Ficha biblioteca

Noticia A Xunta publica unha segunda convocatoria 2026-2027 dos obradoiros duais para acadar un cento de proxectos e 2.000 persoas desempregadas beneficiadas
Avisar de errores Imprimir ficha
Contenido nuevo Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contenido
Información general
Fecha modificación26/05/2026 FuenteXunta de Galicia
Taxonomía
TemasAdministración local, Empleo, Enseñanza y formación Tipo de contenidoNoticias, Ayudas y subvenciones ColectivosCiudadanos/as, Desempleados/as, Entidades locales OrganizacionesXunta de Galicia Ámbitos geográficosGalicia
Descripción O DOG publica hoxe a segunda orde deste ano dirixida a concellos por 8,2 M€, coa que se prevén 16 accións de 9 meses de duración para máis de 320 persoas, tras resolverse a primeira con 82 achegas concedidas en beneficio dunhas 1.700 persoas
Detalles contenido
A Xunta publica unha segunda convocatoria 2026-2027 dos obradoiros duais para acadar un cento de proxectos e 2.000 persoas desempregadas beneficiadas O DOG publica hoxe a segunda orde deste ano dirixida a concellos por 8,2 M€, coa que se prevén 16 accións de 9 meses de duración para máis de 320 persoas, tras resolverse a primeira con 82 achegas concedidas en beneficio dunhas 1.700 persoas
26/05/2026|Xunta de Galicia
  • Con prazo de solicitude aberto desde mañá ata o 26 de xuño, búscase garantir o máximo impacto destes programas que combinan formación, traballo efectivo e incentivos á inserción, posibilitando chegar a máis entidades locais  
  • Na liña das novidades da primeira convocatoria, 3,3 M€ serán para obradoiros que impartan certificados profesionais relativos á prevención e extinción de incendios forestais, incluída a recuperación de soutos e xestión de frondosas autóctonas
  • Como evolución destes obradoiros, a Xunta impulsou un novo piloto de formación e emprego a través da colaboración público-privada que arranca con senllos convenios coa Mancomunidade de Montes de Vigo e coa Fundación Laboral da Construción

 

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe  unha segunda convocatoria 2026-2027 da orde de axudas destinada á posta en marcha de obradoiros duais, programas que combinan formación teórica e eminentemente práctica con traballo efectivo en beneficio das respectivas contornas e incentivos para a posterior inserción laboral, confirmándose o aumento dos dirixidos ás empresas e a incorporación dos concibidos para os propios concellos. Tras a primeira publicada o pasado mes de novembro —que se resolveu con 83 achegas concedidas para desenvolver outras tantas accións nas que participarán unhas 1.700 persoas desempregadas—, esta nova orde está dotada con 8,2 M€ coa previsión de realizar outros 16 obradoiros para máis de 320 persoas, tamén de nove meses de duración. En total, un cento de proxectos e arredor de 2.000 persoas beneficiarias.

O obxectivo é garantir o máximo impacto das políticas activas de emprego, posibilitando que as entidades locais que non se beneficiaron da primeira convocatoria poidan facelo da segunda, co consecuente aumento da cobertura e da cohesión social e territorial. 

Desta ampliación, e na liña das novidades introducidas na primeira orde, destinaranse 3,3 M€ a obradoiros que impartan certificados profesionais da familia profesional agraria e da de seguridade e medio ambiente relacionadas coa prevención e extinción de incendios forestais. Incluiranse nesta reserva os programas que teñan como obxecto a recuperación dos soutos de castiñeiros e os de xestión de masas consolidadas de frondosas autóctonas. Estes programas completaranse con outros orientados a cubrir necesidades clave de man de obra en cada municipio, como poden ser a construción ou a atención sociosanitaria.

Detalles da convocatoria

O prazo de solicitude prolongarase desde mañá ata o próximo 26 de xuño. Os proxectos de obradoiros duais de emprego poden ser promovidos polos concellos, mancomunidades de municipios ou entidades públicas dependentes ou vinculadas a estas entidades. Trátase de programas públicos de emprego-formación que teñen por finalidade mellorar a ocupabilidade das persoas desempregadas mediante a realización de obras ou a prestación de servizos de interese xeral e social que lles posibiliten a realización dun traballo efectivo que, xunto coa formación profesional para o emprego recibida, relacionada directamente co dito traballo, procure a súa cualificación profesional e favoreza á súa inserción no mercado de traballo.

Cada proxecto terá un mínimo de 10 e un máximo de 20 participantes, cunha duración de nove meses. A selección do alumnado priorizará as persoas con especiais dificultades de inserción laboral, como mulleres, vítimas de violencia de xénero, emigrantes retornados, persoas desempregadas de longa duración, maiores de 52 anos ou persoas sen titulación superior, así como persoas con discapacidade ou beneficiarias da renda básica de inserción. 

Igual que na primeira convocatoria, primarase a formación en certificados profesionais da familia agraria e de seguridade e medio ambiente ou que inclúa obras ou servizos vinculados ao ámbito da prevención de lumes e restauración dos territorios afectados por incendios forestais en 2025, ademais dos promovidos por concellos resultantes de fusión.

Canto aos incentivos, volverán ser de 3.000 euros por persoa contratada nas empresas e manteñen unha compensación de 1.500 euros aos concellos por cada alumno ou alumna contratada tras finalizar o obradoiro. A Xunta asume tanto o financiamento da formación como os custos salariais derivados dos contratos do alumnado traballador. 

Novo piloto de colaboración público-privada

Como evolución dos obradoiros, a Xunta impulsou un novo modelo piloto de formación e emprego que aposta pola colaboración público-privada para axustar a formación de xeito específico ao territorio no que se vai actuar ou ao sector ao que se busca dar resposta, con propostas non formais deseñadas ad hoc para obter a máxima eficacia. O primeiro convenio asinouse coa Mancomunidade de Montes de Vigo para desenvolver un programa orientado á prevención e recuperación de terreos afectados polos incendios nos montes periurbanos vigueses e o segundo foi autorizado onte polo Consello da Xunta para levar a cabo da man da Fundación Laboral da Construción actuacións de mellora de espazos e dotacións públicas de interese comunitario.

Ligazón á orde no DOG:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260526/AnuncioG0767-130526-0003_gl.html

Temas:Administración local, Empleo, Enseñanza y formación
Colectivos:Ciudadanos/as, Desempleados/as, Entidades locales
Organizaciones:Xunta de Galicia
Ámbitos geográficos:Galicia
Valorar:
Compartir contenido