Ficha biblioteca

Noticia A Xunta investirá máis de 10 M€ en 23 obradoiros duais de emprego nos que se formarán 460 participantes de 57 concellos e catro mancomunidades da provincia de Ourense
Avisar de errores Imprimir ficha
Contenido nuevo Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contenido
Información general
Fecha modificación12/06/2026 FuenteXunta de Galicia
Taxonomía
TemasAdministración local, Economía, empresa y empleo Tipo de contenidoNoticias, Ayudas y subvenciones, Concesiones ColectivosCiudadanos/as, Desempleados/as, Entidades locales OrganizacionesXunta de Galicia Ámbitos geográficosGalicia, Ourense
Descripción Manuel Pardo salientou a importancia destas medidas, pois a maiores de formar a persoas con especiais dificultades de inserción laboral que desenvolven un traballo efectivo de interese público, poden obter un certificado de profesionalidade e, unha vez completen a formación, adquiren ferramentas para reforzar habilidades e competencias que respondan ás demandas do mercado laboral e permitan obter un emprego de calidade
Detalles contenido
A Xunta investirá máis de 10 M€ en 23 obradoiros duais de emprego nos que se formarán 460 participantes de 57 concellos e catro mancomunidades da provincia de Ourense Manuel Pardo salientou a importancia destas medidas, pois a maiores de formar a persoas con especiais dificultades de inserción laboral que desenvolven un traballo efectivo de interese público, poden obter un certificado de profesionalidade e, unha vez completen a formación, adquiren ferramentas para reforzar habilidades e competencias que respondan ás demandas do mercado laboral e permitan obter un emprego de calidade
12/06/2026|Xunta de Galicia
  • O representante do Goberno galego tamén confirmou a concesión á Mancomunidade de Concellos do Ribeiro do obradoiro de emprego ‘Ribeiro Ecosostible’, a piques de principiar e no que participarán 20 persoas repartidas nos módulos de ‘Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes’ e  ‘Operacións auxiliares de albanelería de fábricas e cubertas’

A Xunta destina 10.597.196 euros á posta en marcha de 23 obradoiros duais de emprego que beneficiarán 460 alumnos/as - traballadores/as de 57 concellos e 4 mancomunidades (74 concellos en total) da provincia de Ourense. Así o anunciou esta mañá o delegado territorial da Xunta, Manuel Pardo, na súa visita á Mancomunidade de Concellos do Ribeiro, onde tamén confirmou a concesión á devandita entidade do obradoiro de emprego ‘Ribeiro Ecosostible’, a piques de principiar.

O delegado territorial destacou que Ourense é unha das provincias máis favorecidas da concesión dos novos obradoiros duais de emprego polo Goberno galego, da primeira convocatoria 2026-2027. Neste eido, recentemente publicouse unha segunda convocatoria no Diario Oficial de Galicia da que o prazo de solicitude está aberto ata o 26 de xuño. En total, con ambas, o Goberno galego prevé beneficiar un cento de proxectos e arredor de 2.000 persoas.

Manuel Pardo sinalou que os obradoiros duais son programas mixtos de emprego e formación que teñen por finalidade ocupar a persoas desempregadas mediante a realización de obras ou prestación de servizos de interese xeral e social que posibiliten ao alumnado a realización dun traballo efectivo que incida na súa cualificación e favoreza unha posterior inserción laboral.

Así mesmo, salientou Manuel Pardo a importancia destas medidas, pois a maiores de formar a persoas con especiais dificultades de inserción laboral que desenvolven un traballo de interese público remunerado, poden obter un certificado de profesionalidade e, unha vez completen a formación -resaltou o representante do Goberno galego- adquiren ferramentas para reforzar habilidades e competencias que respondan ás demandas do mercado laboral e permitan obter un emprego de calidade.

Ademais, o delegado territorial engadiu que esta formación impulsa tamén o emprendemento, xa que os beneficiarios reciben formación específica que lles permitirá iniciar os seus propios proxectos; o obxectivo é incrementar as oportunidades laborais dos galegos e galegas, e recalcou que a formación que se imparte nos concellos está adaptada aos perfís máis demandados das empresas da contorna polo que algúns alumnos atopan emprego mesmo antes de finalizar a súa formación.

Formalidades e ámbitos prioritarios

O delegado territorial sinalou que estes obradoiros duais poden ser promovidos polos concellos, mancomunidades de municipios ou entidades públicas dependentes. Prevese a posibilidade de solicitar incentivos á contratación e axudas que promovan a inserción laboral por conta allea das persoas participantes que rematen o obradoiro con resultado de superado, durante un mínimo de 3 meses a xornada completa en empresas para ocupacións do ámbito das materias impartidas e no ámbito territorial de Galicia.

Ambas convocatorias reservan crédito para obradoiros que impartan certificados profesionais da familia profesional agraria e da de seguridade e medio ambiente relacionadas coa prevención e extinción de incendios forestais. Inclúense nesta reserva os programas que teñan como obxecto a recuperación dos soutos de castiñeiros e os de xestión de masas consolidadas de frondosas autóctonas. Estes programas complétanse con outros orientados a cubrir necesidades clave de man de obra en cada municipio, como poden ser a construción ou a atención sociosanitaria.

Concellos e Mancomunidades beneficiados

As catro mancomunidades adxudicatarias no marco da primeira convocatoria foron a Mancomunidade intermunicipal voluntaria Terra de Celanova, Mancomunidade voluntaria de municipios da comarca de Ourense, Mancomunidade de municipios da comarca de Verín e Mancomunidade intermunicipal da comarca do Ribeiro.

Os  57 concellos beneficiarios son  os de A Bola, A Gudiña, A Merca, A Peroxa, A Rúa, A Teixeira, A Veiga, Amoeiro, Avión, Baltar, Beariz, Boborás, Calvos de Randín, Carballeda de Avia, Carballeda de Valdeorras, Castrelo de Miño, Castrelo do Val, Castro Caldelas, Celanova, Coles, Cualedro, Gomesende, Larouco, Laza, Leiro, Manzaneda, Maside, Melón, Montederramo, Monterrei, O Barco de Valdeorras, O Bolo, O Carballiño, O Irixo, Oímbra, Os Blancos, Padrenda, Petín, Piñor, Porqueira, Punxín, Quintela de Leirado, Rairiz de Veiga, Ribadavia, Riós, Rubiá, San Amaro, San Cristovo de Cea, San Xoán de Río, Sarreaus, Trasmiras, Verea, Viana do Bolo, Vilamarín, Vilamartín, Vilardevós e Vilariño de Conso.

Hai que ter en conta que dentro das mancomunidades hai concellos que están entre os beneficiados doutros obradoiros duais.

O obradoiro de emprego ‘Ribeiro Ecosostible’

Este obradoiro, no que a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración vai investir 472.552 euros,  formará a 20 alumnos - traballadores  nos módulos de  ‘Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes’ e  ‘Operacións auxiliares de albanelería de fábricas e cubertas’; 10 alumnos/as - traballadores/as por módulo. Así mesmo, os alumnos – traballadores percibirán cursos de formación transversal e complementaria relacionada con produción forestal, labores de poda, informática, busca de emprego, igualdade e prevención de riscos laborais.

Actuacións previstas

No concello da Arnoia, as actuacións principais proxectadas irán encamiñadas a traballos de silvicultura e acondicionamento de sendeiros en masas forestais no monte dos Chaos e ao acondicionamento de beirarrúas e humanización de espazos públicos no concello da Arnoia.

No concello de Beade, traballarase na restauración do territorio afectado polo incendio no verán de 2025 e na humanización da praza da Picota.

No concello de Cenlle levarase a cabo a humanización do entorno da Igrexa de San Benito de Cuñas e acondicionarase o lavadoiro de Pazos Ermos.

No concello de Leiro, procederase ao acondicionamento da planta alta para vivenda social e rampla na antiga escola de Paredes e desenvolveranse traballos de conservación nos camiños de Trasouteiro - As Regueiras; Vilaverde-Paredes; Amidonda e Serantes-Valboa.

 

 

Temas:Administración local, Economía, empresa y empleo
Colectivos:Ciudadanos/as, Desempleados/as, Entidades locales
Organizaciones:Xunta de Galicia
Ámbitos geográficos:Galicia, Ourense
Valorar:
Compartir contenido