Ficha biblioteca

Noticia A Xunta destina 11 millóns de euros para impulsar a inserción laboral a través dos programas integrados de emprego
Avisar de errores Imprimir ficha
Contenido nuevo Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contenido
Información general
Fecha modificación24/07/2026 FuenteDOG
Taxonomía
TemasAdministración pública, Administración local Tipo de contenidoNoticias, Ayudas y subvenciones ColectivosEntidades locales OrganizacionesXunta de Galicia Ámbitos geográficosGalicia
Descripción O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a orde da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración pola que se regulan e convocan as subvencións para os programas integrados de emprego de Galicia para o período 2026/2027.
Detalles contenido
A Xunta destina 11 millóns de euros para impulsar a inserción laboral a través dos programas integrados de emprego O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a orde da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración pola que se regulan e convocan as subvencións para os programas integrados de emprego de Galicia para o período 2026/2027.
24/07/2026|DOG
  • A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración publica no DOG as bases destas axudas de 12 meses de duración, que reservan 5 millóns para mulleres, maiores de 52 anos e colectivos en risco de exclusión 

 

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a orde da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración pola que se regulan e convocan as subvencións para os programas integrados de emprego de Galicia para o período 2026/2027. Cun orzamento total de 11.000.000 euros, esta iniciativa plurianual ten como obxectivo prioritario mellorar a ocupabilidade e conseguir unha inserción laboral mínima do 35 % das persoas desempregadas participantes.
 
As axudas, que contan cun financiamento máximo de 230.000 euros por programa (138.000 euros no caso dos plans específicos de exclusión social), están dirixidas tanto a concellos e agrupacións locais como a entidades sen ánimo de lucro.
O prazo para presentar as solicitudes será de un mes a contar desde o día seguinte ao desta publicación.
 
Reservas de crédito para colectivos prioritarios
 
A convocatoria estrutúrase en catro tipos de programas e introduce importantes reservas orzamentarias co gallo de favorecer a equidade no mercado de traballo. En concreto, destínanse 2 millóns de euros en exclusiva para plans integrados de mulleres desempregadas e outros 2 millóns de euros para maiores de 52 anos. Así mesmo, resérvase 1 millón de euros para entidades inscritas no Rexistro único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS) que desenvolvan accións para persoas en situación ou risco de exclusión social. 
 
Os programas xerais acollerán a outros colectivos con especiais dificultades como persoas con discapacidade, menores de 30 anos, migrantes, desempregados de longa duración ou afectados por expedientes de regulación de emprego (ERE) extintivos. Como norma xeral, cada plan deberá atender a 100 persoas (60 no caso dos programas de exclusión social)
Accións obrigatorias e plans formativos encamiñados ao mercado actual
As entidades beneficiarias deberán deseñar un itinerario integral de 12 meses que inclúa, de forma obrigatoria, orientación laboral, técnicas de coaching e motivación, obradoiros de entrevista, prospección empresarial e un mínimo de 15 alumnos en prácticas profesionais non laborais en empresas.
A formación terá un peso fundamental cun mínimo de 200 horas en especialidades do Catálogo do SEPE, sumado a un módulo obrigatorio de formación transversal en igualdade de xénero e conciliación. Co obxectivo de aliñar a cualificación coas demandas reais do tecido produtivo, os criterios de valoración primarán os plans formativos vinculados aos sectores industriais estratéxicos de Galicia (como a automoción, téxtil, naval, TIC, agroalimentación ou loxística) e a familias profesionais con alta inserción laboral. Ademais, as persoas desempregadas recibirán unha bolsa de 10 euros por día de asistencia ás accións do programa. 
Incentivos á fusión municipal e novidades tecnolóxicas
O baremo de concesión tamén apoia a eficiencia na xestión pública. Os concellos que fosen resultado dun proceso de fusión municipal nos últimos dez anos recibirán de xeito directo 30 puntos, mentres que as solicitudes conxuntas de agrupacións ou mancomunidades sumarán 10 puntos co obxectivo de incentivar a colaboración local. Aqueles municipios adheridos á rede de "Concello emprendedor" contarán con 20 puntos adicionais.
Como novidade orientada á modernización administrativa, a orde valorará con ata 2 puntos a implantación interna de tecnoloxías emerxentes para a xestión e o seguimento do propio programa, tales como ferramentas de Intelixencia Artificial (IA), a análise de Big Data, robótica ou o uso de tecnoloxía 3D
 
 
Temas:Administración pública, Administración local
Colectivos:Entidades locales
Organizaciones:Xunta de Galicia
Ámbitos geográficos:Galicia
Valorar:
Compartir contenido