Ficha biblioteca

Noticia O nodo CIBER.gal reúne mañá en Ourense a especialistas para analizar a ciberseguridade empresarial
Avisar de errores Imprimir ficha
Contenido nuevo Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contenido
Información general
Fecha modificación08/06/2026 FuenteXunta de Galicia
Taxonomía
TemasAdministración dixital, Seguridad TIC, Enseñanza y formación Tipo de contenidoEventos, Noticias ColectivosEmpleados/as públicos/as OrganizacionesXunta de Galicia, Modernización e Innovación Tecnolóxica (Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia), Universidades Ámbitos geográficosGalicia, Ourense
Descripción A xornada, coorganizada pola Amtega e o Colexio Profesional de Enxeñaría Informática de Galicia (CPEIG), abordará as capacidades da rede de laboratorios e centros demostradores en ciberseguridade
Detalles contenido
O nodo CIBER.gal reúne mañá en Ourense a especialistas para analizar a ciberseguridade empresarial A xornada, coorganizada pola Amtega e o Colexio Profesional de Enxeñaría Informática de Galicia (CPEIG), abordará as capacidades da rede de laboratorios e centros demostradores en ciberseguridade
08/06/2026|Xunta de Galicia
  • Trátase dunha actividade previa á VI edición do encontro anual que celebrará a entidade en novembro

 

O Nodo Galego de Ciberseguridade, CIBER.gal, impulsado pola Xunta, celebra o vindeiro 9 de xuño, no Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole), a xornada Ciberseguridade aplicada: Protexendo ás empresas galegas nun mundo dixital, dirixida a empresas, profesionais e estudantado do eido tecnolóxico.

O encontro, coorganizado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), abordará os avances da rede galega de laboratorios e centros demostradores en ciberseguridade, así como o seu impacto na protección do tecido empresarial.

Relatorios e capacidades da rede RETECH

Tras a apertura institucional a cargo do conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, a primeira intervención abordará o desenvolvemento do Proxecto RETECH en ciberseguridade, da man de Gustavo Herva (Amtega) e Raúl Amarelle (INCIBE), á que seguirán cinco relatorios sobre as capacidades dos laboratorios galegos e os seus principais casos de uso.

Debate e visión práctica

A xornada contará, tamén, cun debate aberto sobre os laboratorios e centros demostradores, no que participarán María Rodríguez (Telefónica), José Cascallana (InprOTech), Carlos Pérez (CTAG), Juan González (Gradiant), Héctor Haab (ITG) e Ana Fernández (Universidade de Vigo).

Ademais, expertos do ámbito empresarial, académico e das forzas de seguridade analizarán como previr e responder ante ameazas dixitais nun panel sobre estratexias reais de ciberseguridade.

Como peche, Alba Meijide (Telefónica) ofrecerá un relatorio sobre como a intelixencia artificial está redefinindo a ciberseguridade e as claves para manterse á vangarda.

A xornada incluirá tamén un espazo de networking entre asistentes. As persoas interesadas en asistir ao encontro poden inscribirse a través da web de https://ciberseguridadegalicia.gal/

Temas:Administración dixital, Seguridad TIC, Enseñanza y formación
Colectivos:Empleados/as públicos/as
Organizaciones:Xunta de Galicia, Modernización e Innovación Tecnolóxica (Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia), Universidades
Ámbitos geográficos:Galicia, Ourense
Valorar:
Compartir contenido