Ficha biblioteca

Noticia A Xunta renova o convenio con Ecoembes ata 2030 coa previsión de destinar aos concellos 57 M€, un 26% máis, pola xestión de envases lixeiros, papel e cartón
Avisar de errores Imprimir ficha
Contenido nuevo Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contenido
Información general
Fecha modificación29/01/2026 FuenteXunta de Galicia
Taxonomía
TemasAdministración pública, Administración local, Medio ambiente, Concienciación y sensibilización, Desarrollo sostenible Tipo de contenidoNoticias, Ayudas y subvenciones ColectivosEntidades locales OrganizacionesXunta de Galicia, Medio ambiente, Territorio e Infraestruturas Ámbitos geográficosGalicia
Descripción Ángeles Vázquez salienta que deste xeito se reforza a alianza entre as partes na xestión destes refugallos cun acordo máis xusto que atende á dispersión xeográfica, á dificultade loxística e á variabilidade da poboación dos municipios
Detalles contenido
A Xunta renova o convenio con Ecoembes ata 2030 coa previsión de destinar aos concellos 57 M€, un 26% máis, pola xestión de envases lixeiros, papel e cartón Ángeles Vázquez salienta que deste xeito se reforza a alianza entre as partes na xestión destes refugallos cun acordo máis xusto que atende á dispersión xeográfica, á dificultade loxística e á variabilidade da poboación dos municipios
29/01/2026|Xunta de Galicia
  • Este é o cuarto convenio que se asina desde o ano pasado cos sistemas colectivos de responsabilidade ampliada do produtor, tralos relativos a residuos de aparellos eléctricos e electrónicos, a pilas e acumuladores e a envases de vidro
  • As cantidades que se estima aboar ás entidades locais aumentan especialmente no caso dos concellos rurais, cunha suba do 42%, co fin de compensar os maiores custos loxísticos e operativos asociados á dispersión

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, ángeles Vázquez, e a conselleira delegada de Ecoembes, Rosa Trigo, asinaron hoxe un novo convenio de colaboración para os próximos catro anos -ata 2030- co que se prevé destinar arredor de 57 millóns de euros aos concellos galegos pola súa cooperación na recollida e xestión dos residuos de envases lixeiros e de papel-cartón.

A responsable autonómica salientou que o acordo supón un incremento do 26% nas retribucións ás entidades locais, o que reforza a alianza entre as partes na xestión destes refugallos, e é “máis xusto” pois aposta pola equidade territorial ao ter en conta a dispersión xeográfica, a dificultade loxística e a variabilidade da poboación dos municipios (censada, estacional e turística).

A titular de Medio Ambiente e Cambio Climático lembrou que este convenio é o cuarto que se asina desde o ano pasado cos sistemas colectivos de responsabilidade ampliada do produtor (Scrap) -tralos formalizados en 2025 relativos a residuos de aparellos eléctricos e electrónicos (RAEE), a pilas e acumuladores e a envases de vidro- e que demostra o firme compromiso da Xunta coa xestión responsable dos residuos.

As estimacións realizadas sobre os pagos aos concellos pola recollida e xestión dos envases lixeiros e papel-cartón apuntan a unha retribución global de arredor de 14,3 millóns de euros ao ano, que se reparten en 11,4 millóns de euros polos envases lixeiros e 2,8 millóns de euros no caso dos residuos de papel e cartón. O incremento das bonificacións -que dependen das toneladas recollidas- respecto ao anterior convenio é do 17% no primeiro caso e do 87% no segundo.

As cantidades que se prevé aboar ás entidades locais aumentan especialmente no caso dos concellos rurais, cunha suba do 42%, co fin de compensar os maiores custos loxísticos e operativos asociados á dispersión territorial. Mentres, no caso dos municipios semiurbanos o incremento é do 26%, para reforzar o apoio a zonas con características intermedias entre o rural e o urbano. Nos concellos urbanos a mellora é do 31%, cun axuste razoable atendendo ás súas singularidades, como as recollidas especiais en centros históricos.

Apostando pola excelencia

ángeles Vázquez, que estivo acompañada pola directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, María José Echevarría, destacou que o convenio incentiva a recollida separada, elimina efectos fronteira nos pluses e introduce pluses de excelencia para as entidades con mellores resultados, aliñándose cos obxectivos da economía circular.

O fin último, engadiu, é reducir a burocracia e elevar a eficiencia, incorporando avances tecnolóxicos e dixitais que reducen de xeito significativo a carga administrativa dos concellos, facilitando a xestión diaria e o seguimento do sistema.

Por iso, a conselleira animou a todas as entidades locais a adherirse a este convenio -no anterior estaban os 313 concellos galegos- pois nos tres meses posteriores á firma poden beneficiarse da retroactividade desde o 1 de xaneiro de 2026.

 

Temas:Administración pública, Administración local, Medio ambiente, Concienciación y sensibilización, Desarrollo sostenible
Colectivos:Entidades locales
Organizaciones:Xunta de Galicia, Medio ambiente, Territorio e Infraestruturas
Ámbitos geográficos:Galicia
Valorar:
Compartir contenido