Ficha biblioteca

Noticia Convocatoria dos cursos de linguaxe administrativa galega de nivel medio e superior , e cursos preparatorios para a consecución dos certificados de lingua galega (Celga)
Avisar de errores Imprimir ficha
Contenido nuevo Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contenido
Información general
Fecha modificación23/06/2026 FuenteDOG
Taxonomía
TemasAdministración local, Lengua y literatura gallega, Enseñanza y formación, Lengua gallega Tipo de contenidoNoticias, Cursos ColectivosCiudadanos/as, Empleados/as públicos/as OrganizacionesXunta de Galicia, Cultura, Educación e Ordenación Universitaria Ámbitos geográficosGalicia
Descripción Publicada no DOG de hoxe a convocatoria con carácter gratuíto, dos cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para a obtención dos certificados de lingua galega, Celga, que se realizarán en varias escolas oficiais de idiomas de Galicia no curso académico 2026/27
Detalles contenido
Convocatoria dos cursos de linguaxe administrativa galega de nivel medio e superior , e cursos preparatorios para a consecución dos certificados de lingua galega (Celga) Publicada no DOG de hoxe a convocatoria con carácter gratuíto, dos cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para a obtención dos certificados de lingua galega, Celga, que se realizarán en varias escolas oficiais de idiomas de Galicia no curso académico 2026/27
23/06/2026|DOG

Resolución DOG do 12 de xuño de 2026, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se convocan, con carácter gratuíto, cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para a obtención dos certificados de lingua galega, Celga, que se realizarán en varias escolas oficiais de idiomas de Galicia no curso académico 2026/27.

Obxecto

Convocar, con carácter gratuíto, cursos de linguaxe administrativa galega de nivel medio e superior en liña, e cursos preparatorios para a consecución dos certificados de lingua galega (Celga), para o curso 2026/27, nas escolas oficiais de idiomas de Galicia que se indican nos anexos I e II, respectivamente.

Cursos que se ofertan

  • 1. Os cursos de linguaxe administrativa galega ofertados nas distintas escolas oficiais de idiomas de Galicia figuran no anexo I desta resolución. Os cursos do primeiro cuadrimestre impartiranse entre setembro e decembro; os do segundo cuadrimestre, entre xaneiro e abril.
  • 2. A oferta dos cursos preparatorios para os certificados de lingua galega, Celga, figura no anexo II desta resolución. Os cursos do primeiro cuadrimestre impartiranse entre setembro e decembro; os do segundo cuadrimestre, entre xaneiro e maio.
  • 3. A oferta de cursos recollida nos anexos I e II desta resolución poderá ser modificada en función da organización académica de cada escola, e, de ser o caso, as escolas oficiais de idiomas farán pública a nova oferta con anterioridade suficiente ao inicio dos cursos.

Solicitudes e prazos de inscrición

1. As persoas que desexen participar nos cursos convocados nesta resolución deberán cubrir o formulario de inscrición telemática no enderezo www.eoidigital.com/preinslinguagalega. O proceso de inscrición non se considerará correctamente completado ata que as persoas seleccionadas presenten toda a documentación requirida, como se especifica no punto quinto desta resolución.

2. O prazo para a presentación das solicitudes será o seguinte:

  • Desde o 29 de xuño ata o 10 de xullo de 2026, para os cursos do primeiro cuadrimestre.
  • Desde o do 2 ao 13 de novembro de 2026, para os cursos do segundo cuadrimestre.
  • Serán excluídas automaticamente aquelas solicitudes que sexan presentadas fóra de prazo.

Presentación da documentación

1. Unha vez rematado o proceso de asignación de prazas, o alumnado seleccionado deberá entrar de novo na aplicación para presentar a documentación que se especifica nos puntos sétimo (para os cursos de LAG) e décimo segundo (para os cursos de preparación á obtención dos Celga) desta resolución.

2. O prazo para a presentación desta documentación será o seguinte:

  • – Do 14 ata o 23 de xullo de 2026, para os cursos do primeiro cuadrimestre.
  • – Do 17 ata o 26 de novembro de 2026, para os cursos do segundo cuadrimestre.

3. A documentación presentarase de forma telemática dende o enderezo www.eoidigital.com/preinslinguagalega. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. As escolas poderanlle solicitar ao alumnado a presentación dos documentos orixinais para o cotexo da copia electrónica presentada.

4. A falta de presentación destes documentos no prazo establecido dará lugar á exclusión da persoa solicitante previamente seleccionada e a escola disporá da súa praza para ser ocupada pola persoa correspondente da listaxe de espera.

Relación de cursos de linguaxe administrativa en liña ofertados

 

Temas:Administración local, Lengua y literatura gallega, Enseñanza y formación, Lengua gallega
Colectivos:Ciudadanos/as, Empleados/as públicos/as
Organizaciones:Xunta de Galicia, Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
Ámbitos geográficos:Galicia
Valorar:
Compartir contenido