Ficha biblioteca

Evento Curso de formación para policías locais, bombeiros/as e protección civil: patrón de navegación básica - PNB
Avisar de errores Imprimir ficha
Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contenido
Información general
Fecha modificación26/02/2026 FuenteBop de Ourense
Taxonomía
TemasAdministración pública, Enseñanza y formación Tipo de contenidoEventos, Cursos ColectivosEntidades locales, Empleados/as públicos/as OrganizacionesDiputación de Ourense Ámbitos geográficosOurense
Descripción Este curso vai dirixido ao Persoal ao servizo da Administración local pertencente aos corpos de bombeiros, policía local e agrupacións de protección civil dos concellos da provincia de Ourense
Detalles contenido
LugarOurense Baiona OrganizadorDeputación de ourense Fechas
DíaHora inicioHora fin
10/03/2026 17:30 20:00
17/03/2026 17:30 20:00
24/03/2026 17:30 20:00
31/03/2026 17:30 20:00
07/04/2026 17:30 20:00
14/04/2026 17:30 20:00
18/04/2026 9:00 13:00
18/04/2026 14:00 18:00
21/04/2026 17:30 20:00
23/04/2026 17:00 21:00
25/04/2026 14:00 18:00
25/04/2026 9:00 13:00
28/04/2026 17:30 20:00
30/04/2026 17:30 20:00
05/05/2026 17:30 20:00
07/05/2026 17:30 20:00
Evento

Curso de formación para policías locais, bombeiros/as e protección civil: patrón de navegación básica – PNB

1. Persoas destinatarias

  • * Persoal ao servizo da Administración local pertencente aos corpos de bombeiros, policía local e agrupacións de protección civil dos concellos da provincia de Ourense.
  • * Traballadores/as das entidades locais que polo seu posto de traballo poidan ter relación coa materia obxecto do curso, ou empregados/as públicos/as interesados/as en xeral.

2. Desenvolvemento

  • 2.1. Modalidade da acción formativa: Presencial.
  • 2.2. Duración: 63 horas.
  • 2.3. Datas de realización: do 10 de marzo ao 7 de maio de 2026.
  • 2.4. Días das sesións teóricas: 10-17-24-31 de marzo, 7-14-21-28-30 de abril e 5-7 de maio de 2026. Os martes, de 17:30 a 20:00 horas.
  • 2.5. Días das sesións prácticas:
  • Día da sesión práctica de radio: 23 de abril de 2026, xoves, de 17:00 a 21:00 horas.
  • Días das sesións prácticas de navegación: 18 e 25 de abril de 2026, sábado, de 9:00 a 13:00 e de 14:00 a 18:00 horas.
  • 2.6. Lugares de realización:
  • Clases teóricas e práctica de radio nas aulas do Centro Cultural Marcos Valcárcel (rúa do Progreso, 30, Ourense).
  • Clases prácticas nas instalacións do Porto Deportivo de Baiona. Baiona - Pontevedra.
  • 2.7. Prazas: 15 participantes.
  • 2.9. Número de edicións: unha.

3. Obxectivos.

  • * Formar persoal cualificado no manexo de embarcacións dedicadas a misións propias da súa especialidade en contornos fluviais, tales coma a procura, o salvamento, o rescate de persoas e outras accións semellantes.
  • * Proporcionarlle aos/ás participantes os coñecementos específicos necesarios sobre conceptos e técnicas de seguridade na navegación e regulamentos específicos.
  • * Prover os/as participantes da titulación náutica esixida pola lexislación vixente para a realización das actividades mencionadas.

4. Programa

4.1. Nomenclatura náutica.

4.1.1. Descrición das principais partes dunha embarcación, estrutura, accesorios e órganos de goberno e propulsión dunha embarcación coa súa terminoloxía específica.

4.2. Seguridade náutica.

4.2.1. Accións de prevención e actuación ante unha incidencia no mar ou no navío, tanto na seguridade do barco como da tripulación.

4.2.2. Descrición do equipo obrigatorio de seguridade a bordo.

4.2.3. Ecoloxía fluvial e mariña e navegación a vela.

4.3. Navegación náutica e fluvial.

4.3.1. Recomendacións útiles para a navegación costeira e fluvial.

4.3.2. Navegación en zonas perigosas próximas á costa.

4.4. Propulsión mecánica.

4.4.1. Motores mariños empregados en embarcacións de recreo.

4.4.2. Sistema eléctrico e anatomía do motor.

4.5. Regulamento e sinais.

4.5.1. As 36 regras do regulamento internacional para previr abordaxes.

4.6. Balizamento.

4.6.1. Estudo do conxunto de sinais de axuda á navegación.

4.6.2. Sistema mundial de balizamento.

4.7. Lexislación.

4.7.1. Resumo da normativa legal sobre atribucións do título de PNB.

4.7.2. Petición de remolque e responsabilidades implícitas.

4.7.3. Seguro obrigatorio das embarcacións de recreo.

4.7.4. Organización, estrutura, medios e actuación de salvamento marítimo.

4.8. Radiocomunicacións.

4.8.1. Estudo da terminoloxía e procedementos operativos das radiocomunicacións marítimas, adaptados segundo a normativa oficial ao actual Sistema Mundial de Socorro e Seguridade Marítima (SMSSM).

4.9. Prácticas de navegación: 12 horas de prácticas divididas en tres prácticas de 4 horas para realizar nun barco homologado.

4.10. Prácticas de radio: 1 sesión de 2 horas con simulador homologado.

5. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación das solicitudes para participar nesta acción formativa rematará o xoves 5 de marzo de 2026.

Temas:Administración pública, Enseñanza y formación
Colectivos:Entidades locales, Empleados/as públicos/as
Organizaciones:Diputación de Ourense
Ámbitos geográficos:Ourense
Valorar:
Compartir contenido