Curso monográfico de planificación estratéxica dirixido ao persoal da Administración local
Obxectivos
Os obxectivos do curso son dotar as persoas destinatarias dos coñecementos e ferramentas necesarios para comprender, participar e contribuír ao deseño, desenvolvemento e seguimento de procesos de planificación estratéxica, orientados a mellorar a acción pública e a capacidade das organizacións para responder os retos da contorna.
O curso busca reforzar a capacidade técnica das administracións locais para analizar o seu contexto, definir prioridades e traducir as estratexias institucionais en actuacións concretas, planificadas e avaliables.
Ao finalizar o curso as persoas participantes serán capaces de:
- • Comprender os fundamentos da planificación estratéxica e a súa utilidade para orientar a acción pública.
- • Identificar os principais actores e grupos de interese relevantes para a acción pública local e considerar as súas necesidades e expectativas.
- • Realizar un diagnóstico estratéxico da organización mediante a análise da contorna e das capacidades internas.
- • Comprender as fases e os elementos que estruturan un proceso de planificación estratéxica nas administracións públicas.
- • Formular misión, visión e obxectivos estratéxicos coherentes coas prioridades institucionais.
- • Definir liñas estratéxicas, actuacións e proxectos que permitan concretar a estratexia.
- • Deseñar plans de acción con indicadores e mecanismos de seguimento que faciliten a implementación e a avaliación do plan estratéxico.
- • Coñecer instrumentos de dirección e seguimento do plan, así como ferramentas para a identificación e a xestión de riscos.
- Unha vez completada a formación, as persoas participantes disporán dunha visión clara e práctica de como estruturar e xerarquizar un plan estratéxico, así como das competencias necesarias para realizar análises estratéxicas, concretar actuacións e contribuír ao desenvolvemento e ao seguimento dos plans estratéxicos no ámbito da Administración local.
Contidos
Este curso monográfico abordará os seguintes contidos:
– Módulo 1. Fundamentos da planificación estratéxica.
- • A planificación na xestión pública: sentido e utilidade.
- • Planificación tradicional e planificación estratéxica.
- • Estratexia e planificación: relación e complementariedade.
- • Tipoloxías de plans na Administración pública: estratéxicos, directores, sectoriais e transversais.
- • O ciclo das funcións directivas e a planificación.
– Módulo 2. O proceso de planificación estratéxica e a definición da estratexia.
- • Fases do proceso de elaboración dun plan estratéxico.
- • Actores implicados e organización do proceso.
- • Estrutura e xerarquía dos elementos do plan.
- • Misión, visión e valores como marco da estratexia.
- • Relación entre planificación estratéxica e xestión operativa.
– Módulo 3. A análise estratéxica.
- • Análise da contorna: dimensións política, social, económica e tecnolóxica.
- • Análise interna da organización: recursos, capacidades e procesos.
- • Análise da demanda cidadá: necesidades e expectativas.
- • Identificación de actores e grupos de interese.
- • Ferramentas para o diagnóstico estratéxico: matrices de análises, mapas de actores.
– Módulo 4. Deseño, desenvolvemento e seguimento do plan estratéxico.
- • Definición e priorización de liñas estratéxicas.
- • Formulación de obxectivos estratéxicos.
- • Tradución dos obxectivos en programas, actuacións e proxectos.
- • Planificación temporal e asignación de recursos.
- • Integración de obxectivos, actuacións e indicadores.
– Módulo 5. Seguimento e avaliación do plan estratéxico.
- • Sistemas de seguimento do plan.
- • Definición e uso de indicadores.
- • Avaliación de resultados e impactos.
- • Instrumentos de apoio ao seguimento: cadros de mando e sistemas de información.
- • Revisión e actualización do plan estratéxico.
Número de prazas
Vinte (20).
Persoas destinatarias
Persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración local de Galicia que se encadre nalgunha das seguintes categorías:
- a) Grupo A (subgrupos A1 ou A2) do persoal funcionario.
- b) Grupos I ou II do persoal laboral.
Desenvolvemento
- 1. Modalidade de impartición: presencial.
- 2. Datas de desenvolvemento: 16 e 17 de abril de 2026.
- 3. Horarios: de mañá e tarde o día 16 e só de mañá o día 17.
- 4. Lugar de desenvolvemento: Escola Galega de Administración Pública; rúa de Madrid, 2-4, Santiago de Compostela.
- 5. Horas lectivas: terá unha carga lectiva de trinta (30) horas (12 horas lectivas presenciais e 18 horas non presenciais de traballo autónomo do alumnado).
Inscrición
- 1. As solicitudes de participación nesta actividade formativa só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo
- As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación, que finalizará coa achega en prazo da documentación requirida e indicada no punto 6 desta base.
- 2. Antes de formalizar a súa inscrición nesta actividade, todas as persoas deben introducir ou actualizar os datos da súa área de matrícula, de acordo coas persoas destinatarias e criterios de selección establecidos nas bases cuarta e oitava, respectivamente, desta convocatoria.
- 3. As persoas que oculten ou falseen datos esenciais para a selección serán automaticamente excluídas da actividade solicitada e pasarán ao final das listaxes de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado desde que se detecte o feito.
- 4. As persoas interesadas deberán seleccionar primeiro a área en que está integrada esta actividade (Réxime xurídico e actividade financeira das administracións públicas) e, logo, seleccionar en «nome do curso»: Curso monográfico de planificación estratéxica dirixido ao persoal da Administración local.
- 5. O prazo para a inscrición permanecerá aberto desde as 9.00 horas do primeiro día hábil seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata as 23.59 horas do día 13 de abril de 2026.
Temas:Administración local, Enseñanza y formación
Colectivos:Entidades locales, Empleados/as públicos/as
Organizaciones:Xunta de Galicia, Organizaciones e Instituciones
Ámbitos geográficos:Galicia