Ficha biblioteca

Noticia A Xunta resolve as axudas a concellos, entidades sociais e Anpas para o fomento da conciliación e a corresponsabilidade
Avisar de errores Imprimir ficha
Contenido nuevo Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contenido
Información general
Fecha modificación18/06/2026 FuenteXunta de Galicia
Taxonomía
TemasAdministración local Tipo de contenidoNoticias, Ayudas y subvenciones, Concesiones ColectivosAsociaciones y ONGs, Entidades locales OrganizacionesXunta de Galicia Ámbitos geográficosGalicia
Descripción O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica o listado de beneficiarios da última convocatoria do Plan Corresponsables, dotada de 7,4 millóns de euros
Detalles contenido
A Xunta resolve as axudas a concellos, entidades sociais e Anpas para o fomento da conciliación e a corresponsabilidade O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica o listado de beneficiarios da última convocatoria do Plan Corresponsables, dotada de 7,4 millóns de euros
18/06/2026|Xunta de Galicia
  • Con estes fondos fináncianse coidados a domicilio e en dependencias públicas, servizos de madrugadores ou campamentos, entre outras actividades

 

Diario Oficial de Galicia (DOG) de hoxe recolle o listado de concellos, entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro e Asociacións de Nais e Pais (Anpas) beneficiarias da última convocatoria de axudas do Plan Corresponsables. En total, a Xunta concede 7,4 millóns de euros para o desenvolvemento de programas que favorezan a conciliación e a corresponsabilidade familiar en fogares con menores de ata 16 anos.

Este orzamento distribúese en tres programas: 6,5 millóns de euros para as iniciativas que leven a cabo os concellos, 600.000 euros para as que impulsen as ANPAS e 300.000 euros para as que realicen as entidades sociais. A través do Plan Corresponsables, a Xunta financia coidados profesionais a domicilio e en dependencias públicas, como colexios, bibliotecas ou centros socioculturais. Tamén apoia actividades de campamentos, servizos de madrugadores, obradoiros lúdicos  formativos ou xornadas de carácter divulgativo e cultural, entre outras.

Desde o ano pasado, o Plan Corresponsables conta con menos financiamento por parte do Goberno central, que fixo un recorte de preto de 50 millóns de euros e que supuxo para Galicia recibir 2,3 millóns de euros menos. Ademais, para paliar este recorte e a metade de exercicio, obrigou ás Comunidades Autónomas a financiar con fondos propios o 25% do Plan.

Temas:Administración local
Colectivos:Asociaciones y ONGs, Entidades locales
Organizaciones:Xunta de Galicia
Ámbitos geográficos:Galicia
Valorar:
Compartir contenido