Ficha biblioteca

Noticia O nodo Conectivi.gal define tres grandes áreas de actuación para adaptar as tecnoloxías de telecomunicacións sen fíos ás necesidades específicas de Galicia
Avisar de errores Imprimir ficha
Contenido nuevo Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contenido
Información general
Fecha modificación26/09/2025 FuenteXunta de Galicia
Taxonomía
TemasAdministración dixital, Tecnología y telecomunicaciones Tipo de contenidoNoticias ColectivosCiudadanos/as, Entidades locales OrganizacionesXunta de Galicia, Modernización e Innovación Tecnolóxica (Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia), Universidades Ámbitos geográficosGalicia
Descripción Os grupos de traballo centraranse na capacitación e retención de talento, na dinamización do sector privado e na mellora da conectividade nas administracións públicas
Detalles contenido
O nodo Conectivi.gal define tres grandes áreas de actuación para adaptar as tecnoloxías de telecomunicacións sen fíos ás necesidades específicas de Galicia Os grupos de traballo centraranse na capacitación e retención de talento, na dinamización do sector privado e na mellora da conectividade nas administracións públicas
26/09/2025|Xunta de Galicia

O nodo Conectivi.gal, iniciativa público-privada para adaptar todo tipo de tecnoloxías sen fíos ás necesidades específicas de Galicia, celebrou hoxe a súa primeira comisión de seguimento, presidida polo director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Julián Cerviño.

No encontro establecéronse tres grupos de traballo que centrarán as súas actuacións en tres áreas prioritarias: a capacitación e a retención de talento dixital, a dinamización do despregamento destas tecnoloxías no sector privado e a mellora da conectividade nas administracións públicas. Ademais, prevese a constitución dun Comité de Persoas Expertas que prestará asesoramento técnico aos grupos e á propia comisión, reforzando así a gobernanza e a orientación estratéxica do nodo.

O nodo Conectivi.gal é unha evolución do Nodo de Cooperación 5G, que se creou en 2018 para impulsar o desenvolvemento desta tecnoloxía na Comunidade galega, un territorio no que o despregamento das redes de telecomunicación sen fíos adquire especial relevancia polas dificultades orográficas e a dispersión da poboación

As necesidades de conectividade creceron exponencialmente e esténdense a todo tipo de dispositivos, que deben estar conectados para facilitar información sobre o territorio ou para a xestión de datos, con tecnoloxías como o internet das cousas.

Hoxe dispoñemos de tecnoloxías adaptadas a eses novos dispositivos, (como NB-IoT, LoraWan ou Wifi Halow), e Galicia quere adoptar o mesmo criterio que no seu momento tomou con 5G: o de situarse á vangarda do seu desenvolvemento, fomentar o seu uso e aplicación e xerar coñecemento en torno a estas tecnoloxías. Adaptar estas tecnoloxías ás necesidades específicas de Galicia é precisamente o obxectivo do nodo Conectivi.gal.

O nodo Conectivi.gal está promovido pola Xunta de Galicia, a través da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia da consellería de Facenda e Administración Pública, da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; e do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) da consellería de Economía e Industria.

Forman parte do nodo as tres universidades públicas de Galicia (Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo); as operadoras Telefónica, Vodafone e Orange; e a Asociación de Centros Tecnolóxicos de Galicia (Atiga – Alianza Tecnolóxica Intersectorial de Galicia).

Temas:Administración dixital, Tecnología y telecomunicaciones
Colectivos:Ciudadanos/as, Entidades locales
Organizaciones:Xunta de Galicia, Modernización e Innovación Tecnolóxica (Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia), Universidades
Ámbitos geográficos:Galicia
Valorar:
Compartir contenido