Ficha biblioteca

Noticia A Xunta abre hoxe o prazo para que os concellos, entidades sociais e ANPAS se acollan as axudas do Plan Corresponsables 2026
Avisar de errores Imprimir ficha
Contenido nuevo Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contenido
Información general
Fecha modificación12/02/2026 FuenteXunta de Galicia
Taxonomía
TemasAdministración local, Enseñanza y formación Tipo de contenidoNoticias, Ayudas y subvenciones ColectivosAsociaciones y ONGs, Entidades locales OrganizacionesXunta de Galicia, Traballo e Benestar Ámbitos geográficosGalicia
Descripción A convocatoria está dotada de 7,4 millóns de euros destinados a financiar coidados a domicilio e en dependencias públicas, servizos de madrugadores, obradoiros ou campamentos, entre outras actividades
Detalles contenido
A Xunta abre hoxe o prazo para que os concellos, entidades sociais e ANPAS se acollan as axudas do Plan Corresponsables 2026 A convocatoria está dotada de 7,4 millóns de euros destinados a financiar coidados a domicilio e en dependencias públicas, servizos de madrugadores, obradoiros ou campamentos, entre outras actividades
11/02/2026|Xunta de Galicia

A Xunta abre hoxe e durante un mes o prazo para que os concellos, entidades sociais sen ánimo de lucro e Asociacións de Nais e Pais (ANPAS) soliciten axudas para o desenvolvemento de programas e actividades que favorezan a conciliación e a corresponsabilidade familiar. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou onte a convocatoria desta liña de subvencións dotada dun orzamento de 7,4 millóns de euros e que se enmarca no Plan Corresponsables 2026.

Este crédito, financiado nun 75% con fondos finalistas do Estado, distribúese en tres programas: 6,5 millóns de euros para as iniciativas que desenvolvan os concellos, 600.000 euros para as que impulsen as ANPAS e 300.000 euros para as que realicen as entidades sociais. As contías máximas por axuda varían en función do programa e de se a solicitude é individual ou compartida. Así, no caso dos concellos, estas poden chegar ata os 120.000 euros se son propostas compartidas por dous ou máis entidades locais.

A través do Plan Corresponsables, a Xunta financia coidados profesionais a domicilio e en dependencias públicas, como colexios, bibliotecas ou centros socioculturais. Tamén apoia actividades de campamentos, servizos de madrugadores, obradoiros lúdicos  formativos ou xornadas de carácter divulgativo e cultural, entre outras.

Na convocatoria do ano pasado concedéronse axudas para o desenvolvemento de diferentes programas a un total de 234 concellos, 73 ANPAS e 13 entidades sociais. Así mesmo,  o número de familias beneficiarias destas iniciativas superaron as 23.200 e os menores atendidos foron máis de 31.000.

Temas:Administración local, Enseñanza y formación
Colectivos:Asociaciones y ONGs, Entidades locales
Organizaciones:Xunta de Galicia, Traballo e Benestar
Ámbitos geográficos:Galicia
Valorar:
Compartir contenido