Ficha biblioteca

Noticia Preto de 200 agrupacións de voluntarios de Protección Civil benefícianse do apoio da Xunta para os seus gastos de funcionamento
Avisar de errores Imprimir ficha
Contenido nuevo Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contenido
Información general
Fecha modificación21/04/2026 FuenteDOG
Taxonomía
TemasAdministración local, Emergencias y seguridad Tipo de contenidoNoticias, Ayudas y subvenciones, Concesiones ColectivosAsociaciones y ONGs, Entidades locales OrganizacionesXunta de Galicia Ámbitos geográficosGalicia
Descripción O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución da convocatoria de subvencións dotada con 370.00 euros
Detalles contenido
Preto de 200 agrupacións de voluntarios de Protección Civil benefícianse do apoio da Xunta para os seus gastos de funcionamento O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución da convocatoria de subvencións dotada con 370.00 euros
21/04/2026|DOG
  • Están dirixidas ás entidades dos concellos de menos de 50.000 habitantes, mancomunidades ou agrupacións de municipios 
  • Desde o ano 2015, a Xunta investiu máis de 24 millóns de euros en material, gastos de funcionamento e formación destes colectivos

 

Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución da orde de axudas destinada a financiar os gastos de 196 agrupacións de persoal voluntario de protección civil (AVPC) dos concellos con menos de 50.000 habitantes, mancomunidades ou agrupacións de municipios inscritas no Rexistro de AVPC. A contía total destas subvencións ascende a 370.000 euros.

Por provincias, 62 colectivos da Coruña recibirán axudas por valor de máis de 115.500  euros, en Ourense hai 69 que suman un financiamento de case 135.000 euros, en Lugo son 33 agrupacións beneficiarias, cun orzamento de preto de 55.000 euros; e en Pontevedra, as axudas chegarán a 32 agrupacións, con máis de 65.200 euros.

As axudas poderanse destinar a necesidades como equipamento e vestimenta persoal de uniforme, así como a equipos de prevención e protección, e material informático e de comunicación, sempre que se trate de material funxible. Tamén son subvencionables os custos das actuacións levadas a cabo pola agrupación; da conservación, mantemento e alugamento da base e medios de intervencións; e da formación dos seus  membros, así como o pagamento de seguros do persoal voluntario.

A través desta medida, o Goberno galego colabora economicamente coas AVPC nos seus gastos correntes e contribúe ao seu funcionamento, pese a tratarse dunha competencia de carácter local. 

Apoio tamén á dotación de material

Esta orde de axudas anual súmase á liña de apoio específica para a dotación de material. A través de ambas as dúas, a Xunta quere promover a creación, o desenvolvemento e o equipamento das organizacións do voluntariado de Protección Civil, tal e como se establece na Lei de Emerxencias de Galicia.

Desde 2015, a Xunta investiu máis de 24 millóns de euros no apoio ás agrupacións de voluntarios de Protección Civil de Galicia, formadas por case 4.500 persoas. Desta cantidade, máis de 15 millóns destináronse a mellorar material e equipamento, 4 millóns a cubrir gastos de funcionamento e os 5 restantes a accións de formación.

Temas:Administración local, Emergencias y seguridad
Colectivos:Asociaciones y ONGs, Entidades locales
Organizaciones:Xunta de Galicia
Ámbitos geográficos:Galicia
Valorar:
Compartir contenido