Ficha biblioteca

Noticia A Xunta aproba unha segunda convocatoria 2026-2027 dos Obradoiros duais de emprego para acadar un cento de proxectos e 2.000 persoas desempregadas beneficiadas
Avisar de errores Imprimir ficha
Contenido nuevo Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contenido
Información general
Fecha modificación28/04/2026 FuenteXunta de Galicia
Taxonomía
TemasAdministración pública, Administración local, Economía, empresa y empleo Tipo de contenidoNoticias, Ayudas y subvenciones ColectivosCiudadanos/as, Desempleados/as, Entidades locales OrganizacionesXunta de Galicia Ámbitos geográficosGalicia
Descripción O Consello de Goberno coñeceu a segunda orde deste ano dirixida a concellos por 8,2 M€, coa cales se prevén 16 accións de 9 meses de duración para máis de 320 persoas, tras resolverse a primeira con 82 achegas concedidas en beneficio dunhas 1.700 persoas
Detalles contenido
A Xunta aproba unha segunda convocatoria 2026-2027 dos Obradoiros duais de emprego para acadar un cento de proxectos e 2.000 persoas desempregadas beneficiadas O Consello de Goberno coñeceu a segunda orde deste ano dirixida a concellos por 8,2 M€, coa cales se prevén 16 accións de 9 meses de duración para máis de 320 persoas, tras resolverse a primeira con 82 achegas concedidas en beneficio dunhas 1.700 persoas
28/04/2026|Xunta de Galicia
  • Búscase garantir o máximo impacto destes programas que combinan formación, traballo efectivo e incentivos á inserción, o que posibilitará chegar a máis entidades locais co conseguinte aumento de cobertura e reforzo da cohesión social e territorial
  • Na liña das novidades da primeira convocatoria, 3,3 M€ serán para obradoiros que impartan certificados profesionais relacionados coa prevención e extinción de incendios forestais, incluída a recuperación de soutos e xestión de frondosas autóctonas
  • Como evolución destes obradoiros, o Consello tamén analizou un novo modelo piloto de formación e emprego que aposta pola colaboración público-privada e arranca cun convenio para a prevención e recuperación de terreos afectados polo lume en Vigo

 O Consello da Xunta aprobou hoxe unha segunda convocatoria 2026-2027 da orde de axudas destinada á posta en marcha de obradoiros duais, programas que combinan formación teórica e eminentemente práctica con traballo efectivo en beneficio das respectivas contornas e incentivos para a posterior inserción laboral, o que confirma o aumento dos dirixidos ás empresas e a incorporación dos concibidos para os propios concellos. Tras a primeira publicada o pasado mes de novembro por 48,1 M€ —que se acaba de resolver con 83 achegas concedidas para desenvolver outras tantas accións nas cales participarán unhas 1.700 persoas desempregadas—, en maio sairá unha nova orde por 8,2 M€, coa que se prevé realizar outros 16 obradoiros para máis de 320 persoas, tamén de nove meses de duración. En total, un cento de proxectos e arredor de 2.000 persoas beneficiarias.

A finalidade é garantir o máximo impacto das políticas activas de emprego, o que posibilitará que aquelas entidades locais que non resultaron beneficiarias na primeira convocatoria poidan selo nesta segunda, co consecuente incremento na cobertura e reforzo da cohesión social e territorial.

No marco desta ampliación, e na mesma liña das novidades introducidas na primeira, destinaranse 3,3 M€ a obradoiros que impartan certificados profesionais da familia profesional agraria e da de seguridade e medio ambiente relacionadas coa prevención e extinción de incendios forestais. Incluiranse nesta reserva os programas que teñan como obxecto a recuperación dos soutos e os de xestión de masas consolidadas de frondosas autóctonas. Estes programas completaranse con outros orientados a cubrir necesidades clave de man de obra en cada municipio, como poden ser a construción ou a atención sociosanitaria.

Detalles da convocatoria

Os proxectos de obradoiros duais de emprego poden ser promovidos polos concellos, mancomunidades de municipios ou entidades públicas dependentes ou vinculadas a estas entidades. Trátase de programas públicos de emprego-formación que teñen por finalidade mellorar a ocupabilidade das persoas desempregadas mediante a realización de obras ou a prestación de servizos de interese xeral e social que lles posibiliten a realización dun traballo efectivo que, xunto coa formación profesional para o emprego recibida, relacionada directamente co dito traballo, procure a súa cualificación profesional e favoreza a súa inserción no mercado de traballo.

Cada proxecto contará cun grupo máximo de 20 participantes e terá unha duración de nove meses. A selección do alumnado priorizará aquelas persoas con especiais dificultades de inserción laboral, como mulleres, vítimas de violencia de xénero, emigrantes retornados, persoas desempregadas de longa duración, maiores de 52 anos ou persoas sen titulación superior, así como persoas con discapacidade ou beneficiarias da renda básica de inserción.

Igual que na primeira convocatoria, primaranse os obradoiros duais de emprego que impartan formación en certificados profesionais da familia agraria e de seguridade e medio ambiente ou que inclúan obras ou servizos vinculados ao ámbito da prevención de lumes e restauración dos territorios afectados por incendios forestais no ano 2025, ademais dos promovidos por concellos resultantes de fusión.

Canto aos incentivos, volverán ser de 3.000 euros por persoa contratada nas empresas e manteñen unha compensación de 1.500 euros aos concellos por cada alumno ou alumna contratado/a tras finalizar o obradoiro. A Xunta asume tanto o financiamento da formación como os custos salariais derivados dos contratos do alumnado traballador.

Novo piloto de colaboración público-privada

Como evolución dos obradoiros, o Consello da Xunta de hoxe tamén coñeceu un novo modelo piloto de formación e emprego que aposta pola colaboración público-privada para axustar a formación de xeito específico ao territorio en que se vai actuar ou ao sector a que se busca dar resposta, con propostas non formais deseñadas ad hoc para obter a máxima eficacia. O primeiro convenio asinarase coa Mancomunidade de Montes de Vigo para desenvolver un programa orientado á prevención e recuperación de terreos afectados polos incendios nos montes periurbanos vigueses.

Temas:Administración pública, Administración local, Economía, empresa y empleo
Colectivos:Ciudadanos/as, Desempleados/as, Entidades locales
Organizaciones:Xunta de Galicia
Ámbitos geográficos:Galicia
Valorar:
Compartir contenido