Ficha biblioteca

Noticia A Xunta proporciona máis de 40 servizos dixitais gratuítos aos concellos para impulsar a súa transformación e garantir a igualdade territorial
Avisar de errores Imprimir ficha
Contenido nuevo Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contenido
Información general
Fecha modificación07/05/2026 FuenteXunta de Galicia
Taxonomía
TemasAdministración dixital Tipo de contenidoNoticias ColectivosCiudadanos/as, Entidades locales OrganizacionesXunta de Galicia, Modernización e Innovación Tecnolóxica (Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia) Ámbitos geográficosGalicia
Descripción O director da Amtega destacou esta mañá no Parlamento o papel clave deste catálogo para conseguir unha dixitalización inclusiva e a importancia da colaboración institucional no seu desenvolvemento
Detalles contenido
A Xunta proporciona máis de 40 servizos dixitais gratuítos aos concellos para impulsar a súa transformación e garantir a igualdade territorial O director da Amtega destacou esta mañá no Parlamento o papel clave deste catálogo para conseguir unha dixitalización inclusiva e a importancia da colaboración institucional no seu desenvolvemento
07/05/2026|Xunta de Galicia
  • O acceso á Rede Corporativa, a conexión á rede estatal SARA, ás plataformas de contratación e interoperabilidade ou á  sinatura electrónica facilitan aos concellos a xestión dixital
  • Os sistemas de ciberseguridade, de xestión do territorio e a Rede de aulas públicas CeMIT reforzan a protección fronte ás ciberameazas, a coordinación e a capacitación dixital da cidadanía

 

O director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Damián Rey, destacou esta mañá na súa comparecencia ante a Comisión 3ª do Parlamento de Galicia que a Xunta pon a disposición das entidades locais e das Deputacións un catálogo de servizos dixitais que supera o medio cento de solucións, das que máis de 40 se prestan de maneira totalmente gratuíta aos concellos.

Segundo explicou, este catálogo constitúe “un instrumento clave para impulsar a transformación dixital das administracións locais e garantir a igualdade de dereitos en todo o territorio”, permitindo que todos os concellos, independentemente do seu tamaño ou recursos, accedan a ferramentas tecnolóxicas avanzadas sen custo.

Rey subliñou que “este modelo evita que as entidades locais teñan que asumir investimentos en sistemas complexos e favorece unha xestión máis eficiente”.  O director da Axencia puxo en valor que esta iniciativa é froito dunha colaboración institucional consolidada desde 2010 a través dun convenio coa Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), baixo a premisa de “non deixar a ninguén atrás”.

O catálogo abrangue servizos en ámbitos como a administración dixital, a xestión do territorio, a ciberseguridade e a capacitación cidadá. 

No ámbito da administración dixital, o máximo responsable da Axencia autonómica, destacou que hoxe todos os concellos e as catro deputacións están integrados na Rede Corporativa da Xunta, o que lles proporciona conectividade segura de alta capacidade con servizos de datos, internet e telefonía.

Ademais, 316 entidades están conectadas á rede SARA, o que facilita a súa interconexión co resto das administracións públicas. Un total de 259 entidades empregan a Plataforma de Contratos Públicos de Galicia, mentres que 125 utilizan o sistema de licitación electrónica SiLEX. Tamén 127 entidades fan uso da plataforma de intermediación pasaXe! para o intercambio de información administrativa.

En materia de identidade dixital, 284 entidades dispoñen de servizos de certificación con máis de 1.000 certificados en vigor, e no ámbito das relacións coa cidadanía, 77 concellos utilizan o sistema de notificación electrónica Notifica.gal, mentres que 114 empregan o Rexistro das policías locais.

No ámbito da ciberseguridade, Rey destacou que a Xunta ofrece ás entidades locais ferramentas avanzadas, apoio técnico continuo e formación, coordinado por unha Oficina Técnica de Seguridade. 

Grazas a esta colaboración, en 2025 xeráronse máis de 4.000 alertas e xestionáronse arredor de 9.000 incidentes e formouse a máis de 1.000 empregados públicos nesta materia.

No eido do territorio, o director da Amtega destacou ferramentas como a Rede Galega de Emerxencias, con máis de 1.000 usuarios en 125 concellos, así como o visor de franxas secundarias (Xesbio2), o Rexistro de Informes de Avaliación de Edificios (REGIAE) ou o rexistro de licenzas de taxi.

Damián Rey destacou tamén o papel da Rede de Aulas CeMIT como instrumento clave de capacitación dixital da cidadanía, con 93 centros en 90 concellos e máis de 130.000 persoas usuarias.

O director da Amtega rematou a súa intervención facendo fincapé en que a transformación dixital das entidades locais “é un proxecto de país” baseado na igualdade, na cohesión e na colaboración institucional, e destacou que Galicia conta cun modelo consolidado que seguirá evolucionando para dar resposta aos novos retos tecnolóxicos.

Temas:Administración dixital
Colectivos:Ciudadanos/as, Entidades locales
Organizaciones:Xunta de Galicia, Modernización e Innovación Tecnolóxica (Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia)
Ámbitos geográficos:Galicia
Valorar:
Compartir contenido