Curso práctico de intelixencia artificial xerativa aplicada ao sector científico e agroambiental
Persoas destinatarias: Persoal da Deputación de Pontevedra e dos concellos adheridos ao Plan agrupado de formación continua cuxos postos estean relacionados co contido do curso
Número de horas: 15
Datas: Do 11/05/2026 ao 14/05/2026 De 16:30 a 20:30 horas
Metodoloxía: Teórico-práctica
Obxectivos:
- O curso ten un enfoque eminentemente práctico, orientado a que as persoas participantes aprendan a integrar ferramentas de intelixencia artificial (IA) xerativa na súa rutina diaria de traballo
- Ao longo do curso traballarase con casos reais e exercicios guiados, adaptados a contextos técnicos, administrativos e divulgativos, priorizando sempre o criterio profesional e o uso responsable da IA
Contido:
Bloque 1. Introdución operativa á IA xerativa
- Que é a IA xerativa
- Fortalezas, limitacións e riscos
- Boas prácticas: verificación, trazabilidade e uso ético
- Como formular instrucións eficaces (a arte do promtping)
Bloque 2. Busca, análise e síntese de información científica e técnica
- Uso da IA para localizar bibliografía científica e técnica relevante
- Lectura asistida de artigos, informes e normativa extensa
- Extracción de ideas clave, conceptos e conclusións
- Elaboración de resumos executivos, fichas técnicas e esquemas comparativos
- Apoio á comprensión de textos complexos ou altamente especializados
Bloque 3. Automatización de tarefas repetitivas e documentación de traballo
- Xeración asistida de informes técnicos, táboas e listaxes estruturadas, esquemas e documentos de traballo
- Estandarización de documentos e modelos
- Revisión e mellora de documentos xa existentes
Bloque 4. Apoio á redacción de memorias, proxectos e documentación administrativa
- Apoio na redacción de memorias técnicas, proxectos e propostas e documentación administrativa
- Mellora do estilo: claridade, precisión e coherencia
- Adaptación da linguaxe a distintos públicos (técnico, político, divulgativo)
- Revisión crítica: detección de incoherencias, lagoas ou redundancias
Bloque 5. Comunicación de resultados e divulgación
- Uso da IA para redactar resumos divulgativos, preparar mensaxes clave e simplificar conceptos técnicos complexos
- Apoio á elaboración de materiais formativos
- Adaptación de contidos a distintos formatos e canles
Bloque 6. Imaxes, gráficos e presentacións asistidas por IA
- Xeración de imaxes mediante IA: ilustracións conceptuais, esquemas visuais e imaxes para divulgación ou formación
- Apoio da IA na creación de presentacións técnicas, diapositivas divulgativas e estruturas narrativas para presentacións
- Mellora visual de gráficos e mensaxes clave
Temas:Administración pública, Enseñanza y formación
Colectivos:Entidades locales, Empleados/as públicos/as
Organizaciones:Diputación de Pontevedra
Ámbitos geográficos:Pontevedra