Ficha biblioteca

Noticia A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia convoca novas probas para obter a certificación galega de competencias dixitais no nivel iniciación
Avisar de errores Imprimir ficha
Contenido nuevo Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contenido
Información general
Fecha modificación05/05/2026 FuenteXunta de Galicia
Taxonomía
TemasAdministración dixital, Enseñanza y formación Tipo de contenidoEventos, Cursos ColectivosCiudadanos/as, Empleados/as públicos/as OrganizacionesXunta de Galicia, Modernización e Innovación Tecnolóxica (Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia) Ámbitos geográficosGalicia
Descripción As probas realizaranse os días 17, 18 e 19 de xuño de forma presencial nas aulas CeMIT de 46 concellos de toda Galicia.
Detalles contenido
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia convoca novas probas para obter a certificación galega de competencias dixitais no nivel iniciación As probas realizaranse os días 17, 18 e 19 de xuño de forma presencial nas aulas CeMIT de 46 concellos de toda Galicia.
04/05/2026|Xunta de Galicia
  • As inscricións poden realizarse desde este luns 4 de maio, ata o mércores 13
  • Esta certificación acredita o nivel de competencia das persoas na utilización das tecnoloxías dixitais no eido persoal, social e profesional

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) abre mañá luns, 4 de maio, o período de inscrición para que 1.259 persoas poidan obter a Certificación galega en competencias dixitais (ComDix), no seu nivel Iniciación. As probas faranse en 46 localidades con aula CeMIT.

Esta convocatoria está aberta a toda a cidadanía e ten como finalidade acreditar os coñecementos, habilidades e aptitudes necesarias para utilizar as tecnoloxías dixitais, tanto a nivel persoal como social e profesional.

As probas realizaranse os días 17, 18 e 19 de xuño, repartidas en 98 quendas que abarcan diferentes horarios de mañá (ás 10 e ás 12 horas) e de tarde (16,30 horas) para poder así facilitar a asistencia das persoas interesadas.

Os lugares e datas concretas cos seus horarios pódense consultar na páxina web da rede CeMIT (https://cemit.xunta.gal), así como a información sobre a tramitación e inscrición neste proceso.

Tras a finalización do prazo de inscrición, e logo da publicación do listado definitivo, no caso de que existan prazas vacantes abrirase un período extraordinario para a súa adxudicación mediante solicitude dos participantes que figuren nos listados de espera.

Contidos online e avaliación

Na plataforma de teleformación da Rede CeMIT pódense atopar en liña os contidos formativos para a preparación da proba, que abarcan as 5 áreas e as 21 competencias definidas no Marco Galego de Competencias Dixitais.

Para obter o certificado ComDix Iniciación é preciso superar na proba un cuestionario de entre 60 e 70 preguntas tipo test que inclúe a avaliación das 21 competencias que establece o Marco Galego ComDix.

 Novas convocatorias neste ano 2026

Durante o segundo semestre deste ano, está previsto publicar no Diario Oficial de Galicia novas convocatorias para obter a certificación de competencias dixitais (ComDix).

A previsión é convocar o ComDix no seu nivel Intermedio a mediados do mes de outubro e, no seu nivel Iniciación, a primeira semana de decembro. As datas exactas, xunto coas bases da convocatorias, está previsto publicalas a primeiros do mes de setembro.

 

Temas:Administración dixital, Enseñanza y formación
Colectivos:Ciudadanos/as, Empleados/as públicos/as
Organizaciones:Xunta de Galicia, Modernización e Innovación Tecnolóxica (Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia)
Ámbitos geográficos:Galicia
Valorar:
Compartir contenido