Requisitos dos/das participantes
1. Poderá participar nas actividades formativas convocadas nesta resolución o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional de Galicia enunciadas na letra a) do artigo 45 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia e das entidades locais de Galicia, así como o persoal técnico, de xestión e de administración e servizos (PTXAS) das universidades do SUG, que se encontre en situación de servizo activo (incluído o persoal que teña concedido un permiso por motivos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral) e que reúna os requisitos establecidos nesta convocatoria e para cada un dos casos no anexo II.
2. Está exceptuado o persoal docente da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; o persoal das escalas dos corpos da policía de Galicia, policía local e bombeiros, e o persoal do Servizo Galego de Saúde, non entendendo por tal os/as empregados/as públicos/as da escala de saúde pública e Administración sanitaria creada pola Lei 17/1989, do 23 de outubro, de creación de escalas de persoal sanitario ao servizo da Comunidade Autónoma de Galicia.
3. Sen prexuízo do anterior, poderánselle ofertar actividades formativas ao persoal empregado público pertencente a outras entidades, organismos e institucións públicas, cando así se estableza na epígrafe «persoal destinatario» da actividade formativa.
Desenvolvemento das actividades de formación
As actividades formativas realizaranse cos requirimentos, coa duración e coas condicións que para cada unha delas se indiquen na convocatoria. A información relativa ao desenvolvemento das actividades, así como ás súas posibles modificacións, será actualizada e ampliada na páxina web
Solicitudes e prazos
1. O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata o día 12 de xuño de 2026.
2. As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo desde as 9.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes ata as 14.00 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.
3. O número máximo de actividades formativas que se poden solicitar limítase a tres.
ANEXO II
| Código | Denominación | Horas | Prazas | Modalidade |
| Réxime xurídico e actividade financeira das administracións públicas |
| IE26022 | A xestión das subvencións públicas en Galicia | 40 | 40 | Teleformación + telepresenza |
| IE26023 | Cláusulas sociais na contratación pública | 15 | 40 | Telepresenza |
| IE26024 | Fiscalidade do patrimonio familiar | 30 | 50 | Teleformación |
| IE26025 | Aplicación práctica do imposto sobre a renda das persoas físicas | 25 | 50 | Teleformación |
| IE26026 | Imposto sobre o valor engadido | 25 | 50 | Teleformación |
| IE26027 | Integridade e prevención na contratación pública | 24 | 50 | Teleformación |
| IE26028 | Introdución á auditoría pública | 30 | 40 | Teleformación + telepresenza |
| IE26029 | Nocións básicas dos procedementos da Lei xeral tributaria | 30 | 50 | Teleformación |
| IE26030 | O imposto sobre sucesións e doazóns: figuras específicas | 50 | 50 | Teleformación |
| IE26031 | O imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados: figuras específicas | 50 | 50 | Teleformación |
| IE26032 | Práctica de infraccións e sancións tributarias | 30 | 50 | Teleformación |
| IE26033 | Tributos propios e tributos cedidos | 25 | 50 | Teleformación |
| IE26036 | Intelixencia artificial aplicada aos procedementos tributarios | 30 | 50 | Teleformación |
| Administración electrónica, protección de datos e calidade administrativa |
| IE26034 | Sistema de información tributaria (Xeito) e expediente tributario electrónico | 30 | 30 | Telepresenza |
| IE26035 | Notificacións no sistema de información tributaria Xeito | 20 | 30 | Teleformación + telepresenza |