Ficha biblioteca

Noticia A Xunta colabora cos concellos na mellora da oferta das súas bibliotecas e axencias de lectura
Avisar de errores Imprimir ficha
Contenido nuevo Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contenido
Información general
Fecha modificación23/04/2026 FuenteDOG
Taxonomía
TemasAdministración local, Bibliotecas Tipo de contenidoNoticias, Ayudas y subvenciones ColectivosEntidades locales OrganizacionesXunta de Galicia Ámbitos geográficosGalicia
Descripción O Diario Oficial de Galicia publica a resolución desta orde dotada con 424.000 euros para novidades editoriais e as súas coleccións bibliográficas
Detalles contenido
A Xunta colabora cos concellos na mellora da oferta das súas bibliotecas e axencias de lectura O Diario Oficial de Galicia publica a resolución desta orde dotada con 424.000 euros para novidades editoriais e as súas coleccións bibliográficas
23/04/2026|DOG

A Xunta de Galicia colaborará con preto de 200 concellos este ano a través das axudas, dotadas con 424.000 euros, para mellorar as coleccións bibliográficas e dotar de novidades editoriais as bibliotecas e axencias públicas de lectura municipais integradas na Rede de Bibliotecas de Galicia. 

Tal e como publicou o Diario Oficial de Galicia, a convocatoria resolta divídese en dúas liñas, unha para a adquisición de novidades editoriais en galego en formato físico e a outra para a mellora das coleccións bibliográficas. Coa primeira, a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude ofrece a un total de 185 concellos estas novidades editoriais en galego no momento da súa entrada no mercado, mediante un proceso de compra de libros en formato físico a cargo das entidades locais en función da demanda das súas bibliotecas e axencias de lectura.

A segunda liña continuará a mellorar as coleccións bibliográficas das bibliotecas e axencias de lectura públicas de 190 municipios. Así, a Xunta continúa a facilitar que os concellos actualicen os fondos de acordo coas necesidades dos usuarios das bibliotecas, garantindo así que os profesionais adquiran a as novidades de cara a completar e renovar as coleccións. 

Entidades beneficiarias

1. Poderán ser beneficiarias destas subvencións todas as entidades locais de Galicia que:

  • a) Sexan titulares de bibliotecas pública ou axencias de lectura integradas na Rede de bibliotecas públicas de Galicia.
  • b) Estean ao día no cumprimento das obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e que non teñan pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma, segundo o establecido no artigo 10 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, e no artigo 11 do Decreto 11/2009, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.
  • c) Remitisen ao Consello de Contas de Galicia a conta xeral do exercicio 2024, de acordo co establecido no artigo 4.1 do Decreto 193/2011, do 6 de outubro, polo que se regulan especialidades nas subvencións ás entidades locais galegas.

2. Tamén poderá ser beneficiaria destas axudas unha agrupación de concellos para a prestación de servizos bibliotecarios comúns. A dita agrupación deberá estar debidamente acreditada, e os concellos integrantes da agrupación deberán cumprir individualmente os requisitos establecidos na presente orde. Os concellos que se presenten en agrupación non poderán presentarse ademais de forma individual.

3. Non poderán ser beneficiarias destas axudas aquelas entidades locais que se atopen nalgún dos supostos previstos nos puntos 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Obxecto

  • 1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras do procedemento de concesión de subvencións dirixidas ás bibliotecas públicas e/ou axencias de lectura de titularidade municipal, integradas na Rede de bibliotecas públicas de Galicia (procedemento CT235A).
  • 2. Nesta orde regúlanse os seguintes dous programas de subvencións:
  • Programa A. Subvencións para a dotación de novidades editoriais en galego en formato físico.
  • Programa B. Subvencións para a mellora das coleccións bibliográficas.
  • 3. Así mesmo, ten por obxecto convocar as ditas subvencións para o ano 2026.

 Importe

Programa A. Subvencións para a dotación de novidades editoriais en galego en formato físico.

  • 1. Estas axudas concederanse con cargo á aplicación orzamentaria 13.03.432A.760.2 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2026, por un importe de 138.000,00 euros.
  • Programa B. Subvencións para a mellora das coleccións bibliográficas.
  • 2. Este programa de axudas concederase con cargo á aplicación orzamentaria 13.03.432A.760.1 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2026, por un importe de 286.000,00 euros.
  • 3. Estes importes iniciais poden ser ampliados en función das dispoñibilidades orzamentarias, o que poderá dar lugar ao incremento da contía total das subvencións, de acordo co disposto no artigo 31.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, sen que dea lugar á apertura dun novo prazo de presentación de solicitudes.

Prazo de presentación de solicitudes

As entidades locais que desexen acollerse ás subvencións reguladas nesta orde deberán presentar a solicitude coa indicación do programa ou programas en que desexan participar, segundo o modelo do anexo I.

O prazo de presentación de solicitudes comezará ás 9.00 horas do día 4 de maio de 2026 e rematará ás 20.00 horas do día 4 de xuño de 2026, ambos incluídos.

Temas:Administración local, Bibliotecas
Colectivos:Entidades locales
Organizaciones:Xunta de Galicia
Ámbitos geográficos:Galicia
Valorar:
Compartir contenido