Ficha biblioteca

Evento Curso de técnicas de dirección de servizos e equipos administrativos
Avisar de errores Imprimir ficha
Contenido nuevo Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contenido
Información general
Fecha modificación16/02/2026 FuenteBop de Ourense
Taxonomía
TemasAdministración local, Enseñanza y formación Tipo de contenidoEventos, Cursos ColectivosEntidades locales, Empleados/as públicos/as OrganizacionesDiputación de Ourense Ámbitos geográficosOurense
Descripción Este curso vai dirixido ao persoal técnico e administrativo ao servizo da Administración local, pertencente aos grupos A1 e A2, e excepcionalmente C1, que desenvolva funcións técnicas ou de dirección de equipos de traballo nas súas respectivas áreas das entidades locais.
Detalles contenido
LugarAula no Centro Cultural Marcos Valcárcel. Ourense En liña OrganizadorDeputación de Ourense Fechas
DíaHora inicioHora fin
26/02/2026 9:00 12:00
16/07/2026 9:00 12:00
Evento

Curso de técnicas de dirección de servizos e equipos administrativos

1. Persoas destinatarias

*Persoal técnico e administrativo ao servizo da Administración local, pertencente aos grupos A1 e A2, e excepcionalmente C1, que desenvolva funcións técnicas ou de dirección de equipos de traballo nas súas respectivas áreas das entidades locais.

* Técnicos/as e oficiais administrativos da Deputación Provincial de Ourense, con postos de director/a de área, xefe/a de servizo, xefe/a de sección e xefe/a de negociado, ou que desenvolvan funcións e tarefas profesionais similares.

* Funcionarios/as da Administración local que teñan asignadas responsabilidades de xefatura ou de dirección de unidades administrativas das entidades locais.

2. Desenvolvemento

2.1. Modalidade da acción formativa: presencial e a distancia.

2.2. Duración: 120 horas lectivas

2.3. Datas de realización: do 26 de febreiro ao 16 de xullo de 2026.

2.4. Xornadas das clases presenciais: 26 de febreiro; 5-12-18-26 de marzo; 9-16-23-30 de abril; 7-14-21-28 de maio; 4-11-18-25 de xuño e 2-9-16 de xullo do 2026.

2.5. Horario das clases presenciais: os xoves, de 9:00 a 12:00 horas.

2.6. Lugar de realización: aulas de formación da Deputación de Ourense no Centro Cultural Marcos Valcárcel.

2.7. Prazas: 25 participantes.

2.8. Número de edicións: unha.

3. Obxectivos

* Mellorar a capacitación profesional das persoas con funcións directivas na Administración Pública, reforzando as súas competencias e habilidades para dar resposta ás necesidades actuais da sociedade e mellorar a calidade, a eficacia e eficiencia dos servizos públicos.

* Impulsar nas entidades locais un modelo de dirección profesional máis solvente, eficiente e autónomo, que garanta e mellore a calidade na xestión dos servizos públicos.

* Promover a transformación da Administración Pública cara a novos sistemas de dirección propios do século XXI, baseados no liderado, a innovación e a modernización organizativa.

* Proporcionarlle aos/ás empregados/as públicos/as que dirixen unidades administrativas as ferramentas prácticas que permitan incrementar a calidade, a eficacia e a produtividade da función directiva, contribuíndo así á excelencia e á mellora continua do sistema público.

4. Programa

4.1. Motivación.

4.2. Creatividade.

4.3. Negociación.

4.4. Persuasión.

4.5. Comunicación.

4.6. Traballo en equipo.

4.7. Liderado.

4.8. Marca persoal.

4.9. Estratexia.

4.10. Xestión.

5. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación das solicitudes para participar nesta acción formativa rematará o luns 23 de febreiro de 2026.

Temas:Administración local, Enseñanza y formación
Colectivos:Entidades locales, Empleados/as públicos/as
Organizaciones:Diputación de Ourense
Ámbitos geográficos:Ourense
Valorar:
Compartir contenido