Ficha biblioteca

Noticia A Xunta destina máis de 10M€ a renovar e manter a Infraestrutura Dixital que conecta todos os seus servidores e dispositivos tecnolóxicos e de comunicacións
Avisar de errores Imprimir ficha
Contenido nuevo Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contenido
Información general
Fecha modificación09/06/2026 FuenteXunta de Galicia
Taxonomía
TemasAdministración dixital Tipo de contenidoNoticias ColectivosCiudadanos/as, Entidades locales, Empleados/as públicos/as OrganizacionesXunta de Galicia, Modernización e Innovación Tecnolóxica (Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia) Ámbitos geográficosGalicia
Descripción O Consello aprobou un acordo marco para contratar material que permita adaptar os cables ao incremento no uso das tecnoloxías dixitais e dos dispositivos conectados nos 3.000 centros corporativos
Detalles contenido
A Xunta destina máis de 10M€ a renovar e manter a Infraestrutura Dixital que conecta todos os seus servidores e dispositivos tecnolóxicos e de comunicacións O Consello aprobou un acordo marco para contratar material que permita adaptar os cables ao incremento no uso das tecnoloxías dixitais e dos dispositivos conectados nos 3.000 centros corporativos
09/06/2026|Xunta de Galicia
  • — Os cables estruturados son o soporte físico da rede multiservizo da Xunta que integra voz, datos e vídeo e garanten o funcionamento de todos os servizos dixitais que presta a Administración autonómica
  • — A este acordo marco poderán adherirse entidades locais, universidades e o conxunto do sector público galego

 O Consello da Xunta aprobou hoxe un acordo marco para contratar o material necesario para configurar e manter a infraestrutura dixital que conecta todos os seus servidores e dispositivos tecnolóxicos e de comunicacións, cun investimento de ata 10.452.000 euros.

Esta actuación permitirá dar resposta ás necesidades de arredor dos 3.000 centros corporativos da Administración autonómica, en que o incremento do uso das tecnoloxías dixitais e do número de dispositivos conectados exixe unha infraestrutura de comunicacións robusta, moderna e adaptable ás novas necesidades.

A Xunta dispón dunha rede multiservizo que integra voz, datos e vídeo, e sustenta o funcionamento dos servizos de administración dixital. Os cables estruturados é o soporte físico que permite o funcionamento das comunicacións e o intercambio de información.

O acordo marco facilitará a selección de provedores, a fixación de prezos e o establecemento das condicións que rexerán os contratos derivados para a subministración do material, permitindo así unha xestión máis áxil, eficiente e homoxénea das necesidades de infraestrutura tecnolóxica.

Ademais, este instrumento de contratación estará aberto á adhesión de entidades locais, universidades e do resto de entes, organismos e entidades do sector público. No anterior acordo marco tramitáronse 34 contratos derivados por parte de 10 entidades entre departamentos e organismos da Xunta, e outros entes e administracións públicas en preto de 2.500 centros, cun investimento total de máis de 7 millóns de euros.

Acordos marco para avanzar na transformación dixital

Desde 2021, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) convocou máis de 47 acordos marco cun importe acumulado de máis de 450 millóns de euros, en ámbitos como infraestruturas, plataformas tecnolóxicas, equipamentos ou ciberseguridade.

Trátase dun instrumento de contratación pública que permite establecer previamente as condicións —como prezos, provedores e características dos servizos ou subministracións— para que a Administración poida realizar posteriormente contratos concretos de forma máis áxil.

Dos 47 acordos marco licitados por Amtega, 29 posibilitaban a adhesión a todos os departamentos da Administración xeral da Comunidade Autónoma ás entidades do sector público autonómico, así como ás entidades locais, ás universidades e aos restantes entes, organismos e entidades do sector público.

Esta fórmula facilita ás restantes administracións acceder a uns servizos tecnolóxicos moi cualificados sen necesidade de tramitar complexos procesos de licitación, para o cal moitas veces non contan cos medios necesarios.

Temas:Administración dixital
Colectivos:Ciudadanos/as, Entidades locales, Empleados/as públicos/as
Organizaciones:Xunta de Galicia, Modernización e Innovación Tecnolóxica (Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia)
Ámbitos geográficos:Galicia
Valorar:
Compartir contenido