Ficha biblioteca

Noticia Aberto o prazo de inscrición para a xornada de presentación da Estratexia galega de contratación pública
Avisar de errores Imprimir ficha
Contenido nuevo Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contenido
Información general
Fecha modificación07/04/2026 FuenteEGAP
Taxonomía
TemasContratación pública, Enseñanza y formación Tipo de contenidoEventos, Cursos ColectivosEmpleados/as públicos/as OrganizacionesXunta de Galicia, Organizaciones e Instituciones Ámbitos geográficosGalicia
Descripción Terá lugar o 23 de abril na EGAP e estará dirixida especialmente ao persoal empregado público
Detalles contenido
Aberto o prazo de inscrición para a xornada de presentación da Estratexia galega de contratación pública Terá lugar o 23 de abril na EGAP e estará dirixida especialmente ao persoal empregado público
07/04/2026|EGAP

 

  • Contará coa asistencia de expertos do eido académico e con persoal da Xunta, así como doutras comunidades

 

A Xunta de Galicia publica hoxe no DOG (https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260407/AnuncioO150-270326-0001_gl.html) a convocatoria para inscribirse na xornada de presentación da Estratexia galega de contratación pública que terá lugar o 23 de abril, na Escola Galega de Administración pública.

A xornada, dirixida especialmente ao persoal empregado público dedicado a labores de contratación pública, contará coa asistencia de expertos do eido académico e con persoal da Xunta, así como doutras comunidades.

A nova estratexia de contratación pública define as principais liñas de acción nesta materia para os vindeiros anos, partindo das peculiaridades territoriais, demográficas e de dispersión poboacional galegas. Así, un dos obxectivos definidos no documento é o fomento da contratación estratéxica, potenciando a participación na compra pública das pemes galegas, a través de diferentes accións, como programas formativos dirixidos a pequenas e medianas empresas e autónomos, a creación dun canal específico de asistencia e a inclusión de medidas de colaboración no eido da innovación.

Así mesmo, promove, por exemplo, a inclusión de criterios de proximidade e comercio local de produtos de tempada, frescos e procedentes de agricultura ecolóxica nas licitacións que inclúan alimentos. Ademais de dar prioridade á inclusión de criterios de calidade, para que a valoración da oferta económica non sexa o único criterio.

A Estratexia galega de contratación pública busca tamén mellorar a eficiencia dos procesos de contratación a través de accións que permitan detectar os puntos nos que resulte posible axilizar a tramitación dos expedientes, así como o incremento do uso de novos sistemas de contratación que permitan reducir os tempos de tramitación administrativa dos mesmos.

A redución das cargas para as empresas a través da contratación electrónica e o fomento do uso de ferramentas de automatización e de intelixencia artificial nos procedementos de contratación pública son outras prioridades.

A Estratexia aborda tamén a especialización do persoal empregado público dedicado á área de contratación pública, potenciando a formación específica en todos os aspectos relacionados con esta materia.

Por outra banda, recolle tamén un obxectivo estratéxico específico dirixido á compra pública sanitaria, incluíndo accións como o impulso dos plans de contratación centralizada de material sanitario ou formación específica para o persoal que intervén nestes procesos de compra pública.

Temas:Contratación pública, Enseñanza y formación
Colectivos:Empleados/as públicos/as
Organizaciones:Xunta de Galicia, Organizaciones e Instituciones
Ámbitos geográficos:Galicia
Valorar:
Compartir contenido