Ficha biblioteca

Noticia A Deputación da Coruña investirá en 2026 case 3,6 millóns en sete liñas de subvencións aos concellos para cultura, turismo, lingua e igualdade
Avisar de errores Imprimir ficha
Contenido nuevo Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contenido
Información general
Fecha modificación23/10/2025 FuenteDeputación da Coruña
Taxonomía
TemasAdministración local, Cultura, ocio y deporte, Lengua y literatura gallega, Turismo Tipo de contenidoNoticias, Ayudas y subvenciones ColectivosEntidades locales OrganizacionesDiputación de A Coruña Ámbitos geográficosA Coruña
Descripción O prazo para presentar solicitudes estará aberto do 21 de outubro ao 21 de novembro.
Detalles contenido
A Deputación da Coruña investirá en 2026 case 3,6 millóns en sete liñas de subvencións aos concellos para cultura, turismo, lingua e igualdade O prazo para presentar solicitudes estará aberto do 21 de outubro ao 21 de novembro.
23/10/2025|Deputación da Coruña
  • O prazo para presentar solicitudes estará aberto do 21 de outubro ao 21 de novembro
  • A administración provincial financiará tamén no exercicio vindeiro actuacións de protección especial sobre o patrimonio cultural público, con axudas de ata 150.000 euros

A Deputación da Coruña investirá o ano que vén 3.585.000 euros en sete das súas liñas de subvencións aos concellos para gastos de cultura, turismo, lingua e igualdade. As bases de todas as convocatorias están publicadas no BOP do 14 de outubro, e o prazo para presentar solicitudes permanecerá aberto, tamén en todos os casos, entre o 21 de outubro e o 21 de novembro.

Os programas de axudas son os seguintes:

  • DP0040/2026: de subvencións a concellos da provincia da Coruña para realizar eventos de arte pública urbana na modalidade de pintura mural en 2026. Repartirá 150.000 €, cun máximo de 35.000 € por subvención.
  • DP0029/2026: de subvencións a concellos e agrupacións de concellos da provincia da Coruña de menos de 50.000 habitantes para o financiamento do gasto de persoal das oficinas de turismo en 2026. Repartirá 800.000 €, con axudas de entre 10.000 e 20.000 euros.
  • FO207/2026: de subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento de conservatorios, escolas de música e escolas de danza municipais en 2026. Repartirá 475.000 €, cun máximo de 25.000 € por axuda no caso dos conservatorios e de 12.500 € no caso das escolas.
  • FO216/2026: de subvencións a concellos de menos de 50.000 habitantes e entidades locais para financiar gastos de persoal técnico para a atención de museos e centros museísticos en 2026. Repartirá 400.000 €.
  • FO206/2026: de subvencións a concellos e outras entidades locais para financiar gastos de persoal técnico nos servizos municipais de cultura en 2026. Repartirá 770.000 €, cun máximo de 15.000 € por axuda no caso do persoal técnico en xestión cultural e de 10.000 € no caso do persoal técnico en animación sociocultural.
  • FOAI/2026: de subvencións a concellos de menos de 20.000 habitantes e outras entidades locais para o financiamento de persoal técnico nos servizos municipais de igualdade de xénero en 2026. Repartirá 450.000 €.
  • FONL/2026: de subvencións dirixida aos concellos e outras entidades locais para financiar gastos de persoal técnico dos servizos de normalización lingüística en 2026. Repartirá 540.000 €, cun máximo de 20.000 € por subvención.

Patrimonio cultural
A Deputación abriu tamén a convocatoria do programa DP0045/2026, de subvencións a concellos de menos de 50.000 habitantes para realizar actuacións de protección especial sobre o patrimonio cultural público ou de xestión municipal. A contía máxima da subvención non poderá superar os 150.000 € por actuación.

As bases están publicadas do BOP do 15 de outubro e a convocatoria, aberta entre o 21 de outubro e o 21 de xaneiro de 2026.

Tanto as solicitudes como o resto da tramitación de todas as convocatorias realizaranse por vía telemática a través da plataforma SUBTEL, accesible desde a sede electrónica da Deputación Provincial da Coruña

Temas:Administración local, Cultura, ocio y deporte, Lengua y literatura gallega, Turismo
Colectivos:Entidades locales
Organizaciones:Diputación de A Coruña
Ámbitos geográficos:A Coruña
Valorar:
Compartir contenido