Ficha biblioteca

Noticia A Deputación de Ourense destina 100.000 € a concellos de - 5.000 hab, para confeccionar a cartografía dixital o rueiro municipal e elaborar e colocar placas de identificación
Avisar de errores Imprimir ficha
Contenido nuevo Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contenido
Información general
Fecha modificación30/04/2026 FuenteBop de Ourense
Taxonomía
TemasAdministración dixital, Administración local, Territorio, vivienda y transporte Tipo de contenidoNoticias, Ayudas y subvenciones ColectivosEntidades locales OrganizacionesDiputación de Ourense Ámbitos geográficosOurense
Descripción A Deputación de Ourense publica hoxe no BOP a convocatoria do concurso público para a concesión de subvencións a concellos da provincia de Ourense de menos de 5.000 habitantes, para a confección de cartografía dixital do rueiro municipal e elaboración e colocación de placas de identificación, correspondentes ao exercicio 2026
Detalles contenido
A Deputación de Ourense destina 100.000 € a concellos de - 5.000 hab, para confeccionar a cartografía dixital o rueiro municipal e elaborar e colocar placas de identificación A Deputación de Ourense publica hoxe no BOP a convocatoria do concurso público para a concesión de subvencións a concellos da provincia de Ourense de menos de 5.000 habitantes, para a confección de cartografía dixital do rueiro municipal e elaboración e colocación de placas de identificación, correspondentes ao exercicio 2026
30/04/2026|Bop de Ourense

Beneficiarios:

Poderán ser beneficiarios das subvencións concedidas ao abeiro desta convocatoria, os concellos da provincia de Ourense de menos de 5.000 habitantes.

Obxecto:

O obxecto destas bases é a regulación da tramitación e concesión, por parte da Deputación Provincial de Ourense, de subvencións a concellos de menos de 5.000 habitantes, mediante convocatoria pública e a través do procedemento de concorrencia non competitiva, coa finalidade de colaborar economicamente na confección de cartografía dixital do rueiro municipal, así como a elaboración e colocación de placas de identificación coa numeración do rueiro, no exercicio 2026.

Bases reguladoras:

Acordo da Xunta de Goberno do 27 de abril de 2026 polo que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria do concurso público para a concesión de subvencións a concellos da provincia de Ourense de menos de 5.000 habitantes, para a confección de cartografía dixital do Rueiro Municipal e elaboración e colocación de placas de identificación, correspondentes ao exercicio 2026.

 Importe e dispoñibilidade orzamentaria:

A contía das subvencións obxecto desta convocatoria consistirá nunha porcentaxe do orzamento dos proxectos seleccionados, podendo acadar, como máximo, o 50 % do custo total de cada proxecto.

Sen prexuízo do anterior, ningún beneficiario poderá obter, ao abeiro desta convocatoria, subvención por importe superior a 10.000 €.

O financiamento das subvencións reguladas nesta convocatoria realizarase con cargo á aplicación 45012/46221, ata o esgotamento do crédito orzamentario.

A contía máxima dispoñible para a concesión destas subvencións é de cen mil euros (100.000,00 euros).

Prazo de presentación de solicitudes:

O prazo improrrogable de presentación iniciarase o día 8 de maio de 2026, a partir das 08:00 horas, e rematará o 8 de xuño de 2026 ás 23:59 horas, sendo este o derradeiro día e hora no que poderán presentarse validamente as solicitudes.

As solicitudes presentadas antes ou despois das datas e horas indicadas nesta base, consideraranse presentadas de forma extemporánea e, en consecuencia, serán inadmitidas a trámite.

Temas:Administración dixital, Administración local, Territorio, vivienda y transporte
Colectivos:Entidades locales
Organizaciones:Diputación de Ourense
Ámbitos geográficos:Ourense
Valorar:
Compartir contenido