Ficha biblioteca

Evento Curso práctico sobre peche do exercicio orzamentario e contable do ano 2025 e apertura do exercicio 2026
Avisar de errores Imprimir ficha
Contenido nuevo Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contenido
Información general
Fecha modificación26/11/2025 FuenteBOP de ourense
Taxonomía
TemasAdministración local, Enseñanza y formación Tipo de contenidoEventos, Cursos ColectivosEntidades locales, Empleados/as públicos/as OrganizacionesDiputación de Ourense Ámbitos geográficosOurense
Descripción Este curso vai dirixido a traballadores/as da Administración local, dos subgrupos A1, A2, C1 e C2 que realicen as súas tarefas profesionais nas áreas de intervención, tesourería e xestión tributaria
Detalles contenido
LugarTelepresencial OrganizadorDeputación de Ourense Fechas
DíaHora inicioHora fin
11/12/2025 16:30 20:00
Evento

Curso práctico sobre peche do exercicio orzamentario e contable do ano 2025 e apertura do exercicio 2026

1. Persoas destinatarias

  • * Traballadores/as da Administración local, dos subgrupos A1, A2, C1 e C2 que realicen as súas tarefas profesionais nas áreas de intervención, tesourería e xestión tributaria.
  • * Persoal técnico e administrativo, en xeral, das corporacións locais que realice no seu traballo tarefas de xestión contable, económica ou financeira.
  • * Secretarios/as-interventores/as e interventores/as de fondos das entidades locais de Ourense.

2. Desenvolvemento

  • 2.1. Modalidade da acción formativa: telepresencial.
  • 2.2. Duración: 25 horas.
  • 2.3. Datas de realización: do 11 de decembro de 2025 ao 15 de xaneiro de 2026.
  • 2.4. Días das sesións telepresenciais: 11-15-18-22 de decembro de 2025 e 12-13-14-15 de xaneiro de 2026.
  • 2.5. Horario das sesións telepresenciais: de 16.30 a 20.00 horas.
  • 2.6. Prazas: 20 participantes.
  • 2.7. Número de edicións: unha.

3. Obxectivos

  • * Afondar no estudo das liñas de traballo a seguir nas entidades locais, necesarias para pechar correctamente o exercicio económico do ano 2025 e abrir o orzamento correspondente a 2026.
  • * Analizar con detalle as operacións orzamentarias de incorporación de remanentes, ás amortizacións, as periodificacións e a contabilización da conta contable 413.
  • * Especial estudo relativo tanto ao cálculo do remanente de tesourería e o resultado orzamentario, como ao cálculo das magnitudes, e a súa interpretación e consecuencias para o orzamento do exercicio 2026, así como dos plans de axuste.

4. Programa

4.1. O peche de orzamento de 2025.

4.1.1. As modificacións orzamentarias do último trimestre.

4.1.2. O peche do orzamento.

4.1.3. O resultado orzamentario.

4.1.4. Remanente de Tesourería.

4.1.5. Cálculo das macromagnitudes do peche.

4.2. Aforro bruto e neto.

4.2.1. Cálculo aforro bruto.

4.2.2. Cálculo aforro neto.

4.2.3. Dereitos recoñecidos e obrigas recoñecidas.

4.2.4. Posibilidades de endebedamento.

4.3. Gastos con financiamento afectado, enumeración dos recursos afectados.

4.3.1. Desviacións de financiamento, clasificación das desviacións de financiamento, determinación das desviacións de financiamento.

4.3.2. Repercusións dos gastos con financiamento afectado, repercusións no resultado orzamentario e repercusión no remanente de tesourería.

4.4. Asentos directos de final do exercicio.

4.4.1. A amortización.

4.4.2. As provisións.

4.4.3. A conta 413 de operacións pendentes de contabilizar.

4.4.4. A anulación das provisións.

4.4.5. As comprobacións básicas de final de exercicio orzamentario.

4.5. O decreto de liquidación do orzamento.

4.5.1. Data límite para o peche do orzamento.

4.5.2. Contido do decreto.

4.6. Incorporacións de remanente.

4.6.1. Incorporacións obrigatorias.

4.6.2. Incorporacións potestativas.

4.6.3. Cálculos e repercusións das incorporacións de remanente.

4.6.4. Apertura do exercicio 2026.

5. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación das solicitudes para participar nesta acción formativa rematará o xoves 4 de decembro de 2025.

Temas:Administración local, Enseñanza y formación
Colectivos:Entidades locales, Empleados/as públicos/as
Organizaciones:Diputación de Ourense
Ámbitos geográficos:Ourense
Valorar:
Compartir contenido