Ficha biblioteca

Noticia A Xunta concede máis de 3 millóns de euros do Fondo de Compensación Ambiental para proxectos municipais en 2026
Avisar de errores Imprimir ficha
Contenido nuevo Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contenido
Información general
Fecha modificación14/07/2026 FuenteDOG
Taxonomía
TemasAdministración local Tipo de contenidoNoticias, Ayudas y subvenciones, Concesiones ColectivosEntidades locales OrganizacionesXunta de Galicia, Dirección Xeral de Administración Local (DXAL) Ámbitos geográficosGalicia
Descripción A Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes da Xunta de Galicia publicou hoxe no DOG, a resolución definitiva do procedemento de subvencións en concorrencia competitiva do Fondo de Compensación Ambiental para o ano 2026
Detalles contenido
A Xunta concede máis de 3 millóns de euros do Fondo de Compensación Ambiental para proxectos municipais en 2026 A Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes da Xunta de Galicia publicou hoxe no DOG, a resolución definitiva do procedemento de subvencións en concorrencia competitiva do Fondo de Compensación Ambiental para o ano 2026
14/07/2026|DOG
En total, o Goberno autonómico comprometeu unha partida que ascende a 3.083.033,78 euros, destinada a financiar investimentos e custos de funcionamento dos servizos municipais orientados á protección ambiental e do espazo natural.
 
Deste orzamento global, a maior contía asignouse á partida de investimentos, que recibe un total de 2.764.986,15 euros, mentres que os gastos de funcionamento das entidades locais contarán cun respaldo de 318.047,63 euros.
 
As axudas beneficiarán directamente a 106 concellos únicos da comunidade a través dun total de 109 subvencións. O reparto desglósase en 93 axudas individuais outorgadas a municipios, mancomunidades e consorcios locais (liña PR483C) e 16 axudas adicionais asignadas a agrupacións de concellos que comparten proxectos (liña PR483D).
 
Por territorios, a provincia de Ourense lidera a asignación con 1.163.621,14 euros distribuídos en 43 proxectos. Séguelle Lugo con 725.262,52 euros (25 proxectos), A Coruña con 614.884,28 euros (23 proxectos) e Pontevedra con 579.265,84 euros (18 proxectos).
 
Entre as actuacións subvencionadas destacan proxectos de eficiencia enerxética no alumeado público, implantación de enerxías renovables, melloras nas redes de saneamento e abastecemento de auga, e a adquisición de vehículos con distintivo ambiental eco ou cero emisións para servizos municipais. Os beneficiarios teñen un prazo de dez días para aceptar a axuda e o 31 de outubro de 2026 como límite para xustificar a execución dos proxectos.
 

 

Temas:Administración local
Colectivos:Entidades locales
Organizaciones:Xunta de Galicia, Dirección Xeral de Administración Local (DXAL)
Ámbitos geográficos:Galicia
Valorar:
Compartir contenido