Ficha biblioteca

Noticia A Xunra destina preto de 18M€ ás estratexias de desenvolvemento local participativo nas cales colaboran os GALP
Avisar de errores Imprimir ficha
Contenido nuevo Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contenido
Información general
Fecha modificación02/12/2025 FuenteXunta de Galicia
Taxonomía
TemasAdministración local, Medio ambiente Tipo de contenidoNoticias, Ayudas y subvenciones ColectivosAsociaciones y ONGs, Entidades locales OrganizacionesXunta de Galicia, Medio Rural e do Mar Ámbitos geográficosGalicia
Descripción Estes apoios teñen como obxectivos o fomento da economía azul e do patrimonio cultural marítimo, a creación de emprego e favorecer a remuda xeracional
Detalles contenido
A Xunra destina preto de 18M€ ás estratexias de desenvolvemento local participativo nas cales colaboran os GALP Estes apoios teñen como obxectivos o fomento da economía azul e do patrimonio cultural marítimo, a creación de emprego e favorecer a remuda xeracional
02/12/2025|Xunta de Galicia
  • ― Desde a entrada en vigor do Fempa, Mar financiou 339 iniciativas que están a mobilizar no litoral galego máis de 45 M€
  • ― Os oito grupos de Acción Local existentes en Galicia representan máis de 13.000 profesionais do sector pesqueiro

 O Consello da Xunta de Galicia deu conta das axudas destinadas a proxectos das estratexias de desenvolvemento local participativo en que colaboran os grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP), e que contan cun orzamento por parte da Consellería do Mar de preto de 18 millóns de euros, cofinanciados polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (Fempa).

Asemade, e co obxectivo de facilitarlles o acceso ás entidades beneficiarias, a Administración autonómica ofrécelles ás entidades beneficiarias a posibilidade de solicitar o anticipo das achegas e elimina a exención de garantías, un trámite administrativo este último que ata o de agora era de obrigado cumprimento para poder acceder a estas subvencións.

Os proxectos, que se desenvolverán nalgún caso ata 2029, promoverán un impulso económico e social significativo nas comunidades costeiras. Desde a entrada en vigor do actual Fempa, a Administración autonómica financiou 339 iniciativas que están a mobilizar no litoral galego máis de 45 millóns de euros.

Beneficiarios

Os potenciais beneficiarios destas axudas -pequenas e medianas empresas e persoas autónomas, así como persoas xurídicas sen ánimo de lucro como as confrarías de pescadores ou outras entidades do sector- poden presentar proxectos ao abeiro dos oito GALP existentes na Comunidade para aumentar o valor, crear emprego, valorar o fomento da participación das mulleres, atraer xente nova e promocionar a innovación en todas as fases da cadea de subministración dos produtos da pesca e da acuicultura.

Entre os obxectivos das iniciativas tamén están o fomento da economía azul nas zonas pesqueiras e acuícolas, o aproveitamento do patrimonio ambiental -incluídas as operacións de mitigación do cambio climático-, o impulso do benestar social e do patrimonio cultural ou o reforzo do papel das comunidades pesqueiras no desenvolvemento local e a gobernanza dos recursos e das actividades marítimas locais.

Para poder aplicar as estratexias de desenvolvemento local participativo, a Consellería do Mar seleccionou a finais do ano pasado oito GALP. Son os da Mariña-Ortegal, Golfo ártabro Norte, Golfo ártabro Sur, Costa da Morte, SEO de Fisterra, Ría de Muros e Noia, Costa Sostible, Ría de Arousa, Ría de Pontevedra e Ría de Vigo-A Guarda.

Estes oito grupos engloban máis de 400 organizacións locais en representación dos sectores económicos, sociais e públicos, das que preto dun cento pertencen ao sector pesqueiro representando máis de 13.000 profesionais do mar. Neste sentido, Galicia foi a primeira comunidade autónoma en seleccionar os grupos, en aprobar as súas estratexias e en lanzar a convocatoria de axudas.

Resultados do período FEMP

Con respecto ao anterior fondo, o FEMP, entre 2016 e 2022, executáronse algo máis de 700 proxectos ao abeiro dos GALP. Contaron cun apoio público de máis de 37 millóns de euros e un investimento de preto de 80 millóns.

As iniciativas postas en marcha permitiron xerar máis de 400 empregos directos a tempo completo e a actividade inducida no conxunto da economía superou os 215 millóns de euros.

Temas:Administración local, Medio ambiente
Colectivos:Asociaciones y ONGs, Entidades locales
Organizaciones:Xunta de Galicia, Medio Rural e do Mar
Ámbitos geográficos:Galicia
Valorar:
Compartir contenido