Ficha biblioteca

Noticia A Xunta destina máis de 1 M€ a impulsar accións de divulgación en economía social no marco da rede Eusumo e a apoiar ás entidades asociativas do sector
Avisar de errores Imprimir ficha
Contenido nuevo Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contenido
Información general
Fecha modificación03/02/2026 FuenteDOG
Taxonomía
TemasAdministración local Tipo de contenidoNoticias, Ayudas y subvenciones ColectivosEntidades locales OrganizacionesXunta de Galicia Ámbitos geográficosGalicia
Descripción O DOG publica hoxe as achegas de preto de 700.000 euros que poden solicitar asociacións, entidades locais, cámaras de comercio, universidades ou organizacións sindicais, empresariais ou profesionais adheridas á Rede autonómica Eusumo
Detalles contenido
A Xunta destina máis de 1 M€ a impulsar accións de divulgación en economía social no marco da rede Eusumo e a apoiar ás entidades asociativas do sector O DOG publica hoxe as achegas de preto de 700.000 euros que poden solicitar asociacións, entidades locais, cámaras de comercio, universidades ou organizacións sindicais, empresariais ou profesionais adheridas á Rede autonómica Eusumo
03/02/2026|DOG
  • A previsión é que se poidan beneficiar destas axudas unhas 40 entidades, que poderán realizar arredor de 200 actividades para unhas 4.000 persoas, como accións de divulgación, elaboración de estudos, asesoramento ou formación
  • O prazo de solicitudes permanecerá aberto desde maña ata o próximo 3 de marzo
  • Ademais, hoxe tamén se publica a nova convocatoria destinada a sufragar os gastos de funcionamento das entidades asociativas de cooperativas, sociedades laborais, centros especiais de emprego e de empresas de inserción, dotada con 335.000 euros 
  • Con ela apóianse ata o 90% dos gastos de funcionamento e o prazo de presentación de solicitudes será dun mes a contar desde mañá

Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe unha nova edición da convocatoria de axudas dirixidas ás entidades que forman parte actualmente da Rede Eusumo —actualmente máis dun cento (110)— co obxectivo de que desenvolvan, no período 2026-2027, accións de divulgación, formación e asesoramento a persoas que estean a promover a súa actividade a través desta fórmula. A previsión é que se poidan beneficiar destas achegas unhas 40 entidades que poderán realizar accións para unhas 4.000 persoas.

Esta liña, que terá o prazo de solicitude aberto desde mañá ata o vindeiro 3 de marzo de 2026, conta cun orzamento bianual de 690.000 euros para apoiar os colectivos que colaboran coa Rede Eusumo e contribuír ao impulso do cooperativismo e as fórmulas da economía social na comunidade galega.

As achegas, de ata un máximo de 120.000 euros por anualidade, beneficiarán asociacións, concellos ou agrupación deles, cámaras de comercio, universidades e/ou fundacións e asociacións profesionais, empresariais ou sindicais inseridas na Rede Eusumo, podendo presentarse de xeito individual ou en conxunto. Neste marco, financiaranse accións de divulgación da economía social, a elaboración de estudos ou guías con contido inédito, iniciativas de asesoramento e acompañamento a promotores e de formación.

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración reserva 379.500 euros do orzamento global para apoiar actividades de sectores específicos como o dos coidados, o agroalimentario, a economía circular, as enerxías renovables, as novas tecnoloxías ou as industrias culturais, entre outros.

Axudas ás entidades asociativas da economía social

Hoxe o Diario Oficial de Galicia publica tamén a convocatoria de achegas de 2026 destinadas a sufragar os gastos de funcionamento das entidades asociativas de cooperativas, de sociedades laborais, de centros especiais de emprego e de empresas de inserción. A ela a Xunta destina un total de 335.000 euros e ten como fin dar continuidade e facer efectivo o labor das asociacións e entidades da economía social.

O programa conta con dúas liñas de financiamento. A primeira con 230.000 euros vai dirixida ao fomento e consolidación das asociacións de cooperativas e de sociedades laborais. A segunda, con 105.000 euros, está destinada ás asociacións de centros especiais de emprego e empresas de inserción laboral. En ambos os dous casos apóianse parcialmente (ata o 90%) os seus gastos de funcionamento.

As entidades interesadas poden cursar as súas peticións desde mañá e ata o próximo 4 de marzo.

Bono Consolida

Con estas axudas, a Xunta de Galicia contribúe a visibilizar e promover a economía social como motor de crecemento económico sustentable, que crea emprego de calidade, integrador e asentado no territorio. Ademais, reforza o funcionamento das entidades representativas do sector, coa aposta polo fomento da súa participación aos distintos niveis económicos e sociais.

Cómpre lembrar tamén que o vindeiro martes 10 abre o prazo de solicitudes da nova orde do Bono Consolida economía social, dotada con 2,73 M€ e dirixida a apoiar o labor de sociedades cooperativas e laborais, empresas de inserción e centros especiais de emprego que estean rexistrados e acrediten unha antigüidade mínima de 42 meses.

Ligazón ás ordes no DOG:

Orde

ORDE do 23 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións ás entidades colaboradoras da Rede Eusumo para realizar actividades de promoción e de impulso do cooperativismo e da economía social, e se convocan para os anos 2026 e 2027

ORDE do 23 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras de subvencións para sufragar os gastos de funcionamento das entidades asociativas de cooperativas, de sociedades laborais, de centros especiais de emprego e de empresas de inserción, e se convocan para o ano 2026 (códigos de procedemento TR802H

 

 

 

Temas:Administración local
Colectivos:Entidades locales
Organizaciones:Xunta de Galicia
Ámbitos geográficos:Galicia
Valorar:
Compartir contenido