Ficha biblioteca

Noticia A Xunta pon en valor a cooperación dos concellos na xestión da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
Avisar de errores Imprimir ficha
Contenido nuevo Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contenido
Información general
Fecha modificación10/07/2026 FuenteXunta de Galicia
Taxonomía
TemasAdministración local, Turismo, Medio ambiente, Territorio Tipo de contenidoNoticias ColectivosCiudadanos/as, Entidades locales, Otras administraciones OrganizacionesXunta de Galicia Ámbitos geográficosA Coruña
Descripción Marisol Díaz salienta os 21 proxectos identificados na Bolsa de proxectos da Reserva e a unión dos 17 concellos integrados constitúen unha fórmula única coa que “o territorio e Galicia gañan”
Detalles contenido
A Xunta pon en valor a cooperación dos concellos na xestión da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo Marisol Díaz salienta os 21 proxectos identificados na Bolsa de proxectos da Reserva e a unión dos 17 concellos integrados constitúen unha fórmula única coa que “o territorio e Galicia gañan”
10/07/2026|Xunta de Galicia

A directora xeral de Patrimonio Natural, Marisol Díaz, puxo en valor a cooperación dos 17 concellos que integran a Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo no marco da estratexia conxunta “Proxecta paisaxe nas Mariñas Coruñesas”, que se presentou na sede desta Reserva de Biosfera coruñesa.

Segundo dixo Marisol Díaz, coa unión destes 17 concellos coruñeses “o territorio e Galicia gañan,” e boa mostra disto son os 21 proxectos xa identificados na Bolsa de Proxectos da Reserva constituída no ano 2023, e que na fase actual se pretende actualizar coa definición dun proxecto por cada concello.

Nesta liña, na xornada que tivo lugar hoxe abordáronse diversos aspectos para cumprimentar e seguir avanzando nesta estratexia conxunta, ademais de charlas divulgativas de formación en materia medioambiental e de biodiversidade.

En concreto, tratáronse cuestións relacionadas coa posta en valor da visión técnica sobre biodiversidade, servizos ecosistémicos e oportunidades para impulsar actuacións ambientais de maior valor territorial. A maiores, presentáronse as experiencias da estratexia conxunta e da Bolsa de Proxectos e tamén se recolleron as propostas municipais para configurar un primeiro mapa de oportunidades ambientais e paisaxísticas da Reserva de Biosfera.

Marisol Díaz lembrou que a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático ten a misión de “protexer a natureza, conservar e recuperar o patrimonio natural”, ademais de concienciar aos veciños e visitantes da importancia de coidar o medio ambiente porque “protexer significa convivir”.

Así, para concluír, salientou tamén que ano tras ano a Xunta destina preto de 2 millóns de euros para as Reservas de Biosfera, o que supón un “esforzo orzamentario e de xestión” para preservar a biodiversidade, potenciar os servizos ecosistémicos, conservar os hábitats, paisaxes e elementos patrimoniais tradicionais.

Temas:Administración local, Turismo, Medio ambiente, Territorio
Colectivos:Ciudadanos/as, Entidades locales, Otras administraciones
Organizaciones:Xunta de Galicia
Ámbitos geográficos:A Coruña
Valorar:
Compartir contenido