Ficha biblioteca

Noticia A Xunta convoca por 1,33 M€ axudas dirixidas a entidades locais e protectoras para garantir o coidado dos animais domésticos abandonados
Avisar de errores Imprimir ficha
Contenido nuevo Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contenido
Información general
Fecha modificación03/12/2025 FuenteXunta de Galicia
Taxonomía
TemasAdministración local, Salud, asistencia sanitaria y servicios sociales Tipo de contenidoNoticias, Ayudas y subvenciones ColectivosAsociaciones y ONGs, Ciudadanos/as, Entidades locales OrganizacionesXunta de Galicia Ámbitos geográficosGalicia
Descripción Os interesados poderán solicitar ata o 11 de setembro de 2026 estes incentivos, concibidos para financiar parte dos gastos necesarios para garantir o coidado, a manutención e o benestar dos exemplares que os solicitantes teñan ao seu cargo
Detalles contenido
A Xunta convoca por 1,33 M€ axudas dirixidas a entidades locais e protectoras para garantir o coidado dos animais domésticos abandonados Os interesados poderán solicitar ata o 11 de setembro de 2026 estes incentivos, concibidos para financiar parte dos gastos necesarios para garantir o coidado, a manutención e o benestar dos exemplares que os solicitantes teñan ao seu cargo
03/12/2025|Xunta de Galicia
  • Por terceiro ano, haberá tamén achegas de ata 150 € para os particulares que decidan adoptar un can ou un gato acollido nalgún centro autorizado de Galicia

 

A Xunta de Galicia convocou hoxe dúas ordes de axudas dirixidas a apoiar no seu labor aos concellos que acollan animais ou xestionen colonias felinas nos seus respectivos territorios e ás entidades legalmente constituídas e inscritas no Rexistro galego de asociacións para a protección e defensa dos animais de compañía. O orzamento destinado de cara a 2026 a ambas liñas, publicadas hoxe no Diario Oficial de Galicia, ascende a un total de 1,33 millóns de euros.

No caso concreto das achegas dirixidas ás entidades locais, cun orzamento reservado de 850.000 euros, cubriranse gastos relacionados coa esterilización cirúrxica, a identificación mediante microchip, o pasaporte sanitario e a inscrición dos exemplares ao seu cargo no Rexistro galego de identificación de animais de compañía (Regiac), así como tamén os custos derivados da súa alimentación, vacinación preventiva e desparasitación, entre outras medidas profilácticas.

En canto á liña destinada ás asociacións protectoras ou que xestionen algún centro de recollida autorizado en Galicia —dotada de 480.000 euros—, poderán solicitar axudas para cubrir calquera dos gastos xa mencionados e, a maiores, para comprar o material e medios que necesiten para garantir a xestión e o manexo dos animais ao seu cargo —por exemplo, remolques de transporte, software, dispositivos electrónicos para optimizar a xestión do centro ou equipamento veterinario non consumible, entre outros—.

Así mesmo, todas as entidades protectoras debidamente rexistradas na Comunidade tamén terán acceso aos incentivos da Xunta cando realicen campañas de concienciación, promoción da tenza responsable e fomento das adopcións, aínda que non xestionen nin sexan titulares dunha instalación dedicada a este fin.

O prazo para que os concellos e as entidades debidamente rexistradas poidan solicitar estas achegas abrirase a partir de mañá e seguirá así ata o vindeiro 11 de setembro.

Ademais, co fin de animar á cidadanía a facerse cargo dun animal abandonado, por terceiro ano consecutivo tamén se convocaron hoxe incentivos dirixidos a cidadáns particulares que adopten un can (axudas de ata 150 euros neste caso) ou un gato (125 euros) a través dalgún dos centros de recollida autorizados que hai en Galicia.

O orzamento global previsto neste caso é de 25.000 euros e cubriranse as adopcións realizadas entre o 1 de outubro de 2025 e o 31 de agosto de 2026, cun máximo de dúas adopcións subvencionables por persoa.

Cómpre lembrar que con esta nova convocatoria das ordes de axudas dirixidas a entidades locais, a asociacións protectoras e á propia cidadanía dáselle continuidade ao esforzo que vén realizando a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático neste eido durante a última década co fin de seguir avanzando nos niveis de protección e de benestar dos animais domésticos no conxunto da Comunidade.

Temas:Administración local, Salud, asistencia sanitaria y servicios sociales
Colectivos:Asociaciones y ONGs, Ciudadanos/as, Entidades locales
Organizaciones:Xunta de Galicia
Ámbitos geográficos:Galicia
Valorar:
Compartir contenido