Ficha biblioteca

Noticia A Xunta ingresará máis de 10 M€ aos concellos galegos pola liquidación definitiva do Fondo de Cooperación Local de 2024
Avisar de errores Imprimir ficha
Contenido nuevo Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contenido
Información general
Fecha modificación10/03/2026 FuenteXunta de Galicia
Taxonomía
TemasAdministración local, Economía, empresa y empleo Tipo de contenidoNoticias ColectivosEntidades locales OrganizacionesXunta de Galicia Ámbitos geográficosGalicia
Descripción O Goberno galego segue a blindar o seu compromiso coas entidades locais,aumentando a dotación global do fondo nun 11,5 % respecto ao exercicio anterior
Detalles contenido
A Xunta ingresará máis de 10 M€ aos concellos galegos pola liquidación definitiva do Fondo de Cooperación Local de 2024 O Goberno galego segue a blindar o seu compromiso coas entidades locais,aumentando a dotación global do fondo nun 11,5 % respecto ao exercicio anterior
10/03/2026|Xunta de Galicia
  • Desde 2008 o FCL incrementouse un 57 %, pasando dos 119 millóns de euros aos 187 millóns deste ano

 A Xunta vai ingresar máis de 10 millóns de euros (10.004.659 €) aos concellos galegos pola liquidación definitiva do Fondo de Cooperación Local (FCL) do ano 2024. Así se desprende do informe presentado hoxe pola Consellería de Facenda e Administración Pública no Consello de Goberno.

A distribución do FCL entre fondo base e adicional establécese cada ano na lei de orzamentos xerais de Galicia e realízase un pagamento á conta sobre a estimación inicial do FCL. Dous anos despois, abóase a liquidación definitiva.

Con base nos últimos datos publicados polo Ministerio de Facenda, os concellos galegos reciben o 4,8 % dos recursos procedentes dos tributos do Estado cando representan o 5,7 % da poboación. Esta diferenza ten un maior impacto nos concellos máis pequenos, que son os que teñen máis dificultades para financiar a prestación dos seus servizos.

Para compensar esta desigualdade, e tendo en conta que 279 dos 313 concellos galegos teñen menos de 15.000 habitantes, a Xunta establece unha discriminación positiva a través do FCL, de tal maneira que estes concellos, que representan o 38,6 % da poboación, reciben un 78 % dos recursos procedentes da liquidación.

Deste xeito, a Xunta continúa mellorando o financiamento aos concellos de menos de 15.000 habitantes, cun incremento das entregas á conta de 5,3 millóns de euros con cargo ao fondo base. Tamén coa liquidación do fondo adicional, destinado exclusivamente a eles, con 4,7 millóns de euros.

Incremento do 57 % desde 2008

Desde o ano 2008 blíndase o financiamento dos concellos co incremento do orzamento do FCL ata o ano 2026 nun 57 %, que pasa dos 119 millóns de euros aos 187 millóns deste ano.

O Goberno galego segue a reforzar o seu compromiso coas entidades locais, aumentando neste exercicio a dotación global do fondo nun 11,5 % en relación co exercicio anterior e practicamente un 20 % no que vai de lexislatura.

Logo dunha análise comparativa co resto das comunidades, o informe conclúe que Galicia é a segunda comunidade que máis contribúe ao financiamento das corporacións locais a través de fondos incondicionados, segundo o Informe sobre o cumprimento do obxectivo de estabilidade 2025 da IGAE.

Novo modelo de financiamento local

Co fin de garantir a suficiencia económica dos concellos, a Xunta leva anos reclamándolle ao Goberno central a definición dun novo modelo de financiamento local que teña presentes as especiais características da comunidade, como a dispersión xeográfica ou o envellecemento, e que esa negociación se realice de forma paralela á do financiamento autonómico. Con todo, desde a Xunta xa se están a compensar estes desfases con transferencias ás entidades locais tanto co Fondo de Cooperación Local como con outras liñas de axudas específicas.

 

Temas:Administración local, Economía, empresa y empleo
Colectivos:Entidades locales
Organizaciones:Xunta de Galicia
Ámbitos geográficos:Galicia
Valorar:
Compartir contenido