Ficha biblioteca

Noticia A Xunta destinará o próximo ano 2M€ a impulsar proxectos municipais fronte ao quecemento global e a localizar e habilitar refuxios climáticos
Avisar de errores Imprimir ficha
Contenido nuevo Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contenido
Información general
Fecha modificación15/12/2025 FuenteXunta de Galicia
Taxonomía
TemasMedio ambiente Tipo de contenidoNoticias, Ayudas y subvenciones ColectivosCiudadanos/as, Entidades locales, Otras administraciones OrganizacionesXunta de Galicia, Medio ambiente, Territorio e Infraestruturas Ámbitos geográficosGalicia
Descripción A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático publicará a comezos de 2026 a segunda convocatoria das axudas dirixidas a apoiar ás entidades locais no impulso de solucións verdes e naturais para previr os riscos derivados do cambio climático
Detalles contenido
A Xunta destinará o próximo ano 2M€ a impulsar proxectos municipais fronte ao quecemento global e a localizar e habilitar refuxios climáticos A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático publicará a comezos de 2026 a segunda convocatoria das axudas dirixidas a apoiar ás entidades locais no impulso de solucións verdes e naturais para previr os riscos derivados do cambio climático
15/12/2025|Xunta de Galicia

― Subvencionaranse intervencións en espazos públicos para mitigar o efecto illa de calor, como a creación de zonas de sombra naturais ou microclimas con láminas de auga, a instalación de xardíns verticais e tellados verdes, a mellora das conexións urbanas e a identificación e restauración de zonas refuxio para a biodiversidade

― Os concellos interesados poderán pedir asesoramento técnico para solicitar estas achegas, que cubrirán ata o 80% dos custos cun máximo de 60.000 € por proxecto

 

A Xunta de Galicia destinará o próximo ano 2 millóns de euros a promover a execución de distintos proxectos municipais e doutras iniciativas pioneiras a nivel local co obxectivo común de ofrecer solucións fronte aos riscos derivados do quecemento global así como para identificar e crear espazos urbanos que actúen como refuxio climático tanto para a poboación como para a biodiversidade.

En concreto, o Consello foi informado de que a comezos de 2026 se convocarán de novo as axudas dirixidas a apoiar aos concellos na posta en marcha en espazos urbanos e periurbanos de intervencións baseadas na natureza e no aproveitamento dos seus recursos para prever e adaptarse ao cambio climático.

Cun orzamento previsto para o próximo ano que chegará ata os 2 millóns de euros, cómpre subliñar que, por segundo ano consecutivo, a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático apostará por estas axudas co obxectivo de seguir avanzando na loita contra o cambio climático da man das entidades locais. De feito, como administración máis próxima á cidadanía, os concellos son un actor clave desde o punto de vista da acción climática xa que os seus esforzos e logros na escala local teñen efectos moi positivos tamén a nivel global.

Con esta nova convocatoria, a Xunta reforzará a súa colaboración coas administracións locais para fomentar iniciativas que contribúan ao desenvolvemento das infraestruturas verdes e á conectividade dos espazos naturais periurbanos. O obxectivo é incrementar a biodiversidade deste tipo de zonas, mellorar a súa conservación, favorecer a adaptación ao cambio climático, mellorar a calidade ambiental e crear espazos máis saudables.

Ademais, tamén van dirixidas a ofrecer recursos aos concellos cos que levar a cabo actuacións de identificación e de adecuación de refuxios climáticos, entendidos como espazos cunha relativa estabilidade e condicións ambientais favorables que os converten en lugares idóneos para combater as altas temperaturas e ofrecer protección á poboación.

Para conseguilo, poderán optar ás axudas aqueles proxectos presentados de forma individual por calquera concello galego que aposten por algunha das actuacións enmarcadas nas dúas liñas subvencionables definidas na propia convocatoria. A Xunta cubrirá ata o 80% dos gastos, cun límite de 60.000 euros por proxecto e un máximo de tres solicitudes por cada entidade local.

No marco da liña 1, destinada a axudar aos concellos na aplicación de solucións naturais para a prevención de riscos asociados ao cambio climático, subvencionaranse intervencións en espazos públicos orientadas a atenuar o chamado efecto illa de calor, que fai que en certas áreas urbanas a temperatura sexa máis alta que nas zonas rurais próximas debido a unha combinación de factores relacionados coas infraestruturas e a actividade humana e industrial, ou a reforzar a biodiversidade e as zonas verdes urbanas.

Neste grupo encaixarían, por exemplo, iniciativas de sombreado natural en rúas e prazas coa plantación de árbores, preferiblemente autóctonas; intervencións para reducir a impermeabilidade do solo e aumentar a drenaxe; a creación de microclimas co recurso a láminas de auga, que reducen a temperatura e combaten a calor; a implantación de xardíns verticais e cubertas verdes en infraestruturas públicas; a restauración de zonas húmidas ou a mellora da conexión entre medio urbano e periurbano mediante sendas.

Así mesmo, a liña 2 irá dirixida a apoiar iniciativas locais de identificación e adecuación de refuxios climáticos, de xeito que os concellos poidan facer estudos técnicos que lles permitan localizar estas zonas nos seus territorios ou identificar corredores ecolóxicos que reforcen o papel natural dos refuxios. Tamén se subvencionarán obras concretas que axuden a cumprir esta función, incluídos traballos de restauración en zonas degradadas pero con potencial para reter ou acoller a biodiversidade.

Cómpre lembrar que no marco da primeira convocatoria destas axudas, concedéronse 42 achegas a 36 concellos por un importe global de 2 millóns de euros co fin de executar diferentes tipos de proxectos para previr os riscos do cambio climático.

Entre un 40% e un 70% das emisións GEI

Tendo en conta que nas áreas urbanas se xeran entre un 40% e un 70% de todas as emisións de gases de efecto invernadoiro (GEI), resulta fundamental dotar as cidades de espazos e pulmóns verdes como parques, xardíns, fontes ou áreas recreativas que repercutan na redución das emisións á atmosfera e na mellora da calidade de vida da cidadanía, tanto polos beneficios que reportan para a saúde como para as relacións sociais ao ser estas zonas tamén un espazo de encontro e lecer colectivo.

A liña de axudas da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático vai nesta mesma dirección e facilitará aos concellos o financiamento necesario para preparar as súas zonas urbanas ante os riscos do quecemento global e adaptalas aos seus efectos.

Cada concello poderá presentar un máximo de tres proxectos e para orientalos coas súas propostas e solicitudes, a Xunta porá á súa disposición a oficina de asesoramento da Rede local polo clima, que naceu en 2024 para coordinar as actuacións cos concellos e aproveitar sinerxías na loita contra o cambio climático.

De feito, estas axudas concíbense como un instrumento básico para impulsar esta rede e consolidar a posición de Galicia como a comunidade española máis resiliente tras reducir as súas emisións netas nun 61,7% desde 1990, ano de referencia a nivel mundial para as políticas climáticas, contribuíndo á vez a que siga avanzando cara ao obxectivo de acadar a neutralidade climática no horizonte do ano 2040, incluído no proxecto da Lei do clima que se atopa actualmente en tramitación no Parlamento galego.

 

 

Temas:Medio ambiente
Colectivos:Ciudadanos/as, Entidades locales, Otras administraciones
Organizaciones:Xunta de Galicia, Medio ambiente, Territorio e Infraestruturas
Ámbitos geográficos:Galicia
Valorar:
Compartir contenido