Ficha biblioteca

Evento Curso práctico de procedemento administrativo e réxime xurídico aplicado aos pequenos municipios
Avisar de errores Imprimir ficha
Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contenido
Información general
Fecha modificación24/02/2026 FuenteBop de Ourense
Taxonomía
TemasAdministración local, Enseñanza y formación Tipo de contenidoEventos, Cursos ColectivosEntidades locales, Empleados/as públicos/as OrganizacionesDiputación de Ourense Ámbitos geográficosOurense
Descripción Este curso ten por obxectivo capacitar o persoal das entidades locais para que sexa capaz de aplicar correctamente o procedemento administrativo e o réxime xurídico na Administración local, garantindo unha actuación administrativa eficaz e segura xuridicamente
Detalles contenido
LugarCampus virtual de Formación e seminarios web con Zoom OrganizadorDeputación de Ourense Fechas
DíaHora inicioHora fin
16/03/2026 17:00 20:00
17/03/2026 17:00 20:00
23/03/2026 17:00 20:00
24/03/2026 17:00 20:00
06/04/2026 17:00 20:00
07/04/2026 17:00 20:00
13/04/2026 17:00 20:00
14/04/2026 17:00 20:00
20/04/2026 17:00 20:00
21/04/2026 17:00 20:00
Evento

Curso práctico de procedemento administrativo e réxime xurídico aplicado aos pequenos municipios

1. Persoas destinatarias

* Persoal técnico e administrativo, en xeral, das corporacións locais que realice no seu traballo tarefas de xestión administrativa.

* Traballadores/as da Administración local, dos subgrupos A1, A2, C1 e C2, que interveñan na tramitación de expedientes administrativos.

* Persoal técnico e administrativo das entidades locais encargado da tramitación administrativa e da aplicación do réxime xurídico local.

2. Desenvolvemento

  • 2.1. Modalidade da acción formativa: telepresencial.
  • 2.2. Duración do curso: 30 horas.
  • 2.3. Datas de realización: do 16 de marzo ao 21 de abril de 2026.
  • 2.4. Datas das sesións telepresenciais: 16-17-23-24 de marzo e 6-7-13-14-20-21 de abril de 2026.
  • 2.5. Horario das sesións telepresenciais: de 17:00 a 20:00 horas, os luns e martes.
  • 2.6. Lugar de realización: Campus virtual de Formación e seminarios web con Zoom.
  • 2.7. Prazas: 25 participantes.
  • 2.8. Número de edicións: unha.

3. Obxectivos

  • * Capacitar o persoal das entidades locais para que sexa capaz de aplicar correctamente o procedemento administrativo e o réxime xurídico na Administración local, garantindo unha actuación administrativa eficaz e segura xuridicamente.
  • * Ensinarlle ao alumnado as condicións xerais e as especialidades da capacidade de obrar no ámbito do dereito administrativo e identificar os suxeitos obrigados a relacionarse electronicamente coas administracións públicas
  • * Instruír os/as participantes na regulación dos requisitos dos actos administrativos, a súa eficacia e as regras sobre nulidade e anulabilidade.
  • * Aprender a manexar eficazmente as disposicións sobre o procedemento administrativo común e entender o réxime xurídico da revisión dos actos na vía administrativa.
  • * Abordar os problemas e dúbidas que formulen os/as traballadores/as sobre as reclamacións de responsabilidade patrimonial das administracións públicas,

4. Programa

4.1. Introdución ao réxime xurídico local.

4.1.1. Principios xerais da actuación administrativa.

4.1.2. Marco normativo aplicable aos pequenos municipios.

4.1.3. Organización e competencias municipais.

4.2. Os suxeitos do procedemento administrativo.

4.2.1. A administración e os administrados.

4.2.3. Dereitos e obrigas dos cidadáns nas súas relacións coa Administración.

4.3. O procedemento administrativo común.

4.3.1. Fases do procedemento administrativo.

4.3.2. Iniciación do procedemento.

4.3.3. Ordenación e instrución.

4.3.4. Trámite de audiencia.

4.3.5. Finalización do procedemento.

4.4. Os actos administrativos.

4.4.1. Concepto e clases de actos administrativos.

4.4.2. Requisitos de validez e eficacia.

4.4.3. Notificacións e publicacións.

4.4.4. Silencio administrativo.

4.5. Termos e prazos administrativos.

4.5.1. Cómputo de prazos.

4.5.2. Ampliación e redución de prazos.

4.5.3. Consecuencia da ampliación de prazos.

4.6. Administración electrónica nos pequenos municipios.

4.6.1. Dereitos e obrigas en materia de administración electrónica.

4.6.2. Rexistros electrónicos e sede electrónica.

4.6.3. Expedientes administrativo electrónico.

4.7. Revisión dos actos administrativos.

4.7.1. Revisión de oficio.

4.7.2. Recursos administrativos.

4.7.3. Revogación e rectificación de erros.

4.8. Responsabilidade patrimonial da administración.

7.8.1. Concepto e requisitos.

4.8.2. Procedemento de responsabilidade patrimonial.

4.9. Potestade sancionadora.

4.9.1. Principios da potestade sancionadora.

4.9.2. Procedemento sancionador.

4.10. Especialidades dos pequenos municipios.

4.10.1. Simplificación administrativa.

4.10.2. Problemática habitual e solucións prácticas.

4.10.3. Boas prácticas na xestión municipal.

5. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación das solicitudes para participar nesta acción formativa rematará o martes 3 de marzo do 2026.

Temas:Administración local, Enseñanza y formación
Colectivos:Entidades locales, Empleados/as públicos/as
Organizaciones:Diputación de Ourense
Ámbitos geográficos:Ourense
Valorar:
Compartir contenido