Ficha biblioteca

Noticia A Xunta reúnese cos Colexios de Secretarios, Interventores e Tesoureiros para abordar as súas achegas á reforma da Lei de Administración Local de Galicia
Avisar de errores Imprimir ficha
Contenido nuevo Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contenido
Información general
Fecha modificación11/05/2026 FuenteXunta de Galicia
Taxonomía
TemasAdministración local Tipo de contenidoNoticias, Normativa ColectivosEntidades locales, Interventores/as, Secretarios/as, Empleados/as públicos/as OrganizacionesXunta de Galicia, Dirección Xeral de Administración Local (DXAL) Ámbitos geográficosGalicia
Descripción A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, mantivo un encontro con representantes dos Colexios Territoriais de Secretarios, Interventores e Tesoureiros da Administración Local da Coruña-Pontevedra, Ourense e Lugo, no marco do proceso de escoita e diálogo continuo para contribuír a enriquecer o texto e acadar o máximo consenso posible
Detalles contenido
A Xunta reúnese cos Colexios de Secretarios, Interventores e Tesoureiros para abordar as súas achegas á reforma da Lei de Administración Local de Galicia A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, mantivo un encontro con representantes dos Colexios Territoriais de Secretarios, Interventores e Tesoureiros da Administración Local da Coruña-Pontevedra, Ourense e Lugo, no marco do proceso de escoita e diálogo continuo para contribuír a enriquecer o texto e acadar o máximo consenso posible
11/05/2026|Xunta de Galicia
  • Entre as novidades do anteproxecto, inclúense medidas innovadoras como as agrupacións de municipios para compartir persoal municipal, ata agora soamente previsto para funcionarios habilitados nacionais, ou as áreas funcionais de carácter temporal

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, reuniuse hoxe con representantes dos Colexios Territoriais de Secretarios, Interventores e Tesoureiros da Administración Local (Cosital) da Coruña-Pontevedra, Ourense, e Lugo, co obxectivo de abordar as súas achegas ao anteproxecto da Lei de Administración Local de Galicia. A reunión enmárcase no proceso continuo de escoita e diálogo e de colaboración institucional no que a Administración autonómica vén traballando para seguir enriquecendo o texto coas achegas construtivas que se realicen.

O anteproxecto da nova lei é froito dun proceso participativo que recolle a maioría das demandas trasladadas polo municipalismo e durante o actual proceso de tramitación preténdese escoitar todas as achegas para acadar o máximo consenso posible. De feito, a Xunta está avaliando as alegacións recibidas por parte de distintas entidades co obxectivo de integrar no texto todas aquelas que teñan espírito construtivo e acadar así o máximo consenso posible. Ademais, posteriormente, o texto será aprobado polo Consello da Xunta como proxecto de lei e remitido ao Parlamento de Galicia para continuar coa súa tramitación parlamentaria, onde poderá seguir enriquecéndose.

Entre as medidas recollidas no anteproxecto que afectan a estes colectivos, recóllense  varias iniciativas co obxectivo de impulsar a modernización e simplificación dos procedementos administrativos, en gran parte, a través da aposta polos sistemas electrónicos. Así, introdúcense as principais tendencias e vangardas normativas, con novas figuras adaptadas á realidade actual, á intelixencia artificial e ás novas tecnoloxías.

Ademais, incorpóranse fórmulas innovadoras de colaboración e cooperación entre concellos como as agrupacións de municipios para compartir persoal municipal, ata agora soamente previsto para funcionarios habilitados nacionais. A nova lei abre a posibilidade de compartir todo tipo de persoal de carácter técnico para a prestación dos servizos municipais en concellos pequenos e con menos recursos económicos (asistentes sociais, arquitectos, psicólogos...).

Como mecanismos de colaboración entre concellos tamén destaca o reforzo das mancomunidades de municipios e a posta en marcha doutra figura innovadora como son as áreas funcionais de carácter temporal. Esta última é unha fórmula flexible e temporal que permite a agrupación de municipios para facilitar a prestación de servizos conxuntos ou a realización de actuacións de interese común.

Por outra parte, o anteproxecto regula o persoal directivo público profesional local, que permite que os municipios de máis de 30.000 habitantes e as deputacións provinciais poidan contar con este persoal para o exercicio de funcións de especial responsabilidade e xestión.

Temas:Administración local
Colectivos:Entidades locales, Interventores/as, Secretarios/as, Empleados/as públicos/as
Organizaciones:Xunta de Galicia, Dirección Xeral de Administración Local (DXAL)
Ámbitos geográficos:Galicia
Valorar:
Compartir contenido