Ficha biblioteca

Noticia A Xunta convoca as axudas deste ano para potenciar melloras nas prazas de abastos e promover a súa certificación como mercados excelentes
Avisar de errores Imprimir ficha
Contenido nuevo Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contenido
Información general
Fecha modificación27/01/2026 FuenteXunta de Galicia
Taxonomía
TemasAdministración local, Enseñanza y formación Tipo de contenidoNoticias, Ayudas y subvenciones ColectivosEntidades locales, Empleados/as públicos/as OrganizacionesXunta de Galicia Ámbitos geográficosGalicia
Descripción O DOG publica hoxe a orde de 2026 destas axudas, dotada con preto de 2,3 M€ e que inclúe novidades como que poidan acceder a elas as asociacións de comerciantes sen ánimo de lucro cun mínimo de praceiros entre os seus asociados
Detalles contenido
A Xunta convoca as axudas deste ano para potenciar melloras nas prazas de abastos e promover a súa certificación como mercados excelentes O DOG publica hoxe a orde de 2026 destas axudas, dotada con preto de 2,3 M€ e que inclúe novidades como que poidan acceder a elas as asociacións de comerciantes sen ánimo de lucro cun mínimo de praceiros entre os seus asociados
27/01/2026|Xunta de Galicia
  • Para os concellos amplía o período subvencionable a prol da execución dos proxectos apoiados e, en todos os casos, axiliza o procedemento de concesión das achegas
  • Os apoios poderán solicitarse deste o vindeiro 2 de febreiro, están dirixidos principalmente a municipios, asociacións, cooperativas ou federacións e promoven tanto melloras das prazas co selo Mercado Excelente como accións para acadalo
  • A convocatoria enmárcase no Plan estratéxico do comercio de Galicia 2025-2030, que abarca outras actuacións a prol destes espazos como a recente simplificación dos trámites para obter e renovar o selo Mercado Excelente e outros tipos de apoio

 

Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria de axudas deste ano para dinamizar e potenciar as prazas de abastos de Galicia e impulsar a súa certificación como mercados excelentes. Esta nova edición inclúe axustes realizados atendendo á realidade do sector co fin de chegar a novos beneficiarios. Entre eles, a posibilidade de que poidan acceder a estas axudas as asociacións de comerciantes sen ánimo de lucro cun mínimo de praceiros entre os seus asociados para realizar campañas de dinamización comercial, a ampliación do período subvencionable no caso dos concellos para optimizar a execución dos proxectos subvencionados e, en todos os casos, axiliza o procedemento de concesión das achegas.

A esta convocatoria —para a que o prazo de solicitudes abre o vindeiro 2 de febreiro e se prolongará ata o 2 de marzo— o Goberno galego destina preto de 2,3 M€ a distribuír nas anualidades 2026 e 2027 e está dirixida principalmente aos concellos, asociacións, cooperativas ou federacións de prazas de abastos e mercados. Con estes apoios, a Xunta promove, por unha banda, accións dirixidas ao mantemento e mellora das prazas de abastos galegas que xa dispoñen do selo Mercado Excelente e, pola outra, accións de diagnose, formación ou obras de rehabilitación para aqueles que desexen solicitar este distintivo, ademais de apoios á dinamización e fidelización.

Detalles da convocatoria

Na mesma liña que outros apoios ao sector comercial como os destinados a impulsar a innovación e a sostibilidade, estes poñen o foco na simplificación administrativa cunha intensidade das axudas do 80 %. Así, no caso dos concellos, exixirase menos documentación complementaria e simplificarase o procedemento de concesión e de pagamentos anticipados co obxecto de axilizar as achegas. En canto á novidade de que poidan acceder ás achegas as asociacións sen ánimo de lucro para accións de dinamización comercial, poderán facelo e no caso de que non exista na praza para a que se solicita a axuda unha asociación de persoas vendedoras e sempre que conten entre os seus asociados cun mínimo do 50 % dos praceiros/as.

En concreto, aos concellos hai achegas para os que xa conten co selo Mercado Excelente e para os que queiran implantalo. Os que xa conten co distintivo poderán recibir axudas para o mantemento e mellora deste estándar, como obras de acondicionamento, mellora de servizos para a clientela, actuacións formativas ou comerciais. A axuda máxima é de 112.000€. Aqueles nos que as prazas de abastos non sexan Mercado Excelente poderán sufragar accións previas para acadar o selo, como a preparación —ou actualización, se é o caso— da diagnose da situación e usos do mercado, formación dos praceiros e praceiras ou elaboración da documentación técnica. Os que xa teñan completada a diagnose, poden acollerse a apoios para obras de rehabilitación, melloras de accesibilidade, equipamento comercial ou instalación de sistemas de eficiencia enerxética. Neste caso, a achega máxima é de 320.000€.

As asociacións de prazas de abastos e mercados, cooperativas de vendedores —cun máximo de axuda de 11.200€— poden solicitar axudas para o mantemento dos seus marketplaces, material promocional ou servizos de fidelización de clientela, entre outras. As Federacións de prazas de abastos poden optar a apoios para a realización de campañas comerciais ou eventos, ata un máximo de 40.000€. Por último, as outras asociacións terán unha achega máxima de 7.200€, neste caso para campañas de dinamización comercial.

Neste sentido, esta orde de axudas enmárcase no Plan estratéxico do comercio de Galicia 2025-2030, que abarca outras actuacións como a recente actualización e simplificación dos trámites para obter e renovar o selo Mercado Excelente e que fixa o obxectivo de chegar ás 25 prazas de abastos co selo Mercado Excelente en 2030. Deste xeito, búscase consolidar unha rede de espazos recoñecidos con este distintivo, que son aqueles que están a responder de xeito diferencial e destacado aos retos da modernización e a innovación sen perder a súa autenticidade e tradición.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260127/AnuncioG0767-050126-0003_gl.html

Temas:Administración local, Enseñanza y formación
Colectivos:Entidades locales, Empleados/as públicos/as
Organizaciones:Xunta de Galicia
Ámbitos geográficos:Galicia
Valorar:
Compartir contenido