Ficha biblioteca

Evento Curso básico sobre a regulación da intelixencia artificial na Administración pública
Avisar de errores Imprimir ficha
Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contenido
Información general
Fecha modificación26/02/2026 FuenteBop de Ourense
Taxonomía
TemasAdministración dixital, Administración local, Enseñanza y formación Tipo de contenidoEventos, Cursos ColectivosEntidades locales, Empleados/as públicos/as OrganizacionesXunta de Galicia, Organizaciones e Instituciones Ámbitos geográficosGalicia
Descripción Este curso vai dirixidoa ao Persoal técnico e administrativo ao servizo das entidades locais da provincia de Ourense que teñan encomendadas tarefas vencelladas coa administración electrónica
Detalles contenido
LugarOurense e Campus Virtual de Adams Formación OrganizadorDeputación de Ourense Fechas
DíaHora inicioHora fin
11/03/2026 11:00 14:00
11/03/2026 16:00 19:00
28/04/2026 16:00 19:00
28/04/2026 11:00 14:00
Evento

Curso básico sobre a regulación da intelixencia artificial na Administración pública

1. Persoas destinatarias.

* Persoal técnico e administrativo ao servizo das entidades locais da provincia de Ourense que teñan encomendadas tarefas vencelladas coa administración electrónica.

* Profesionais das entidades locais de Ourense que, polo seu posto de traballo, estean relacionados coa materia obxecto do curso.

2. Desenvolvemento

  • 2.1. Modalidade da acción formativa: híbrida (presencial e telepresencial).
  • 2.2. Duración do curso: 30 horas por edición.
  • 2.3. Datas de realización: do 11 de marzo ao 28 de abril de 2026.
  • 2.4. Datas das sesións presenciais: 11 de marzo e 20-27 de abril de 2026.
  • 2.5.- Datas das sesións telepresenciais: 17-24-31 de marzo e 7-14-21-28 de abril de 2026.
  • 2.6. Horario das sesións presenciais e telepresencias:
  • 1ª edición: de 11:00 a 14:00 horas.
  • 2º edición: de 16:00 a 19:00 horas.
  • 2.7. Lugar de realización: Aulas de Formación da Deputación de Ourense no Centro Cultural Marcos Valcárcel, Aula de Informática de Adams Ourense (rúa Pena Trevinca, 24, Ourense ) e Campus Virtual de Adams Formación.
  • 2.8. Prazas: 30 participantes por edición.
  • 2.9. Número de edicións: dúas.

3. Obxectivos

  • * Afondar, desde unha perspectiva técnica e xurídica, na concepción da intelixencia artificial, incidindo no impacto que a súa implantación terá nas distintas administracións públicas.
  • * Estudar o marco normativo que rexe a implantación e aplicación da intelixencia artificial na Admiración pública para que aos/ás empregados/as públicos/as identifiquen as oportunidades da súa implementación ética e eficiente na mellora dos servizos e procesos administrativos
  • * Estudar as posibilidades reais de aplicación práctica de ferramentas baseadas na intelixencia artificial como son ChatGPT e Gemini á organización e o funcionamento das organizacións públicas, abordando desde a automatización de procesos ata a xestión intelixente dos servizos.

4. Programa

4.1. Introdución e marco normativo.

4.1.1. Conceptos básicos de Intelixencia Artificial: tipos, vantaxes e riscos.

4.1.2. Aplicacións da IA no sector público.

4.1.3. Regulamento Europeo de Intelixencia Artificial. Enfoque baseado nos riscos e obrigas para as Administracións Públicas.

4.1.4. Normativa Española: Lei 39/2015, Lei 40/2015, Regulamento xeral de protección de datos, Lei orgánica de protección de datos persoais e garantías dos dereitos dixitais e Esquema Nacional de Seguridade.

4.1.5. ética, transparencia e supervisión humana.

4.2. Uso ético e confiable da IA na xestión pública.

4.2.1. Modelo de Gobernanza da IA no ámbito local

4.2.2. Transparencia algorítmica e protección de datos. O papel do delegado de Protección de Datos.

4.2.3. Ameazas e oportunidades no uso da IA no ámbito local. Unha visión dende a normativa e a práctica.

4.2.4. Revisión do modelo organizativo e competencias dos empregados públicos,

4.3. Aplicacións prácticas da Intelixencia Artificial na Administración.

4.3.1. Aplicación da Intelixencia Artificial na contratación pública. Análise de ofertas e prevención do fraude.

4.3.2. Automatización de procesos administrativos.

4.3.3. Casos de usos en atención á cidadanía e xestión documental.

4.3.4. Minimización de sesgos e rendición de contas.

4.4. Ferramentas de Intelixencia Artificial xenerativa.

4.4.1. Introdución práctica a ChatGPT e Gemini.

4.4.2. Configuración segura e boas prácticas.

4.4.3. Exercicios: redacción de informes , síntese normativa, xeración de respostas para a atención á cidadanía.

4.4.4. Acceso á ferramenta de IA de Adams.

4.4.5. Técnicas de poromptig: como obter os resultados precisos.

4.4.6. Avaliación crítica de respostas e mitigación de erros.

4.4.7. Notebook LM como ferramenta de produtividade.

4.4.8. Comparativa de ferramentas. Criterios para elixir solucións seguras e conformes.

5. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación das solicitudes para participar nesta acción formativa rematará o xoves 5 de marzo de 2026.

Temas:Administración dixital, Administración local, Enseñanza y formación
Colectivos:Entidades locales, Empleados/as públicos/as
Organizaciones:Xunta de Galicia, Organizaciones e Instituciones
Ámbitos geográficos:Galicia
Valorar:
Compartir contenido