Ficha biblioteca

Noticia A Xunta destina 1.500.000€ a entidades locais de Galicia para a prestación do servizo de vixilancia, rescate e salvamento nos espazos acuáticos naturais e instalacións acuáticas descubertas
Avisar de errores Imprimir ficha
Contenido nuevo Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contenido
Información general
Fecha modificación04/02/2026 FuenteXunta de Galicia
Taxonomía
TemasAdministración pública, Administración local Tipo de contenidoNoticias, Ayudas y subvenciones ColectivosEntidades locales OrganizacionesXunta de Galicia, Vicepresidencia e Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza Ámbitos geográficosGalicia
Descripción Publicada hoxe no DOG a orde das subvencións a entidades locais de Galicia, en réxime de concorrencia competitiva, para a prestación do servizo de vixilancia, rescate e salvamento nos espazos acuáticos naturais e instalacións acuáticas descubertas
Detalles contenido
A Xunta destina 1.500.000€ a entidades locais de Galicia para a prestación do servizo de vixilancia, rescate e salvamento nos espazos acuáticos naturais e instalacións acuáticas descubertas Publicada hoxe no DOG a orde das subvencións a entidades locais de Galicia, en réxime de concorrencia competitiva, para a prestación do servizo de vixilancia, rescate e salvamento nos espazos acuáticos naturais e instalacións acuáticas descubertas
04/02/2026|Xunta de Galicia

Beneficiarias

As entidades locais galegas que cumpran os seguintes requisitos:

1. Ter espazos acuáticos naturais inscritos na sección I do Rexistro de Augas de Baño de Galicia, adscrito ao órgano directivo competente en materia de saúde pública, ou ter instalacións acuáticas descubertas de titularidade municipal.

2. Ter remitida a conta xeral da entidade local, correspondente ao exercicio orzamentario de 2024, ao Consello de Contas.

Obxecto

Establecer bases reguladoras e a convocatoria de subvencións para o ano 2026, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas ao financiamento dos gastos que realicen as entidades locais galegas para a prestación dos servizos de vixilancia, rescate e salvamento nos espazos acuáticos naturais e/ou instalacións acuáticas descubertas de titularidade municipal.

Bases reguladoras

Orde de 13 de xaneiro de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións a entidades locais de Galicia, en réxime de concorrencia competitiva, para a prestación do servizo de vixilancia, rescate e salvamento nos espazos acuáticos naturais e instalacións acuáticas descubertas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026.

Importe

Para a concesión destas axudas destínase crédito por un importe total dun millón cincocentos mil euros (1.500.000,00 €) con cargo á partida orzamentaria 05.06.212A.460.2, código do proxecto 2025 00017, correspondente aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo coa Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2026.

Prazo de presentación de solicitudes

Un mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non hai día equivalente ao de publicación, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

Temas:Administración pública, Administración local
Colectivos:Entidades locales
Organizaciones:Xunta de Galicia, Vicepresidencia e Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza
Ámbitos geográficos:Galicia
Valorar:
Compartir contenido