Beneficiarios:
Poderán ser beneficiarios desta convocatoria, os concellos da provincia de Ourense de poboación inferior a 20.000 habitantes.
Obxecto:
O obxecto destas bases é a regulación da tramitación e concesión, mediante convocatoria pública e a través do procedemento de concorrencia competitiva, de subvencións aos concellos da provincia de Ourense, de menos de 20.000 habitantes para a realización de obras de rehabilitación e/ou melloras da habitabilidade de vivendas e/ou adquisición de vivendas destinadas ao alugueiro residencial.
Para estes efectos, recóllense as seguintes actuacións de subvencións a concellos da provincia de Ourense:
- Realización de obras de rehabilitación e reparación de vivendas de titularidade municipal cuxo destino sexa de alugueiro, para uso como vivenda habitual.
- Adquisición e/ou reforma, e/ou melloras de vivendas, cuxo destino sexa o alugueiro para uso como vivenda habitual.
Bases reguladoras:
Acordo da Xunta de Goberno do 27 de abril de 2026 polo que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións aos concellos da provincia de Ourense, de menos de 20.000 habitantes para a realización de obras de rehabilitación e/ou melloras da habitabilidade de vivendas e/ou adquisición de vivendas destinadas ao alugueiro residencial.
Importe:
O financiamento das subvencións reguladas nesta convocatoria realizarase con cargo á aplicación 94202/76200 dos orzamentos da Deputación Provincial de Ourense para o exercicio 2026.
A contía máxima dispoñible para a concesión destas subvencións é de 1.200.000,00 euros.
Prazo de presentación de solicitudes:
O prazo para a presentación das solicitudes será de dous meses dende o día seguinte ao da publicación pola Base de Datos Nacional de Subvencións do extracto da convocatoria e das bases reguladoras no Boletín Oficial da Provincia (BOP).