Ficha biblioteca

Noticia A Deputación de Pontevedra publica a convocatoria e bases do Plan agrupado de formación continua para o ano 2026
Avisar de errores Imprimir ficha
Contenido nuevo Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contenido
Información general
Fecha modificación24/03/2026 FuenteBOP de Pontevedra
Taxonomía
TemasAdministración pública, Administración local, Enseñanza y formación Tipo de contenidoEventos, Cursos ColectivosEntidades locales, Empleados/as públicos/as OrganizacionesEntidades Locales, Diputación de Pontevedra Ámbitos geográficosPontevedra
Imagen del contenido
Descripción A formación continua e a actualización permanente das competencias profesionais constitúe tanto un dereito coma un principio de conduta das e dos empregados públicos e tamén unha ferramenta esencial no desenvolvemento da carreira profesional.
Detalles contenido
A Deputación de Pontevedra publica a convocatoria e bases do Plan agrupado de formación continua para o ano 2026 A formación continua e a actualización permanente das competencias profesionais constitúe tanto un dereito coma un principio de conduta das e dos empregados públicos e tamén unha ferramenta esencial no desenvolvemento da carreira profesional.
24/03/2026|BOP de Pontevedra

O Plan agrupado de formación continua da Deputación de Pontevedra é un instrumento básico para a mellora continua e a modernización dos servizos públicos. Neste sentido, esta resolución pon á disposición do persoal da institución provincial e das entidades que se adheriron a este plan un conxunto de accións formativas que mellore as súas competencias, co propósito de adecuar a capacidade profesional das persoas que prestan os seus servizos nas entidades locais da provincia de Pontevedra aos retos que esixe a sociedade actual e de se anticipar ás futuras necesidades.

Obxecto

O obxecto desta disposición é aprobar e darlle publicidade ao Plan agrupado de formación continua do ano 2026, que se recolle no anexo I, o cal define e especifica a oferta formativa para este ano e inclúe unha descrición de cada actividade formativa ofertada, as datas de realización e as condicións xerais de participación.

Persoas destinatarias

As persoas destinatarias das accións formativas son as e os empregados públicos pertencentes á Deputación de Pontevedra e o persoal das entidades da provincia de Pontevedra adheridas ao Plan agrupado de formación continua que se atopen en servizo activo ao inicio do curso ou estean gozando dun permiso por parto, adopción ou acollemento, tanto preadoptivo coma permanente ou simple, por adopción internacional ou en situación de excedencia por coidado de fillas, fillos e outros familiares, segundo se establece nos artigos 121.6 e 176.7 da Lei 2/2015, de 29 de abril, de emprego público de Galicia.

Actualmente, o Plan agrupado de formación continua está integrado polas seguintes entidades: os concellos de Agolada, Arbo, Baiona, Barro, Bueu, Caldas de Reis, Cambados, Campo Lameiro, Cangas, A Cañiza, Catoira, Cerdedo-Cotobade, Covelo, Crecente, Cuntis, Dozón, A Estrada, Forcarei, Fornelos de Montes, O Grove, Gondomar, A Guarda, A Illa de Arousa, A Lama, Lalín, Marín, Meaño, Meis, Moaña, Mondariz, Mondariz-Balneario, Moraña, Mos, Nigrán, As Neves, Oia, Pazos de Borbén, Poio, Ponteareas, Ponte Caldelas, Pontecesures, O Porriño, Portas, Redondela, Ribadumia, Rodeiro, O Rosal, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Sanxenxo, Silleda, Soutomaior, Tomiño, Tui, Valga, Vila de Cruces, Vilaboa, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa; así como a Mancomunidade do Salnés, a Mancomunidade do Val Miñor, a Escola de Enfermería, o Organismo Autónomo Terra de Sanxenxo e o persoal do Consorcio Provincial do Servizo de Extinción de Incendios e Salvamento.

Non poderán participar nas actividades formativas o seguinte persoal:

a) O directivo ou de alta dirección.

b) O corporativo.

c) O de obradoiros de emprego.

d) O que se atope en situación de incapacidade temporal. En caso de modificarse esta circunstancia, deberá notificarllo por escrito ao Servizo de Recursos Humanos e Formación da Deputación de Pontevedra para que actualice os seus datos e cubra a vacante para evitar a penalización, que supoñería a non admisión en ningunha outra actividade formativa no transcurso da convocatoria actual nin da seguinte.

Calendario

As actividades formativas levaranse a cabo nas datas detalladas no anexo I. Se fose preciso realizar algún cambio nas datas indicadas na programación, comunicarase con antelación suficiente.

Modalidades formativas

En función dos obxectivos de aprendizaxe previstos, as actividades formativas desta convocatoria poderanse desenvolver segundo algunha das seguintes modalidades:

• En liña: actividades desenvolvidas na plataforma de formación da Deputación de Pontevedra mediante canles electrónicas.

• Presencial: actividades que se imparten nunha aula onde o alumnado e o persoal docente comparten espazo físico común. Estas terán lugar, con carácter xeral, na cidade de Pontevedra.

• Semipresencial: combina as modalidades telepresencial (80 % das horas totais do curso) e en liña (20 % das horas totais do curso).

• Telepresencial: combina o estudo en liña coa interacción en tempo real que se obtén nunha aula tradicional. Neste formato, as e os participantes conéctanse a través da plataforma de formación da Deputación de Pontevedra sen estaren fisicamente na aula.

Forma de presentación de solicitudes

A solicitude de participación nunha actividade formativa supón a aceptación destas bases e das de desenvolvemento propias de cada actividade. Ademais, só se admitirán as solicitudes daquelas persoas que cumpran os requisitos establecidos nesta convocatoria.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por vía electrónica a través do formulario normalizado, dispoñible na Sede electrónica da Deputación de Pontevedra (https://sede.depo.gal), de acordo co establecido no artigo 14.2 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Para a presentación das solicitudes a Sede electrónica da Deputación de Pontevedra admite os certificados electrónicos do sistema Cl@ve, que contempla a utilización de sistemas de identificación baseados en claves concertadas (sistemas de usuario e contrasinal) e certificados electrónicos (incluído o DNIe).

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de inscrición comezará a partir do día seguinte ao da publicación destas bases no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) e rematará vinte (20) días naturais antes do inicio da acción formativa.

Temas:Administración pública, Administración local, Enseñanza y formación
Colectivos:Entidades locales, Empleados/as públicos/as
Organizaciones:Entidades Locales, Diputación de Pontevedra
Ámbitos geográficos:Pontevedra
Valorar:
Compartir contenido