Ficha biblioteca

Noticia A Xunta destina 3M€ dentro do Plan específico de acción comunitaria para o fomento de proxectos de entidades veciñais
Avisar de errores Imprimir ficha
Contenido nuevo Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contenido
Información general
Fecha modificación18/03/2026 FuenteDOG
Taxonomía
TemasAdministración local Tipo de contenidoNoticias, Ayudas y subvenciones ColectivosAsociaciones y ONGs, Entidades locales OrganizacionesXunta de Galicia, Dirección Xeral de Administración Local (DXAL) Ámbitos geográficosGalicia
Descripción Poderán ser beneficiarias das subvencións convocadas as asociacións de veciños, confederacións, federacións ou unións de asociacións de veciños de Galicia, comunidades de usuarios de augas debidamente inscritas no Rexistro público correspondente e asociacións de mulleres rurais de Galicia
Detalles contenido
A Xunta destina 3M€ dentro do Plan específico de acción comunitaria para o fomento de proxectos de entidades veciñais Poderán ser beneficiarias das subvencións convocadas as asociacións de veciños, confederacións, federacións ou unións de asociacións de veciños de Galicia, comunidades de usuarios de augas debidamente inscritas no Rexistro público correspondente e asociacións de mulleres rurais de Galicia
18/03/2026|DOG

Beneficiarias

Poderán ser beneficiarias das subvencións convocadas as asociacións de veciños, confederacións, federacións ou unións de asociacións de veciños de Galicia, comunidades de usuarios de augas debidamente inscritas no Rexistro público correspondente e asociacións de mulleres rurais de Galicia.

Obxecto

Poderán ser obxecto de subvención os gastos ocasionados como consecuencia de obras realizadas en inmobles de titularidade da entidade solicitante ou sobre os cales teña un dereito de uso por convenio ou por calquera outro título, así como a adquisición de equipamentos necesarios para o seu funcionamento, todos eles orientados ao cumprimento dos fins da entidade e o seu funcionamento ordinario, e as obras nas traídas de auga comunitarias.

Bases reguladoras

Orde do 10 de marzo de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións para o ano 2026, en réxime de concorrencia competitiva, dentro do Plan específico de acción comunitaria destinado a asociacións veciñais, confederacións, federacións ou unións de asociacións de veciños, comunidades de usuarios de augas e asociacións de mulleres rurais de Galicia (código de procedemento PR487A).

Importe

Para a concesión destas axudas destínase crédito por un importe total de tres millóns de euros (3.000.000,00 €), coa seguinte distribución inicial por liña de subvención:

Liña

Importe

Liña 1. Obras

2.600.000,00

Liña 2. Equipamentos

400.000,00

Total

3.000.000,00

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.

Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao de publicación, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

Temas:Administración local
Colectivos:Asociaciones y ONGs, Entidades locales
Organizaciones:Xunta de Galicia, Dirección Xeral de Administración Local (DXAL)
Ámbitos geográficos:Galicia
Valorar:
Compartir contenido