Ficha biblioteca

Noticia A Xunta destinou máis de 90M€ ao apoio aos concellos en materia de emerxencias e protección civil nos últimos 10 anos
Avisar de errores Imprimir ficha
Contenido nuevo Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contenido
Información general
Fecha modificación16/04/2026 FuenteXunta de Galicia
Taxonomía
TemasAdministración local, Emergencias y seguridad Tipo de contenidoNoticias ColectivosCiudadanos/as, Entidades locales OrganizacionesXunta de Galicia Ámbitos geográficosGalicia
Descripción O director xeral de Emerxencias e Interior reafirmou no Parlamento o compromiso do Goberno galego cos servizos de emerxencias locais, que continuará este ano con distintas medidas
Detalles contenido
A Xunta destinou máis de 90M€ ao apoio aos concellos en materia de emerxencias e protección civil nos últimos 10 anos O director xeral de Emerxencias e Interior reafirmou no Parlamento o compromiso do Goberno galego cos servizos de emerxencias locais, que continuará este ano con distintas medidas
16/04/2026|Xunta de Galicia

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, destacou  no Parlamento o apoio da Xunta ás administracións locais en materia de emerxencias e protección civil, cun investimento superior aos 90 millóns de euros desde 2015 a través de diferentes liñas de actuación.

Así, nos últimos 10 anos, destináronse máis de 4 millóns de euros ao financiamento dos custes de funcionamento das agrupacións de voluntarios de protección civil e máis de 5,5 millóns de euros anuais para cofinanciar máis do 50% dos gastos de funcionamento dos Grupos de Emerxencias Supramunicipais (GES). A isto súmanse máis de 27 millóns de euros destinados á adquisición de equipamento e máis de 5 millóns de euros a actividades de formación. “Todo isto sen contar as colaboracións coas deputacións provinciais no financiamento dos consorcios contraincendios e salvamento”, apuntou.   

Segundo indicou, o material cedido suma máis de 250 vehículos, 210 remolques, 180 terminais de radiocomunicación, 34 autobombas, 18 furgóns de servizos varios con depósito e bomba de auga, 13 furgóns de útiles varios con material de intervención, 279 desfibriladores semiautomáticos, 74 embarcacións, 89 esparexedores de sal e 35 coitelas quitaneves, entre outros recursos. “Respóndese así tanto ao obxectivo de que todos os GES conten con vehículos de extinción de incendios e equipos de excarceración, como ao de que as agrupacións de voluntarios de protección civil conten co equipamento imprescindible para o seu funcionamento”, engadiu.

Neste marco de acción, salientou tamén a mellora da plataforma do Sistema Integrado de Protección Civil e Emerxencias de Galicia (Siproc), facilitándolles ás agrupacións a comunicación coa Administración e a realización de trámites. Nesta liña, avanzou que nas vindeiras semanas se poñerá en produción unha aplicación móbil que facilitará a carga de operativos de protección civil.

O director xeral reafirmou que neste ano a Xunta continuará apoiando os concellos. Así, referiuse a tres ordes de axudas que se publicarán proximamente: a de axudas ao funcionamento das agrupacións de voluntarios de protección civil, dotada con 370.000 euros, a da prestación do servizo de vixilancia, rescate e salvamento nos espazos acuáticos naturais e instalacións acuáticas descubertas, que suma 1,5 millóns de euros; e como novidade este ano, a orde para a elaboración e implantación de plans de protección civil para o risco de incendios forestais de ámbito municipal, dotada con 300.000 euros.

“A pesar de que as competencias directas na prestación dos servizos de protección civil e xestión de emerxencias corresponden ás administracións locais, a Xunta aposta por garantir a seguridade de toda a poboación, independentemente do seu lugar de residencia para a prestación dun servizo uniforme en todo o territorio”, apuntou. Como resultado, Galicia pasou de ter só sete parques de bombeiros nas grandes cidades a contar con 25 de cinco consorcios contraincendios e salvamento e máis de 30 GES, que se complementan con 237 agrupacións de voluntarios de protección civil.

Santiago Villanueva pechou a súa intervención avogando por que todas as administracións “reforcen o seu compromiso coa protección civil e a atención ás emerxencias, de cara a brindar o apoio necesario en termos de financiamento, recursos materiais e recoñecemento institucional”.

Temas:Administración local, Emergencias y seguridad
Colectivos:Ciudadanos/as, Entidades locales
Organizaciones:Xunta de Galicia
Ámbitos geográficos:Galicia
Valorar:
Compartir contenido