Ficha biblioteca

Evento Curso de prevención de riscos laborais. Nivel básico
Avisar de errores Imprimir ficha
Contenido nuevo Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contenido
Información general
Fecha modificación20/04/2026 FuenteBop de Ourense
Taxonomía
TemasAdministración pública, Administración local, Enseñanza y formación Tipo de contenidoEventos, Cursos ColectivosEntidades locales, Empleados/as públicos/as OrganizacionesDiputación de Ourense Ámbitos geográficosOurense
Descripción Este curso ten entre os seus obxectivos dotar as persoas participantes dos coñecementos técnicos necesarios para o desenvolvemento das funcións de nivel básico de prevención de riscos laborais.
Detalles contenido
LugarTeleformación OrganizadorDeputación de Ourense Fechas
DíaHora inicioHora fin
27/04/2026 9:00 13:30
04/05/2026 9:00 13:30
11/05/2026 9:00 13:30
18/05/2026 9:00 13:30
Evento

Curso de prevención de riscos laborais. Nivel básico

1. Persoas destinatarias

* Funcionarios/as e empregados/as das corporacións locais da provincia con funcións técnicas ou administrativas.

* Traballadores/as en xeral da Administración local de Ourense, interesados/as na materia obxecto deste curso.

* Delegados/as de prevención e membros dos comités de seguridade e saúde das corporacións locais.

2. Desenvolvemento

  • 2.1. Modalidade da acción formativa: híbrida (presencial e en liña).
  • 2.2. Duración: 34 horas (16 horas presenciais e 18 horas en liña).
  • 2.3. Datas de realización: do 27 de abril ao 18 de maio de 2026.
  • 2.4. Datas das sesións presenciais: 27 de abril e 4-11-18 de maio de 2026.
  • 2.5. Horario das sesións presenciais: os luns, de 9:00 a 13:30 horas.
  • 2.6. Lugares de realización: Plataforma de teleformación de Cualtis-Vitaly e aulas de Formación da Deputación de Ourense no Centro Cultural Marcos Valcárcel (rúa do Progreso, 30, 2º, Ourense)
  • 2.7. Prazas: 20 participantes.
  • 2.8. Número de edicións: unha.

3. Obxectivos.

  • * Dotar as persoas participantes dos coñecementos técnicos necesarios para o desenvolvemento das funcións de nivel básico de prevención de riscos laborais.
  • * Proporcionarlle aos/ás participantes uns coñecementos xerais e básicos sobre toda a normativa legal aplicable en materia de prevención de riscos laborais.
  • * Analizar cales son os principais riscos que se presentan nas diferentes tarefas e actividades profesionais que desenvolven os traballadores da Administración local e afondar nas medidas para a súa prevención.
  • * Coñecer todos os factores involucrados na protección fronte aos riscos laborais, os elementos básicos de xestión da prevención de riscos e os órganos específicos de participación dos traballadores nesta materia.

4. Programa

4.1. Conceptos básicos sobre seguridade e saúde no traballo.

4.1.1. O traballo e a saúde: os riscos profesionais. Factores de risco.

4.1.2. Danos derivados do traballo. Os accidentes no traballo e as enfermidades profesionais. Outras patoloxías derivadas do traballo.

4.1.3. Marco normativo básico en materia de prevención de riscos laborais. Dereitos e deberes básicos nesta materia.

4.2. Riscos xerais e a súa prevención.

4.2.1. Riscos vencellados ás condicións de seguridade.

4.2.2. Risos vencellados ao medio ambiente no traballo. Hixiene industrial.

4.2.3. Ergonomía e psicosocioloxía: a carga de traballo, a fatiga e a insatisfacción laboral.

4.2.4. Sistemas elementais de control de riscos.

4.2.5. Plans de emerxencia e evacuación. Manual de autoprotección.

4.2.6. O control da saúde dos traballadores.

4.3. Elementos básicos da xestión da prevención de riscos.

4.3.1. Organismos públicos relacionados coa seguridade e a saúde no traballo.

4.3.2. Organización do traballo preventivo: rutinas básicas.

4.3.3. Documentación: recollida, elaboración e arquivo.

4.4. Riscos específicos, xestión e a súa prevención na Administración local.

4.4.4.1. Organización da prevención na Administración pública. Responsabilidade e sancións.

4.4.2. Seguridade no traballo: lugares de traballo, máquinas e equipos. Risco eléctrico. Risco de incendio. Manipulación manual e mecánica de cargas. Mantemento preventivo.

4.4.3. Hixiene industrial: axentes físicos, químicos e biolóxicos. Fichas de seguridade de produtos químicos. Ventilación.

4.4.4. Ergonomía e psicosocioloxía: pantallas de visualización de datos (PVD). Carga física. Factores psicosociais.

4.4.5. Equipos de protección individual (EPI).

4.4.6. Almacenamento de materiais.

4.4.7. Avaliación de riscos e planificación da actividade preventiva.

4.5. Primeiros auxilios.

4.6. Módulo de igualdade: sensibilización en igualdade de xénero.

4.6.1. Conceptos básicos sobre igualdade de xénero.

4.6.2. A muller no ámbito laboral.

4.6.3. Medidas de igualdade na empresa.

4.6.4. Principio de apoderamento das mulleres.

4.6.5. Beneficios da igualdade.

4.6.6. Desigualdade no ámbito laboral. Segregación ocupacional.

4.6.7. Selección e contratación. Retribucións.

4.6.8. Clasificación profesional e avaliación de postos de traballo.

4.6.9. Promoción e desenvolvemento da carreira profesional.

4.6.10. Introdución á comunicación non sexista.

4.6.11. Linguaxe non sexista. Recomendacións.

4.6.12. A publicidade como instrumento de cambio.

5. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación das solicitudes para participar nesta acción formativa rematará o xoves 23 de abril de 2026.

Temas:Administración pública, Administración local, Enseñanza y formación
Colectivos:Entidades locales, Empleados/as públicos/as
Organizaciones:Diputación de Ourense
Ámbitos geográficos:Ourense
Valorar:
Compartir contenido