Ficha biblioteca

Noticia O Centro de Información á Muller móbil da Xunta percorrerá oito concellos lucenses ata finais de marzo
Avisar de errores Imprimir ficha
Contenido nuevo Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contenido
Información general
Fecha modificación10/03/2026 FuenteXunta de Galicia
Taxonomía
TemasAdministración pública, Administración local, Salud, asistencia sanitaria y servicios sociales Tipo de contenidoNoticias ColectivosCiudadanos/as, Entidades locales, Mujeres OrganizacionesXunta de Galicia, Traballo e Benestar Ámbitos geográficosLugo
Descripción O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, e o director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero, Roberto Barba, visitaron hoxe en Castro de Rei este servizo itinerante
Detalles contenido
O Centro de Información á Muller móbil da Xunta percorrerá oito concellos lucenses ata finais de marzo O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, e o director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero, Roberto Barba, visitaron hoxe en Castro de Rei este servizo itinerante
10/03/2026|Xunta de Galicia
  • Está atendido por persoal especializado, incluídas unha psicóloga e unha traballadora social, para ofrecer asesoramento en materia de igualdade e prevención da violencia de xénero
  • Mañá desprazarase a Cervantes e nos vindeiros días estará en Foz, Alfoz, Baralla, Baleira, A Fonsagrada e Becerreá

 

Un dos catro Centros de Información á Muller (CIM) móbiles que puxo en marcha a Xunta o mes pasado percorrerá oito concellos lucenses ata finais de marzo.

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, e o director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero, Roberto Barba, visitaron esta unidade en Castro de Rei, onde permanecerá durante a xornada de hoxe. O obxectivo é reforzar a sensibilización en materia de igualdade e prevención da violencia de xénero, especialmente nas zonas rurais que non contan con servizos desta natureza.

As seguintes paradas serán Cervantes (mañá, 10 de marzo, a partir das 10,00 horas); Foz (venres 13 ás 10,30 h); Alfoz (luns 16 ás 10,30 h); Baralla (venres 20 ás 10,30 h); Baleira (luns 23 ás 10,00 h); A Fonsagrada (martes 24 ás 10,00 h); e Becerreá (mércores 25 ás 10,30 h).  

Estas unidades están atendidas por persoal especializado, incluídas unha psicóloga e unha traballadora social, para ofrecer orientación e apoio en cuestións relacionadas coa promoción da igualdade entre mulleres e homes e a loita contra a violencia de xénero. Calquera cidadán interesado pode achegarse a solicitar información. 

Coa posta en marcha dos CIM itinerantes, a Xunta pretende reforzar a sensibilización en materia de igualdade e garantir que todas as mulleres teñan acceso a servizos de protección e apoio con independencia do concello no que residan. A posta en marcha deste novo recurso supuxo un investimento de 1,6 millóns de euros por parte da Consellería de Política Social e Igualdade.

Temas:Administración pública, Administración local, Salud, asistencia sanitaria y servicios sociales
Colectivos:Ciudadanos/as, Entidades locales, Mujeres
Organizaciones:Xunta de Galicia, Traballo e Benestar
Ámbitos geográficos:Lugo
Valorar:
Compartir contenido