Ficha biblioteca

Evento Xornada sobre a problemática actual do emprego público nas entidades locais
Avisar de errores Imprimir ficha
Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contenido
Información general
Fecha modificación12/05/2026 FuenteBop de Ourense
Taxonomía
TemasAdministración local, Enseñanza y formación Tipo de contenidoEventos, Cursos ColectivosEmpleados/as públicos/as, Estudiantes OrganizacionesDiputación de Ourense Ámbitos geográficosOurense
Descripción Este curso ten por obxecto analizar, debater e proporcionar solucións á problemática actual á que se enfrontan as entidades locais na xestión e regulamentación do emprego público
Detalles contenido
LugarSalón de Actos do Centro Cultural Marcos Valcárcel Ourense OrganizadorDeputación de Ourense Fechas
DíaHora inicioHora fin
27/05/2026 9:00 14:00
Evento

Xornada sobre a problemática actual do emprego público nas entidades locais

1. Persoas destinatarias

  • * Persoal técnico e administrativo ao servizo das entidades locais da provincia, ou doutras administracións públicas.
  • * Cargos electos da Administración local con responsabilidades en materia de persoal e xestión de recursos humanos.
  • * Público en xeral interesado na materia obxecto de estudo.

2. Desenvolvemento

  • 2.1. Modalidade da acción formativa: presencial.
  • 2.2. Duración da xornada: 5 horas.
  • 2.3. Data de realización: 27 de maio do 2026.
  • 2.4. Horario da xornada: de 09:00 a 14:00 horas.
  • 2.5. Prazas da xornada: 120 participantes.
  • 2.6. Lugar de realización: Salón de Actos do Centro Cultural Marcos Valcárcel (Progreso, 30, 2º, Ourense).

3. Obxectivos

  • * Analizar, debater e proporcionar solucións á problemática actual á que se enfrontan as entidades locais na xestión e regulamentación do emprego público.
  • * Estudar o impacto da estabilización dos/as empregados/as públicos/as no eido local, examinando as consecuencias dos procesos de estabilización de emprego e os mecanismos de funcionarización na Administración local logo da Lei 20/2021.
  • * Avaliar a colaboración administrativa mediante o estudo de sinerxías e fórmulas de traballo conxunto entre os diferentes niveis das administracións públicas.
  • * Definir e clasificar os aspectos críticos na regulación e control da xestión do tempo de traballo, analizando a normativa e a obriga do rexistro horario do persoal ou a implantación dos protocolos da xornada laboral na Administración local.
  • * Contribuír a clarificar e resolver as dúbidas sobre os mecanismos de control e determinación do tempo de traballo nas Entidades Locais.
  • * Instruír os/as participantes sobre a implementación efectiva de canles de denuncias, plans de igualdade e protocolos obrigatorios dentro das Entidades Locais, para así fomentar o cumprimento normativo (Compliance laboral).
  • * Establecer pautas para a elaboración de protocolos de prevención contra o acoso laboral e dos procedementos de instrución no caso de denuncias por acoso.
  • * Revisar a doutrina xudicial máis relevante dos anos 2025 e 2026 en materias crave como son o abuso da temporalidade e indemnizacións, as incompatibilidades e excedencias, os riscos laborais, as ofertas públicas de emprego e as retribucións.

4. Programa

4.1. Presentación da Xornada.

4.2. Relatorio I: A selección do persoal fixo e temporal tras a Lei 20/201 de medidas urxentes para a temporalidade no emprego público.

4.2.1. Emprego temporal.

  • 4.2.2. Consecuencias da estabilización e procesos de funcionarización.
  • 4.2.3. Colaboración entre administracións.

4.3. Relatorio II: A xornada de traballo e o rexistro horario.

  • 4.3.1. Protocolos da xornada de traballo.
  • 4.3.2. Determinación do tempo de traballo: gardas presenciais, gardas de localización, desprazamento...

4.4. Relatorio III: Cumprimento normativo nas Entidades Locais.

  • 4.4.1. Canle de denuncias.
  • 4.4.2. Protocolos de prevención fronte ao acoso e instrución nos casos de denuncias.
  • 4.4.3. Plans de Igualdade e outros protocolos obrigatorios.

4.5. Relatorio IV: Xurisdición fundamental en emprego público no período 2025-2026.

  • 4.5.1. Incompatibilidades
  • 4.5.2. Excedencias.
  • 4.5.3. Xornada de traballo.
  • 4.5.4. Abuso da temporalidade.
  • 4.5.5. Indemnizacións.
  • 4.5.6. Riscos laborais.
  • 4.5.7. Oferta pública de emprego.
  • 4.5.8. Retribucións.

5. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación das solicitudes para participar nesta acción formativa rematará o luns 25 de maio de 2026.

Temas:Administración local, Enseñanza y formación
Colectivos:Empleados/as públicos/as, Estudiantes
Organizaciones:Diputación de Ourense
Ámbitos geográficos:Ourense
Valorar:
Compartir contenido