Ficha biblioteca

Noticia A Xunta valora o cambio de tendencia demográfica de Galicia ao rexistrar a cifra máis alta nos últimos once anos, con 2,73 millóns de habitantes
Avisar de errores Imprimir ficha
Contenido nuevo Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contenido
Información general
Fecha modificación28/05/2026 FuenteXunta de Galicia
Taxonomía
TemasAdministración pública Tipo de contenidoNoticias, Estadísticas ColectivosCiudadanos/as, Entidades locales, Otras administraciones OrganizacionesXunta de Galicia Ámbitos geográficosGalicia
Descripción A comunidade mellora de xeito notable as proxeccións do INE e do IGE, que prognosticaban para a actualidade algo máis de 2,57 millóns de persoas
Detalles contenido
A Xunta valora o cambio de tendencia demográfica de Galicia ao rexistrar a cifra máis alta nos últimos once anos, con 2,73 millóns de habitantes A comunidade mellora de xeito notable as proxeccións do INE e do IGE, que prognosticaban para a actualidade algo máis de 2,57 millóns de persoas
28/05/2026|Xunta de Galicia
  • Galicia atrae poboación tanto do estranxeiro como doutras rexións de España, incluídas algunhas ás que no pasado emigraba a sociedade galega
  • A esperanza de vida dos galegos supera por primeira vez a barreira dos 84 anos, motivada polos avances sanitarios e no ámbito dos servizos sociais
 

A Xunta valora o cambio de tendencia demográfica que está a consolidar Galicia. A comunidade gaña poboación con forza e de xeito constante en todas as provincias ata acadar os 2,73 millóns de habitantes, a cifra máis elevada dos últimos once anos. Así o indicou esta mañá o director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, que compareceu na Comisión 5ª de Sanidade, Política Social e Emprego do Parlamento de Galicia.

Jacobo Rey debullou os datos recentemente publicados polo Instituto Nacional de Estatística (INE), que rexistran un crecemento de poboación de preto de 14.000 persoas nos últimos doce meses, de máis de 24.500 persoas nos dous últimos anos e de 31.600 persoas en comparación con 2023.

As cifras confirman que Galicia pasou dun descenso de residentes na década pasada a un incremento nesta e supón, ademais, unha mellora moi importante respecto ás proxeccións de poboación que fixeran no pasado tanto o INE como o Instituto Galego de Estatística (IGE). Estas prognosticaban hai dez anos que a comunidade tería na actualidade algo máis de 2,57 millóns de habitantes, mentres que a realidade é que supera os 2,73 millóns.

Saldo migratorio e esperanza de vida

Detrás deste incremento de poboación, destacou o director xeral, están o saldo migratorio positivo, neste momento en cotas históricas, e a esperanza de vida, que supera por primeira vez a barreira dos 84 anos.

Galicia atrae poboación tanto do estranxeiro como doutras comunidades autónomas, incluídas algunhas ás que no pasado emigraba a sociedade galega, como Madrid, Cataluña ou País Vasco.

En canto á esperanza de vida, no que vai de século creceu en case cinco anos. Un incremento, resaltou Jacobo Rey na súa intervención, motivado polos avances nos eidos sanitario e dos servizos sociais. Nestes, rematou, destacan algunhas das medidas postas en marcha pola Xunta de Galicia para as familias galegas, como a gratuidade das escolas infantís de 0 a 3 anos, a Tarxeta Benvida, o apoio fiscal ás familias con máis de dous fillos e a especial protección ás familias numerosas, ás monoparentais ou ás acolledoras.

 

Temas:Administración pública
Colectivos:Ciudadanos/as, Entidades locales, Otras administraciones
Organizaciones:Xunta de Galicia
Ámbitos geográficos:Galicia
Valorar:
Compartir contenido