Ficha biblioteca

Evento Curso de prevención de riscos laborais no sector da construción
Avisar de errores Imprimir ficha
Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contenido
Información general
Fecha modificación05/05/2026 FuenteBop de Ourense
Taxonomía
TemasAdministración pública, Administración local, Enseñanza y formación Tipo de contenidoEventos, Cursos ColectivosEntidades locales, Empleados/as públicos/as OrganizacionesXunta de Galicia, Entidades Locales Ámbitos geográficosGalicia
Descripción Este curso vai dirixido aos Traballadores/as da Área de Infraestruturas e do Parque de Maquinaria da Deputación Provincial, así como das demais entidades locais da provincia que desenvolvan actividades relacionadas coas obras públicas.
Detalles contenido
LugarAulas do Centro Cultural Marcos Valcárcel Ourense OrganizadorDeputación de Ourense Fechas
DíaHora inicioHora fin
25/05/2026 8:30 14:30
01/06/2026 8:30 14:30
08/06/2026 8:30 14:30
15/06/2026 8:30 14:30
22/06/2026 8:30 14:30
29/06/2026 8:30 14:30
Evento

Curso de prevención de riscos laborais no sector da construción

1. Persoas destinatarias

  • * Traballadores/as da área de Infraestruturas e do Parque de Maquinaria da Deputación Provincial, así como das demais entidades locais da provincia que desenvolvan actividades relacionadas coas obras públicas.
  • * Vixilantes, celadores/as, capataces, choferes, condutores/as, maquinistas, oficiais, legoeiros/as e persoal das entidades locais con funcións ou postos de traballo dentro das brigadas e servizos de vías e obras das corporacións locais.

2. Desenvolvemento

  • 2.1. Modalidade da acción formativa: Híbrida (presencial e en liña).
  • 2.2. Duración: 63 horas.
  • 2.3. Datas de realización: do 25 de maio ao 29 de xuño de 2026.
  • 2.4. Días das sesións presenciais: 25 de maio e 1-8-15-22-29 de xuño de 2026.
  • 2.5. Horario das sesións presenciais: de 8:30 a 14:30 horas, luns.
  • 2.6. Lugar: Aulas do Centro Cultural Marcos Valcárcel (rúa do Progreso, 30, Ourense).
  • 2.7. Prazas: 20 participantes.
  • 2.8. Número de edicións: unha.

3. Obxectivos

  • * Proporcionarlles aos/ás participantes unhas nocións básicas sobre toda a normativa legal aplicable en materia de prevención de riscos laborais e, de modo especial, sobre a que se refire á seguridade e saúde nas obras de construción.
  • * Analizar cales son os principais riscos que presentan as diferentes tarefas e actividades da construción que realizan os/as traballadores/as das brigadas e servizos de vías e obras da Administración local e afondar nas medidas para a súa prevención.
  • * Estudar todos os elementos e factores involucrados na protección fronte aos riscos laborais no sector da construción, e coñecer os equipos de protección individual e colectiva, así como a importancia e obrigas do seu uso.
  • * Mentalizar os/as traballadores/as da importancia que ten o mantemento da maquinaria, concienciándoos da importancia das revisións periódicas seguindo as instrucións do fabricante, para así manter en perfecto funcionamento todos os sistemas de seguridade.

4. Programa

4.1. Conceptos básicos sobre seguridade e saúde.

4.1.1. O traballo e a saúde. Os riscos profesionais. Factores de risco.

4.1.2. Danos derivados do traballo. Os accidentes de traballo e as enfermidades profesionais. Outras patoloxías derivadas do traballo.

4.1.3. Marco normativo básico en materia de prevención de riscos laborais. Deberes e obrigacións básicas nesta materia.

4.2. Riscos xerais e a súa prevención.

4.2.1. Riscos ligados ás condicións de seguridade.

4.2.2. Riscos ligados ao medio ambiente do traballo. A carga de traballo, a fatiga e a insatisfacción laboral.

4.2.3. Sistemas elementais do control de riscos. Medios de protección colectiva e equipos de protección individual.

4.2.4. Plans de emerxencia e evacuación.

4.2.5. O control da saúde dos/as traballadores/as.

4.3. Riscos específicos e a súa prevención no sector da construción.

4.3.1. Diferentes fases da obra e as súas proteccións correspondentes (redes, varandas, estadas, plataformas de traballo, escaleiras, etc.).

4.3.2. Implantación de obra. Locais hixiénico-sanitarios, instalacións provisionais, etc.

4.4. Elementos básicos de xestión da prevención de riscos.

4.4.1. Organismos públicos relacionados coa seguridade e saúde no traballo.

4.4.2. Organización preventiva do traballo: rutinas básicas.

4.4.3. Documentación: recollida, elaboración e arquivo.

4.4.4. Representación dos/as traballadores/as. Dereitos e obrigacións (delegados/as de prevención, comité de seguridade e saúde, traballadores designados, etc.).

4.5. Primeiros auxilios.

4.5.1. Primeiros auxilios.

4.5.2. Procedementos xerais.

4.5.3. Plan de actuación.

4.6. Módulo de igualdade.

4.6.1. Conceptos básicos.

4.6.1.1. Homes e mulleres: diferentes pero iguais.

4.6.2. Igualdade legal e igualdade real.

4.6.2.1. O principio de igualdade.

4.6.3. Tipos de discriminación.

4.6.3.1. Usos e costumes.

4.6.4. Políticas e plans de igualdade de oportunidades entre homes e mulleres.

4.6.4.1. Emprego.

4.6.4.2. Educación.

4.6.4.3. Saúde.

4.6.4.4. Lexislación relativa á igualdade de oportunidades.

4.6.5. O sexismo na comunicación humana.

4.6.5.1. Comunicación humana e cultura.

4.6.5.2. A imaxe das mulleres na publicidade.

4.6.5.3. Alternativas para unha comunicación verbal non sexista.

5. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación das solicitudes para participar nesta acción formativa rematará o martes 18 de maio do 2026.

Temas:Administración pública, Administración local, Enseñanza y formación
Colectivos:Entidades locales, Empleados/as públicos/as
Organizaciones:Xunta de Galicia, Entidades Locales
Ámbitos geográficos:Galicia
Valorar:
Compartir contenido