Curso Práctico de Contabilidade Pública Local: Gastos, Ingresos e Apertura Contable
1.- Persoas destinatarias.
- * Traballadores/as da Administración local, dos subgrupos A1, A2, C1 e C2 que realicen as súas tarefas profesionais nas áreas de intervención, tesourería e xestión tributaria das entidades locais.
- * Persoal técnico e administrativo, en xeral, das corporacións locais que realice no seu traballo tarefas de xestión contable, económica ou financeira.
2.- Desenvolvemento.
- 2.1.- Modalidade da acción formativa: telepresencial.
- 2.2.- Duración: 30 horas.
- 2.3.- Datas de realización: do 1 ao 23 de setembro de 2026.
- 2.4.- Días das sesións telepresenciais: 1-7-8-9-10-14-15-16-17-23 de setembro de 2026.
- 2.5.- Horario das sesións telepresenciais: de 17:00 a 20:00 horas.
- 2.6.- Prazas: 20 participantes.
- 2.7.- Número de edicións: unha.
3.- Obxectivos.
- * Introducir aos participantes, a nivel teórico e práctico, nos aspectos prácticos da contabilidade pública local para que coñezan a estrutura e funcionamento do sistema contable local.
- * Explicar as cuestións específicas da contabilidade pública local que ás veces representan dificultades aos xestores contables e ao persoal que se encarga da xestión económico-financeira e contable das entidades locais.
- * Amosar os procedementos a seguir nas operacións contables diarias, especialmente de gastos e ingresos, dunha entidade local, nas operacións non orzamentarias e na contabilización dos ingresos orzamentarios.
- * Aplicar correctamente os procedementos contables asociados á execución do gasto para identificar e rexistrar as distintas fases do gasto orzamentario.
- * Abordar dun xeito práctico a contabilización adecuada dos ingresos, segundo a súa natureza e o momento de recoñecemento.
4.- Programa.
4.1. Introdución á contabilidade pública local.
4.1.1. Principios da contabilidade pública.
4.1.2. Marco normativo aplicable ás entidades locais.
4.1.3. Obxectivos e funcións da contabilidade pública local.
4.2. Estrutura do sistema contable local.
4.2.1. Organización da contabilidade nas entidades locais.
4.2.2. Plan de contas e cadro de contas.
4.2.3. Relación entre contabilidade orzamentaria e financeira.
4.3. Contabilidade dos gastos.
4.3.1. O gasto público local: concepto e clasificación.
4.3.2. Fases da execución do gasto.
4.3.3. Rexistro contable das operacións de gasto.
4.3.4. Gastos plurianuais.
4.3.5. Operacións pendentes de aplicar ao orzamento.
4.4. Provisións e amortizacións.
4.4.1. O ingreso público local: concepto e clasificación.
4.4.2. Fases de execución do ingreso.
4.4.3. Recoñecemento dos dereitos de cobramento.
4.4.4. Anulación, cancelación e devolución de ingresos.
4.5. Modificacións orzamentarias e as súa incidencia contable.
4.5.1. Tipos de modificacións orzamentarias.
4.5.2. Tratamento contable das modificacións orzamentarias.
4.6. Apertura contable do exercicio.
4.6.1. Operacións de apertura contable.
4.6.2. Incorporación de remanentes de crédito.
4.6.3. Apertura do orzamento e carga inicial de datos.
5.- Prazo de presentación de solicitudes.
O prazo de presentación das solicitudes para participar nesta acción formativa rematará o venres 21 de agosto de 2026.
Temas:Administración local, Enseñanza y formación
Colectivos:Entidades locales, Empleados/as públicos/as
Organizaciones:Diputación de Ourense
Ámbitos geográficos:Galicia