Ficha biblioteca

Noticia A Xunta destaca a aposta pola capacitación dixital para reducir fendas e contribuír a unha sociedade máis preparada para afrontar os retos dixitais
Avisar de errores Imprimir ficha
Contenido nuevo Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contenido
Información general
Fecha modificación09/07/2026 FuenteXunta de Galicia
Taxonomía
TemasAdministración dixital Tipo de contenidoNoticias ColectivosCiudadanos/as, Entidades locales, Empleados/as públicos/as OrganizacionesXunta de Galicia, Modernización e Innovación Tecnolóxica (Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia) Ámbitos geográficosGalicia
Descripción O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, destacou hoxe a aposta da Xunta pola capacitación dixital para reducir fendas e contribuír a unha sociedade máis preparada para afrontar os retos neste eido.
Detalles contenido
A Xunta destaca a aposta pola capacitación dixital para reducir fendas e contribuír a unha sociedade máis preparada para afrontar os retos dixitais O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, destacou hoxe a aposta da Xunta pola capacitación dixital para reducir fendas e contribuír a unha sociedade máis preparada para afrontar os retos neste eido.
09/07/2026|Xunta de Galicia

Durante unha visita á Aula CeMIT de Ribeira, Corgos subliñou que a modernización tecnolóxica debe ir sempre acompañada de capacitación, “para que as persoas poidan utilizala con confianza, seguridade e responsabilidade”.

Sobre este punto, subliñou que esa aposta pola capacitación dixital da cidadanía e o traballo desenvolvido, empeza a dar os seus froitos. Así, na actualidade, o 37,6 % da poboación galega de entre 16 e 74 anos conta xa con competencias dixitais avanzadas, o que supón que máis dun terzo da cidadanía acadou o nivel máis alto neste eido.

Corgos recordou tamén que a porcentaxe de galegos con este nivel de coñecementos e habilidade creceu máis dun 4 % no último ano, situándose Galicia por riba da media europea en varios ámbitos da capacitación dixital como a comunicación, información, resolución de problemas e seguridade.

Logo de resaltar que no 2025, a Administración galega emitiu máis de 42.400 certificados de capacitación dixital, o conselleiro de Facenda destacou o éxito de iniciativas como a que se está a impartir nesta aula de Ribeira: Finanzas para todos. Un curso que, impulsado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e en colaboración co Banco de España, aborda cuestións moi prácticas como a saúde financeira persoal, o impacto da inflación, o uso de contas e medios de pago, as hipotecas, o diñeiro en efectivo e as ferramentas do Banco de España e a protección fronte aos riscos dixitais.

Miguel Corgos concluíu agradecendo a colaboración do Banco de España e a implicación do persoal encargado da formación, “porque unha cidadanía máis formada, dixo, é tamén unha cidadanía máis libre, máis segura e mellor preparada”.

Temas:Administración dixital
Colectivos:Ciudadanos/as, Entidades locales, Empleados/as públicos/as
Organizaciones:Xunta de Galicia, Modernización e Innovación Tecnolóxica (Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia)
Ámbitos geográficos:Galicia
Valorar:
Compartir contenido