Ficha biblioteca

Noticia A EGAP convoca 57 actividades de formación continua para o persoal ao servizo da Administración xeral de Galicia, das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico e da Administración institucional
Avisar de errores Imprimir ficha
Contenido nuevo Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contenido
Información general
Fecha modificación04/06/2026 FuenteDOG
Taxonomía
TemasAdministración pública, Enseñanza y formación Tipo de contenidoEventos, Cursos ColectivosEmpleados/as públicos/as OrganizacionesXunta de Galicia, Organizaciones e Instituciones Ámbitos geográficosGalicia
Descripción Publicada no DOG de hoxe a Resolución do 26 de maio de 2026 pola que se convocan as actividades de formación continua para o persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico e da Administración institucional
Detalles contenido
A EGAP convoca 57 actividades de formación continua para o persoal ao servizo da Administración xeral de Galicia, das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico e da Administración institucional Publicada no DOG de hoxe a Resolución do 26 de maio de 2026 pola que se convocan as actividades de formación continua para o persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico e da Administración institucional
04/06/2026|DOG

Resolución do 26 de maio de 2026 pola que se convocan as actividades de formación continua para o persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico e da Administración institucional

Requisitos dos/das participantes

  • 1. Poderá participar nas accións formativas convocadas nesta resolución o persoal empregado público destinado na Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, nas entidades públicas instrumentais enunciadas na letra a) do artigo 45 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia e na Administración institucional, que se encontre en situación de servizo activo (incluído o persoal que teña concedido un permiso por motivos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral) e que reúna os requisitos establecidos nesta convocatoria e para cada un dos casos no anexo II.

Exceptúase o persoal docente da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; o persoal das escalas dos corpos da policía de Galicia e bombeiros, e o persoal do Servizo Galego de Saúde. Non se entende por tal o persoal empregado público da escala de saúde pública e Administración sanitaria creada pola Lei 17/1989, do 23 de outubro, de creación de escalas de persoal sanitario ao servizo da Comunidade Autónoma de Galicia.

  • 2. Sen prexuízo do anterior, poderán ofertarse actividades formativas ao persoal empregado público pertencente a outras administracións, entidades, organismos e institucións públicas da Comunidade Autónoma, cando así se estableza no epígrafe «persoal destinatario» da actividade formativa.

Desenvolvemento das actividades de formación

Os cursos realizaranse cos requirimentos, a duración e as condicións que para cada un deles se indiquen na convocatoria. A información relativa ao desenvolvemento das actividades, así como as súas posibles modificacións, será actualizada e ampliada na páxina web

Solicitudes

1. O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata o 11 de xuño de 2026.

As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo desde as 9.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 14.00 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

2. O número máximo de cursos que se poden solicitar durante o prazo de presentación de solicitudes limítase a catro.

Denominación

Réxime xurídico e actividade financeira das administracións públicas

  1. A actividade de fomento das administracións públicas: contratos administrativos, convenios de colaboración e ordes de subvencións 
  2. A ética na Administración pública: principios básicos 
  3. A Lei da ciencia, a tecnoloxía e a innovación 
  4. Aplicación práctica da normativa de emprego público na Comunidade Autónoma de Galicia 
  5. Aplicacións prácticas da Lei de subvencións de Galicia e o seu regulamento 
  6. Execución de resolucións xudiciais: particularidades en procesos selectivos e contratación pública 
  7. Integridade institucional e plans antifraude 
  8. Patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia. Análise da Lei 6/2023 e a súa aplicación 
  9. Redacción de textos normativos: directrices e criterios
  10. Xestión de listas de contratación temporal. Novo sistema de citacións electrónicas 
  11. O procedemento de contratación. Problemáticas actuais e doutrina vixente dos tribunais de contratación pública

Unión Europea, políticas públicas e procedementos comunitarios

  1. Competencia e dereito da Unión Europea: a defensa da competencia nos procesos de contratación pública 
  2. A Axenda 2030 para o desenvolvemento sustentable e a súa implementación nas administracións públicas 
  3. Introdución aos fondos europeos

Administración electrónica, protección de datos e calidade administrativa

  1. Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais (LibreOffice Base) 
  2. Ferramentas de análise de datos 
  3. Sistema de información contable e de tesouraría (Xumco2). Usuario avanzado

Plan formativo ofimático de Galicia

  1. Aplicacións informáticas de tratamento de textos (Word 365)

Presidencia da Xunta de Galicia, secretarías xerais

  1. A web do IGE: presentación da información dispoñible e das formas de acceso. Introdución ao software libre R.
  2. Introdución a Python

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, prevención de riscos laborais

  1. Prevención de riscos laborais: primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación
  2. Prevención de riscos laborais: primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación
  3. Prevención de riscos laborais: primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación
  4. Prevención de riscos laborais: primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

  1. O cambio climático: impactos, riscos, adaptación e mitigación
  2. Funcionamento dos novos módulos e melloras da plataforma GaIA
  3. Avanzado de Sistemas de información xeográfica (SIX): ArcGIS PRO

Consellería de Facenda e Administración Pública

  1. Certificación dos fondos FSE+ nos sistemas de información
  2. Sistemas de control nas administracións públicas
  3. Visión xeral de tecnoloxías disruptivas orientado a persoal TIC
  4. Ferramentas para analítica de datos orientado a persoal TIC
  5. Tramitación de indemnizacións por asistencia a tribunais de procesos selectivos (TAIS)

Consellería de Economía e Industria

  1. Tramitación de instalacións de autoconsumo, almacenamento stand alone e hibridacións
  2. Introdución aos mercados de carbono
  3. Estatística avanzada co software libre R
  4. Programación básica de Python

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

  1. Xestión do tempo dirixido ao persoal do Issga e PRL

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

  1. Da estatística á avaliación nas bibliotecas
  2. Manexo de aplicacións para a comunicación gráfica coa mocidade

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

  1. Seguridade e protección de datos no ámbito educativo
  2. Promoción e mellora da convivencia e do benestar nos centros educativos
  3. Os problemas de comportamento no ámbito educativo
  4. Diversidade funcional e sistemas alternativos e aumentativos de comunicación (SAAC)

Consellería do Mar

  1. Formación en inspección pesqueira
  2. Introdución á oceanografía física de Galicia

Consellería do Medio Rural

  1. QGIS básico aplicado a procesos de reestruturación parcelaria
  2. Coñecemento e manexo práctico da plataforma Xeaga
  3. Xestión de alertas sanitarias. Enfermidades emerxentes
  4. Aplicacións informáticas para a xestión das axudas da solicitude única da PAC

Consellería de Política Social e Igualdade. Política Social

  1. Atención temperá desde a escola infantil: observación e acompañamento
  2. Prevención da soidade en persoas maiores.

Consellería de Sanidade

  1. Operacións e controis na industria láctea
  2. Resolución de conflitos na inspección de saúde pública

Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

  1. A xestión do solo residencial no marco dos PIAS
  2. Construción industrializada
  3. Formación no emprego de Arcxis Pro avanzado para persoal técnico urbanístico
  4. Normas técnicas de planeamento urbanístico de Galicia no ámbito da Administración pública

 

Temas:Administración pública, Enseñanza y formación
Colectivos:Empleados/as públicos/as
Organizaciones:Xunta de Galicia, Organizaciones e Instituciones
Ámbitos geográficos:Galicia
Valorar:
Compartir contenido