta cun orzamento dun millón de euros e permite incrementar a rede de casas do maior de Galicia ata as 160. A resolución recolle que se crearán dous novos recursos nos concellos de Muxía, Boqueixón, Camariñas e San Amaro; e un novo servizo destas características nos municipios de Ponteceso, Fisterra, Oía, Carnota, Dumbría, Mazaricos, Maside, Petín, Campo Lameiro, Cerdido, Quintela de Leirado e A Mezquita.

Nestes momentos en Galicia xa hai en funcionamento máis de 140 recursos destas características que prestan servizo a máis de 700 maiores. A Xunta impulsou estes recursos pioneiros co obxectivo de ofrecer unha atención totalmente gratuíta aos maiores que viven nos concellos máis pequenos Deste xeito, poténcianse os coidados de proximidade na contorna e ofrécense alternativas de asentamento de poboación no rural.

 

Temas:Administración local
Colectivos:Ciudadanos/as, Entidades locales
Organizaciones:Xunta de Galicia, Traballo e Benestar
Ámbitos geográficos:Galicia
Valorar:
Compartir contenido